slide1 n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios PowerPoint Presentation
Download Presentation
Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 20

Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios - PowerPoint PPT Presentation


  • 130 Views
  • Uploaded on

Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios. Usos da Biblioteca. A biblioteca ten tres usos fundamentais:. Consulta: obtención de información para a elaboración de traballos escolares. Ocio: a lectura como diversión e entretemento.

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

PowerPoint Slideshow about 'Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios' - allistair-bates


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript
usos da biblioteca
Usos da Biblioteca

A biblioteca ten tres usos fundamentais:

Consulta:obtención de información para a elaboración de traballos escolares.

Ocio:a lectura como diversión e entretemento.

Estudo:un lugar tranquilo onde poder repasar os temas ou rematar os deberes.

horario de apertura
Horario de apertura

PERO O PROFESORADO PODE TRAERVOS AQUÍ SEMPRE QUE QUEIRA

normas
Normas
  • Manter silencio ou falar susurrando.
  • Anotarse nas folliñas para usar os ordenadores.
  • Seguir as normas de uso dos ordenadores.
  • Apagar os ordenadores ao rematar.
  • Deixar as cadeiras no seu sitio ao marchar.

OU SEXA: O NORMAL PARA NON PREXUDICAR AOS TEUS COMPAÑEIROS E COLABORAR COS QUE VOS ATENDEMOS

pr stamos
Préstamos
  • Todo o alumnado e o profesorado é socio da biblioteca e ten un número de socio.
  • Solicitarase o préstamoao profesor ou profesora, quen o anotará no ordenador.
  • No momento da devolución o profesor ou profesora verificará o estado do material prestado.
m is sobre os pr stamos
Máis sobre os préstamos
  • Os libros préstanse por un período de 15 días. Este período poderase renovar unha soa vez.
  • Cada lector/a poderá ter en préstamo en cada momento un máximo de tres libros.
  • Os libros de consulta (enciclopedias, dicionarios e similares) poden consultarse na biblioteca, pero non se prestan.
ordenadores
Ordenadores

Os ordenadores da biblioteca están a disposición da comunidade educativa para a realización de traballos e a busca de datos en Internet etc., pero...

a orde dos libros
A orde dos libros

Os libros están ordenados por materias, hai rótulos dos temas colgando do teito e todos os andeis están rotulados, pero ademais de mirar os carteis dos andeis, deberías saber que...

- Os libros de case todas as bibliotecas están clasificados de acordo cun sistema que se chama CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL).

slide9

0: Obras xerais: enciclopedias, dicionarios...

1: Filosofía. Psicoloxía. Ética.

2: Relixións.

3: Ciencias Sociais: economía, dereito...

4: Libre, por agora.

5: Ciencias Exactas e Naturais: Matemáticas, Física, bioloxía...

6: Ciencias aplicadas: Medicina, Tecnoloxía...

7: Arte. Xogos. Música. Espectáculos. Deportes...

8: Lingua e Literatura. Lingüística

9: Xeografía. Biografías. Historia.

ESTES NÚMEROS (A CDU) ÚSANSE EN CASE TODAS AS BIBLIOTECAS DO MUNDO!

a orde dos libros seguimos
A orde dos libros(seguimos)

- O número da CDU aparece nos rótulos dos andeis e na ETIQUETA (chámase tejuelo en castelán) que hai no lombo do libro onde tamén hai outros datos para a ordenación dos libros.

isto unha etiqueta
Isto é unha etiqueta

Isto é unha etiqueta e o número da primeira fila corresponde áCDU (a materia).

slide12

Máis CDU

Cando nunha determinada materia hai libros de diferentes submaterias engádenselle máis cifras ao número da CDU.

Por exemplo, dentro do apartado 5 da CDU (Matemáticas e Ciencias Naturais) podemos atopar estes subapartados:

51: Matemáticas

53: Física

59: Zooloxía

Pero non é necesario que te aprendas de memoria estes números, porque HAI RÓTULOS POR TODAS PARTES e na biblioteca HAI TÁBOAS DA CDU e PLANOS.

seguimos coa orde dos libros
Seguimos coa orde dos libros

Dentro de cada apartado, os libros están colocados por orde alfabética de autores e, dentro de cada autor, por orde alfabética do título das obras...

E ESTES DATOS TAMÉN ESTÁN NA ETIQUETA

  • As TRES LETRAS MAIÚSCULAS que hai na fila do medio corresponden ás tres primeiras letras do APELIDOdo autor/a.
  • E as tres letras minúsculasda última fila son as tres primeiras letras do TÍTULOdo libro (sen artigos).
e agora algo especial
E AGORA, ALGO ESPECIAL

Neste instituto utilizamos un sistema “noso” para referirnos aos xéneros literarios e ás linguas (todos os centros educativos adaptan a CDU ás súas necesidades):

OS XÉNEROS LITERARIOSAS LINGUAS

Né Narrativa G é Galego

T é Teatro E é Español

P é Poesía I é Inglés

FR é Francés

L é Latín

GR é Grego

REPASA ESTA INFORMACIÓN, PARA DICIR DE QUE MATERIA SON OS LIBROS DA SEGUINTE DIAPOSITIVA

slide17

Estes libros son de…

NARRATIVA EN GALEGO, CLARO!

slide18

En resumo: para atopar un libro basta que mires…

E O MÁIS SINXELO: OS CARTEIS QUE HAI NO TEITO E NOS ANDEIS

A TÁBOA DA CDU

O PLANO DA BIBLIOTECA

E O PROFESORADO ENCARGADO ESTARÁ ENCANTADO DE AXUDARTE!

ESTÁ TODO

NA BIBLIOTECA

www biblioraices blogspot com

E podes saber en calquera lugar do mundo se un determinado libro está ou non na nosa biblioteca na nosa páxina no chamado Proxecto Meiga, do que formamos parte:

www.biblioraices.blogspot.com

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089

Pero como esta dirección é un lío, tes enlaces a esta páxina no Blog da biblioteca:

e na páxina web oficial do noso Centro, na sección da Biblioteca:

  • centros.edu.xunta.es/iesagraderaices