slide1 n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
LITERATURA PowerPoint Presentation
play fullscreen
1 / 17
Download Presentation

LITERATURA - PowerPoint PPT Presentation

dani
141 Views
Download Presentation

LITERATURA

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. LITERATURA A arte da palabra

  2. Literatura popular Non ten autor coñecido Transmítese oralmente (por iso hai variacións ente os textos) A linguaxe é sinxela. Abundan as repeticións (porque así era máis fácil de recordar) Ten unha finalidade concretaensinar, divertir, entreter, ridiculizar… Moitas veces vai acompañada de música. Literatura culta Normalmente ten escritor coñecido. É escrita A linguaxe é máis difícil. Utilízanse recursos estilísticos máis variados DIFERENZAS ENTRE LITERATURA POPULAR E LITERATURA CULTA

  3. LITERATURA POPULAR LITERATURA CULTA XÉNEROS LITERARIOS NARRATIVA: novela, relato NARRATIVA: contos (de costumes, de animais, marabillosos) lendas, mitos. POESÍA POÉTICA TEATRO: traxedia, comedia, drama + adiviñas, refráns, cantos de berce, xogos...

  4. Narracións tradicionais • Conto popular: narración breve e enxeñosa coa finalidade de entreter e ás veces contén ensinanza moral. • Sinxeleza, brevidade e linguaxe próxima á fala común. - Expresións fixas: Hai moito tempo…, Unha vez era… • Tipos: • A) De costumes: sociedade tradicional cos seus oficios, crenzas… • B) Marabillosos: elementos e personaxes fantásticos (trasnos, fadas, tesouros, feitizos) • C) De animais: falan e compórtanse como humanos (fábulas).

  5. Lenda:narranfeitos extraordinarios que se contan coma se realmente ocorresen. Adoitan ter unha base real (lugar concreto, personaxe real ou feito histórico)- Finalidade: explicar acontecementos e fenómenos que non se comprenden. • Tipos: - Haxiográficas: feito relacionado coa Virxe ou cos santos. - Etiolóxicas: explican a orixe ou nome dun lugar. - Históricas: aluden a un suceso histórico que máis tarde foi reinterpretado. - De mouros e tesouros: aparece ese pobo imaxinario (os mouros) que habita en castros, covas ou montañas.

  6. Mito:xorde nos pobos da Antigüidade coa finalidade de responder as preguntas que o ser humano se fai sobre o mundo e a súa existencia. • Personaxes: adoitan ser deuses, reis, seres fabulosos ou heroes. • Accións: sitúanse en épocas remotas. • Exemplo: o mito de Prometeo, Dafne e Apolo.

  7. CONTO Era unha vez un corvo que se achegou a unha ventá na que había un queixo pousado. Como tiña fame, colleuno e marchou con el. Polo camiño viu unha árbore moi xeitosa e decidiu parar alí e comer o seu queixo. Nese intre chegou un raposo e díxolle: —Que plumaxe máis bonita tes! Canta, a ver como cantas!O corvo, ó recibir tantas loubanzas do raposo, púxose a cantar. Non se deu conta do que ía facer, e por ser tan orgulloso caeulle o queixo e o astuto do raposo marchoulle con el.Ensinanza: Desconfía do que te gabe, porque a gabanza sempre foi unha perdición.

  8. LENDA A Pedra Alta é un menhir, tamén é coñecido como Antela, e é a que dá nome á lagoa de Antela. Era o marco divisorio de tres concellos da provincia de Ourense: Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreaus, que forman parte do Val de Antela ou A LimiaA virxe ía voando de camiño a Cortegada dende o monte Poedo levando a pedra na cabeza e ó chegar onde está hoxe, caeulle quedando chantada no chan. Outros din que era unha moura que ía fiando á vez que levaba a pedra na cabeza.

  9. MITO • "Cando Deus rematou de facer o mundo o último que fixo, e o que mellor lle saíu, foi Galicia. Estaba canso, e pousou o cu no mesmo cume do monte Santa Tegra, pero non asentou ben e para non caer e quedar en ridículo, apoiou a man. Co seu peso quedaron marcados os dedos e o mar entrou por aquelas marcas terra adentro. Os cinco dedos formaron as cinco Rías Baixas: a de Vigo, a de Pontevedra, a de Arousa, a de Muros e Noia, e a de Corcubión e Cee. Ah, pero cando Deus ergueu a man lixada de lama, sacudiuna, e así, segundo os montóns que foron caer no mar fosen grandes ou pequenos naceron as illas Cíes, as Sisargas, Ons e Oncela, Sálvora, Arousa e as outras illas galegas".

  10. REFRÁNS E DITOS • Non hai sardiña sen espiña. • Canto máis se agacha un, máis se lle ve o cu. • Dime de que te gabas e direiche o que che falta. • O que non agradece, ó demo se parece. • Se non che agrada, fai que non ouves nada. • Se te roe un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañá, pois logo te enterrarán.

  11. TODO TIPO DE TEMAS De amor, esquecemento e outros sentimentos: Manuel con Manuel Manuel con Manuela A vida de namorados Non che hai vida como ela Mozas e mozos Os zapatos piden medias As medias piden zapatos As rapaciñas bonitas Piden rapaciños guapos A vida familiare o paso do tempo Estreliña do luceiro e mais a da claridá foise o día, foise a noite foise a miña mocedá A murmuración Murmuramurmuradora murmurar sempre é ruín eu sempre fun murmurada de quen é menos que min

  12. De terras e lugares VexoVigo, vexo Cangas Tamén vexo Redondela Vexo a Ponte de San Paio Camiño da miña terra. Os compañeiros da natureza A rula vaisequeixando que lle roubaron o niño quen cho mandou facer rula tanto á beira do camiño A devoción e as crenzas Veño da Virxe da Barca Da Virxe da Barca veño veño de abala-la pedra de ablala-la pedra veño Sentenzas e consellos O que garda sempre ten e o gardar sempre foi bo velaí vai vai casar o neto leva o traxe do avó

  13. CANTOS DE BERCE Non te troco, meu meniño, non te troco, meu amor, nin pola prata da lúa, nin polo ouro do sol.

  14. NARRATIVA • Obras en prosa nas que un narrador conta feitos reais ou ficticios protagonizados por uns personaxes, nun espazo en un tempo concreto.

  15. A TRAXEDIA: obra dramática na que os personaxes que interveñen acaban enfrontados e cun desenlace fatal

  16. COMEDIA Peza teatral con ton optimista, cun final feliz e elementos de humor ou de ironía.

  17. DRAMASíntese de comedia e traxedia (elementos cómicos)