250 likes | 268 Views
Presentación para realizar a formación de usuarios no IES Monte das Moas
E N D
Formación de Usuarios 2018/2019 BIBLIOTECA DO IES MONTE DAS MOAS
Se cadra xa es un bo lector ou unha boa lectora pero... Sabes como buscar un libro na nosa biblioteca?
Pois ben… …seguimos a CDU (Clasificación Decimal Universal) que é un método que nos permite ter ordenados os nosos fondos por materia 4 (Baleiro)
Así que os nosos libros teñen todos una ETIQUETA no lombo que nos indica a que materia pertencen En GALEGO chamámoslle ETIQUETA
Pero… OLLO!!! O número “8” : Linguas e Literatura témolo simplificado e utilizamos letras para referirnos a…
E outras letras para outros idiomas… • Que será ….? Narrativa en Inglés Narrativa en Francés Narrativa en Italiano Gramática en Inglés Dicionario de Grego
OLLO tamén!!! • Se ves que os libros teñenmáis números… … é que o libro corresponde á unha determinada materia, e dentro desa materia a outra sección. Por exemplo: O número 3 corresponde á materia de CIENCIAS SOCIAIS pero o 33 indica que é un libro de ECONOMÍA.
Agora, para localizar o que buscas non tes máis que mirar este plano N 0 Xeneralidades Dicionarios c P Outras linguas Lingua e literatura 8 Arte. Música. Deportes T NG TG 9 7 PG Xeografía. Historia 1 Filosofía 2 Relixión Ciencias sociais 3 5 Ciencias 6 Ciencias aplicadas
Fíxate na parte de arriba dos andeis onde tes os números e a materia para localizar os libros que hai na biblioteca
Ben, xa sabemos onde están colocados os libros por materia (literatura, ciencias, historia, etc)pero agora... como busco un libro en concreto?
Pois mans á obra.Na BIBLIO PODES CONSULTAR A “SUPER CHULETA” para localizar onde están os libros que che interesan :
Por exemplo: Busco un libro de matemáticas que se chama: • Para poder atopalo necesitas saber … O nome d@ AUTOR@ DO LIBRO Se o sabes é moi fácil atopalo. Verás… O autor chámase SIMON SINGH Los Simpson y las matemáticas
Os números e as letras da etiqueta indícanche onde están colocados os libros nos andeis • Os libros están colocados por orde alfabética de AUTOR e de TÍTULO. Esta é a etiqueta deste libro MATERIA: Matemáticas (51) Narrativa en Castelán (N) 51 SIN sim AUTOR: Tres letras do apelido Narrativa en Castelán (N) TÍTULO: Tres letras do título (sen artigo) Narrativa en Castelán (N)
Pero, se non tes moi claro o que estás buscando terás que ver o catálogo da bibliotecaONDE ESTÁ? Podes atopalo na páxina web do noso centro No blog da bilioteca Á dereita
Ou no blog do club de lectura AQUÍ LECTURAS REBULDEIRAS
LECTURÓMETRO E cando veñas pedir un libro… … pide sempre o teu … Sérveche de carné da biblioteca e tamén pode ser un premio ao bo lector.
Unhas cantas normas.Non te esquezas de… • Devolver o libro no caixón de devolucións. • Falar baixo para non molestar á xente que está a traballar • Non comer nin beber na sala. • Colocar as cadeiras no seu sitio cando marches. • Pechar a porta cando entres ou marches.
E, para rematar...outras normas moi importantes • O período máximo de préstamo é de 15 días para os libros e tres para os DVDs. Transcorrido ese tempo, o material poderá ser renovado unha vez se é libro de lecturaobrigatoria e 2 vecesse non o é. • Pódensecoller ata TRES libros ou DVDs á vez • Os DVDsentregaránsedirectamente ao profesor de garda. • As revistas, os periódicos e os dicionarios só se poden consultar na sala. • Os ordenadores son basicamente ferramentas de traballo.
Recorda que temos unha pequena colección de DVDs que vai medrando pouco a pouco Podes mirar o que hai na propia sección Ou ben buscar as películas dende BIBLIOMOAS
E un expositor de novidades que cada pouco enchemos coas últimas compras da biblioteca • Pero tamén podes consultar as novidades en BIBLIOMOAS
E se queres que merquemos algo do teu gusto… Utiliza o BUZÓN DE SUXESTIÓNS que está ao carón das enciclopedias
A biblioteca non é só unha sala para estudar nos recreos… Ao longo do curso realizaremos un montón de actividades como: Exposicións Clubs de lectura Concursos Información, xogos, animación á lectura…
Pero se aínda tes dúbidas … • Podes consultar a nosa GUÍA DE USO no blog. • Ou ben mandar un correo a esta dirección: bibliomontemoas@gmail.com Esteremos encantados de atenderte!!!
Espero verte pronto pola biblio Biblioteca do IES Monte das Moas