1 / 55

os peixes

os peixes. Co nome de peixes coñécense tres clases de vertebrados (animais co esqueleto interno articulado) acuáticos co corpo hidrodinámico, a pel lisa ou cuberta de escamas, aletas, respiración branquial e reprodución ovípara. AGNATOS.

vlora
Download Presentation

os peixes

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. os peixes

  2. Co nome de peixes coñécense tres clases de vertebrados (animais co esqueleto interno articulado) acuáticos co corpo hidrodinámico, a pel lisa ou cuberta de escamas, aletas, respiración branquial e reprodución ovípara.

  3. AGNATOS Peixes primitivos sen mandíbulas, nin opérculo e co esqueleto febroso ou de cartílaxe.

  4. Lamprea (Petromyzon marinus). Un dos peixes máis primitivos. Non ten escamas, nen mandíbulas, nen aletas laterais. A boca é unha ventosa con ganchos que lle permite fixarse ás presas para poder zugarlles o sangue. Nace nos ríos, vive no mar, e volve aos ríos para desovar antes de morrer.

  5. CONDRICTIOS Peixes con mandíbulas, sen opérculo (con fendas branquiais), co esqueleto cartilaxinoso, sen vexiga natatoria. Fecundación interna. fendas branquiais órganos copuladores

  6. As raias son peixes de corpo aplanado que viven nos fondos e teñen as aletas pectorais moi grandes. Nas costas galegas pódense atopar ata 11 especies diferentes de raias. macho de raia

  7. Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 m de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude. cápsula do ovo

  8. Embrudo, ouxa (Myliobatis aquila). A femia pare as crías desenvolvidas (ovovivípara). Ortuga, estruga (Torpedo marmorata). Produce pequenas descargas eléctricas.

  9. Can do mar (Scyliorhinus canicula). Pequeno tiburón que pode acadar os 70 cm de lonxitude. Vive preto da costa. cápsula do ovo

  10. Tiburóns: peixes condríctios de corpo fusiforme, en xeral voraces depredadores. Coñécense 368 especies de diversas formas e tamaños. O máis grande é o tiburón balea que pode acadar os 18 m de lonxitude.

  11. OSTEICTIOS Peixes con mandíbulas, opérculo e esqueleto óseo. Fecundación externa. É o grupo de vertebrados con maior diversidade de especies. En Galicia coñécense 265 especies de litoral.

  12. variacions nas formas

  13. Peixe escorpión tropical

  14. Os peixes colle auga pola boca e diríxena ás bránquias para extraerlles o osíxeno. Despois expulsan a auga polo o pérculo.

  15. Reprodúcense por ovos, con fecundación externa. Algúns poden ser hemafroditas. ovos e alevíns de troita

  16. Sardiña (Sardina pilchardus). Vive nas augas costeiras na primavera e no verán e no inverno ascende ata os 15 m de profundidade. É un dos peixes que máis se pescan nas nosas costas. As pequenas chámanse xoubas.

  17. Boga (Boops boops) Piarda, pión (Atherina presbiter). Salmón (Salmo salar). Bocareu, anchoa (Engraulis encrasioucolus). Robaliza, robalo, lubina (Dicentrarchus labrax).

  18. Xurel, caneu, chincho (Trachurus trachurus). Pode acadar os 50 cm de lonxitude. Forma grandes mandas. Vive en mar aberto e aproxímase á costa no verán.

  19. Xarda, rincha (Scomber scombrus). Cabala, xarda pintada (Scomber japonicus).

  20. Bacallao (Gadus morhua).

  21. Badexo, corobelo (Pollachius pollachius)

  22. Pescada (Merluccius merluccius).

  23. Peixe porco (Balistes carolinensis). Vive en augas litorais, preferentemente en fondos rochosos de 10 a 100 m de profundidade.

  24. Atún (Thunnus albacares ) Bonito (Tunnus alalunga).

  25. Agulla (Belone belone). Bolos, lubións Veladores (Ammodytes... )

  26. Sargo, pargo, pancho (Diplodus sargus). Pancha (Spondyliosoma cantarus). Ollomol (Pagellus bogaraveo).

  27. Vello, serrán (Symphodus melops). Maragota, pinto (Labrus bergylta). Pinto

  28. Barbo, salmonete de rocha (Mullus surmuletus). Doncella, xulia, xuliana, señorita (Coris julis).

  29. Cabra (Helicolenus dactylopterus). Cabracho, escarapote da pedra (Scorpaena scrofa).

  30. Cacaracá, lorcho (Blenius pholis). Lorcho ou escamudo (Gobius…). Vive en fondos de cascallo preto da costa.

  31. Escacho, rubio (Trigla lucerna).

  32. Faneca (Trisopterus luscus). Mariola, faneca barbuda (Ciliata mustela).

  33. Meros (Epinphelus guaza) Cherna (Polyprion americanus).

  34. Rabada, rape, peixe sapo (Lophius piscatorius). Vive pousado no fondo e captura presas movendo un engado que ten na cabeza.

  35. Peixe roda, peixe lúa (Mola mola). O peixe óseo máis grande. Pode acadar 3 m de lonxitude e 1.000 kg,

  36. Espiñento. Atópase nos ríos de augas limpas. Carpa, carpín dourado É o peixe máis común nos estanques e acuarios. Hai numerosas variedades de adorno. Escalo.

  37. Muxe (Chelon labrosus). Vive en toda a costa desde peiraos a esteiros. Son moi abundantes debaixo das bateas.

  38. Anguía (Angilla anguilla). Peixe óseo de corpo cilíndrico que pode medir ata 1,5 m de lonxitude. É unha especie migratoria que vive 6/7 anos nos ríos e logo descende ao mar para chegar a desovar no mar dos Argazos, a máis de 4.000 km das nosas costas.

  39. Congro, cóngaro (Conger conger) Moreas (Muraena helena)

  40. Peixe garabata (Cepola macrophthalma) Os peixes que viven a grande profundidades adoitar ter cores vermellas ou brancas, bocas moi grandes, dentes afiados e engados (luces, prolongacións...) para atraer ás presas. Peixe sapo abisal

  41. Peixe garabata Os sollos ou esturións (Acipenser...) son peixes que soben aos río a desovar e dos que se aproveitan as ovas (caviar). Teñen unha estrutura moi primitiva, coa boca situada em posición ventral e a cola heterocerca.

  42. Solla (Platichthys flexus)

  43. Troita (Salmo truta). Peixe de augas dóces común en todos os ríos e regatos.

  44. Agulla, culebriña de mar (Sygnatus acus) Cabaliño de mar (Hippocampus ). Vive nas augas mornas dos esteiros e enseadas. A súa reprodución é moi curiosa, a femia inxecta os ovos nunha bolsa especial que ten o macho no ventre. Iste cóidaos durante catro ou cinco semanas ata que nacen os alevíns.

  45. Acedía (Buglossidium luteum). Peixe plano típico que vive en fondos areosos.

  46. Rodaballo (Psetta maxima). Un peixe que se cultiva en piscifactorías.

  47. Tapa (Zeugopterus punctatus) Lenguado (Solea vulgaris)

  48. Rémora (Remora remora), ten unha ventosa coa que se fixa ao corpo doutros peixes.

More Related