O GLOBO
Sponsored Links
This presentation is the property of its rightful owner.
1 / 34

O GLOBO PowerPoint PPT Presentation


  • 122 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

O GLOBO. ou: A incrible historia do coello Jarsía, tamén coñecido como “A xoia de San Tomé”. O coello ergueuse contento aquela mañán. Facía sol, corria un ventiño e, sobre todo,. iba ter todo o tempo que quixera para gozar de aquel fermoso globo que lle regalaran.

Download Presentation

O GLOBO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


O GLOBO

ou:

A incrible historia do coello Jarsía, tamén coñecido como “A xoia de San Tomé”


O coello ergueuse

contento aquela mañán.

Facía sol,

corria un ventiño

e, sobre todo,


iba ter todo o tempo que quixera para gozar de aquel fermoso globo que lle regalaran.


Camiñaba feliz polo prado

cando, de repente,


apareceu diante dos seus ollos unha moeda.

“Hoxe, sen dúbida, é o meu día de sorte” pensou.


Agachouse para collela e, no descoido, o globo fuxeulle polo aire.


Correu atrás del, pero o globo subía e subía tan lixeiro que nada puido facer para recuperalo.


Pero case non lle dou tempo a poñerse triste

porque mirou a moeda que atopara e foi correndo a mercar outro


… e máis grande.

Volveu de novo ao seu paseo, e volveu,de novo, a ter sorte, porque un pouco máis alá


atopou, xusto diante dos pés, unha cenoria.


Esta vez tomou precaucións e,

antes de agacharse a collela, atou o globo ao rabo.


Pero, de súpeto, un refacho de vento empurrou con tal forza,

que levou consigo ao globo e ao coello que estaba amarrado a el.


O vento non parou, máis ben foi gañando folgos, e levou ao globo, e ao coello, ata os montes que se vían alá ao lonxe desde a súa casa …, e máis alá dos montes…, e máis lonxe…


Levouno tan lonxe que atravesou, cheo de medo, o país, o Mar Mediterráneo, Italia, Grecia, Rusia, os Países Nórdicos, outro mar, Inglaterra e Francia


onde, por sorte para el, quedou enganchado na Torre Eiffel, de París.


de albanel,

de electricista,…

En París traballou de gaiteiro,


ata que xuntou os cartos suficientes para mercar un billete de tren (Non quixo volver en avión porque xa viaxara abondo polo aire, aínda ao seu pesar) e volveu á casa.


A súa aventura foi recollida por todos os periódicos,

case todas as revistas e a televisión;


e aínda hoxe, que xa leva lentes porque non ve ben, tén un “sonotone” porque oe fatal, e anda con bastón porque as pernas non lle responden tan ben como quixera; segue a contar, día sí e día tamén, que:


Dunha volta,

cando aínda era novo, cun globo de cor azul, ou vermello, ou verde, ou amarelo, ou… (calquera outra cor, según o día),


percorreu case todos os países de Europa ata que, ao pasar por Francia,


quedou enganchado

na torre Eiffel, de París.


de pintor,…

Alí traballou de camareiro,

de músico,


ata que xuntou cartos para pagar un billete de tren (Estaba canso de voar) co que volveu á casa,


e foi recoñecido, e saeu nos periódicos, e nas revistas, e na televisión;


e aínda agora que xa vai vello, e leva lentes porque non ve ben, e tén un audífono porque oe fatal, e camiña coa axuda dun bastón porque as pernas non lle responden como deberan, conta, un día sí e outro tamén, que:


Hai moito tempo, cando aínda era novo, cun globo de cor laranxa, ou violeta, ou das cores do arco da vella; con forma de estrela, ou de avión, ou bolboreta; amarrado ao rabo,


percorreu unha morea de países do mundo


ata que bateu

coa torre Eiffel


de pallaso,

e alí, en París, traballou de mecánico,

de vendedor,…


ata que xuntou os cartos para mercar un billete de tren (Non lle gustaba viaxar polo aire) e volveu á casa convertido en famoso,


e saeu nos periódicos, nas revistas e na televisión;


e aínda hoxe, que xa vai bastante vello e usa lentes porque non ve ben, leva un “sonotone” porque oe fatal e usa bastón porque as pernas non lle responden como a el lle gustaría, segue a contar, día sí e día tamén, que:


Hai xa ben de anos…

Cousiñas feitas na casa

Mon Daporta


  • Login