Xos mar a lvarez bl zquez l.jpg
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 57

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ PowerPoint PPT Presentation


  • 225 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. UNIDADE DIDÁCTICA LETRAS GALEGAS 2008 4º ESO Autora: Ana Martins CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco. OBXECTIVOS. Coñecer a traxectoria vital do autor. Afondar no contexto histórico e social da vida do autor.

Download Presentation

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


Xos mar a lvarez bl zquez l.jpg

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

UNIDADE DIDÁCTICA

LETRAS GALEGAS 2008

4º ESO

Autora: Ana Martins

CPI Alcalde Xosé Pichel

Coristanco


Obxectivos l.jpg

OBXECTIVOS

  • Coñecer a traxectoria vital do autor.

  • Afondar no contexto histórico e social da vida do autor.

  • Coñecer a obra poética de Xosé María Álvarez Blázquez.

  • Coñecer a obra narrativa en galego.

  • Coñecer os seus proxectos editoriais.

  • Coñecer o labor de Álvarez Blázquez como intelectual total.

  • Valorar o contributo poético e intelectual deste autor á literatura galega.

  • Valorar o compromiso lingüístico, literario e político do autor en tempos difíciles.


Contidos l.jpg

CONTIDOS

  • Biografía dirixida do autor a través da súa obra literaria.

  • Contexto social e histórico da vida do autor.

  • Obra poética en galego.

  • O seu labor como investigador e editor literario.

  • O seu labor como historiador e arqueólogo.

    TEMPORALIZACIÓN

    5 ou 6 sesións (50 minutos).


Contexto hist rico e social da vida do autor l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • 1915: Nace en Tui


Contexto hist rico e social da vida do autor5 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • O autor nace en 1915. En 1917 ten lugar a creación dunha institución importante para as nosas letras e para o labor de recuperación do noso idioma. Cal é? Procura información na seguinte web.

  • Fai un resumo sobre a súa historia e o seu programa ideolóxico.


Contexto hist rico e social da vida do autor6 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • En 1923 xorde outra institución que procuraba a investigación nas nosas letras, historia, arte, etc. Cal? Infórmate neste sitio.

  • Indica cales foron os seus membros fundadores e cales eran os seus obxectivos.


Contexto hist rico e social da vida do autor7 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

En 1931 créase o Partido Galeguista. O autor entra a formar parte primeiro das Mocidades Galeguistas e máis tarde do propio partido durante a súa estadía en Pontevedra mentres estudaba Maxisterio. Unha figura importante do galeguismo da época animouno a participar nestas actividaes políticas. Quen foi? A ver se o averiguas nesta páxina.

  • Investiga un pouco sobre a historia desa personaxe aquí.

  • Le aquí palabras de Álvarez Blázquez sobre o discurso que pronunciou nun acto das Mocidades Galeguistas en 1934. Cal é o título? Que aniversario se conmemoraba?


Contexto hist rico e social da vida do autor8 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • Co golpe militar franquista de 1936 moitos galeguistas, republicanos e liberais progresistas foron encarcerados, fusilados ou, no mellor dos casos, tiveron que exiliarse fóra de Galiza. Algún familiar do autor tamén sufriu estas represalias, De quen se trata? Pescuda aquí.


Contexto hist rico e social da vida do autor9 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • Rematada a Guerra Civil española apenas se publicaron libros en Galiza e moito menos en galego. A edición, igual que a resistencia política e cultural, desenvolveuse neste período principalmente en América. En 1949 publicouse en Pontevedra a colección de poesía “Benito Soto” promovida por Sabino Torres, Manuel Cuña Novás, Emilio Álvarez Negreira, curmán do autor, e Celso Emilio Ferreiro. Polas mesmas datas saíron os primeiros títulos de Bibliófilos Gallegos, e máis a Editorial Monterrey, da man de Luís Viñas Cortegoso e o propio Xosé María.

  • Un proxecto xurdido en 1950 consolidouse, de entre todas eles, como o máis estábel e o de máis continuidade, e constituíu a referencia obrigada do rexurdimento da actividade intelectual na Galiza interior. Cal é? Procura aquí.

  • Cal foi o primeiro libro publicado nesta editora?


Contexto hist rico e social da vida do autor10 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • En 1975 morre o ditador Francisco Franco. Isto supuxo o lento espertar das liberdades e o camiño cara a restauración da democracia. Le o seguinte fragmento recollido na obra biográfica do fillo do poeta, Xosé María Álvarez Cáccamo, onde relato como seu pai recibiu a boa nova:


Contexto hist rico e social da vida do autor11 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • Tanto devecía o meu pai pola chegada dese momento liberador, tantas veces imaxinaría a verbalización do suceso intanxíbel que, cando se viu obrigado a transmitir a noticia aos seus alumnos da Escola Náutico-Pesqueira de Vigo, ficou subitamente mudo. Sentiu a conmoción de corenta anos de noxo como unha coitelada eléctrica e fría a percorrerlle o camiño da columna vertebral. Os alumnos decatáronse da súa repentina palidez e algún achegouse para atendelo. Unha vez superado o transo, o profesor non foi quen de explicarlles os íntimos motivos da súa emoción. E ficou coa dúbida de se a atribuirían a razóns de solidariedade co defunto.

    Álvarez Cáccamo: Memorias do poeta


Contexto hist rico e social da vida do autor12 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • En 1985, ano da morte do poeta Galiza vivía xa en democracia e as cousas mudaran favorabelmente para o noso idioma e as nosas letras. Imos ver que tal estás de cultura xeral. Responde as seguintes preguntas. Podes pescudar nas seguintes webs:

  • Día das Letras Galegas

  • Loia

  • Xunta de Galicia


Contexto hist rico e social da vida do autor13 l.jpg

CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR

  • 1. Quen era o presidente da Xunta de Galiza en 1985?

  • 2. Coa chegada da democracia Galiza tivo por fin o ansiado Estatuto de autonomía. En que ano se aprobou?

  • 2. Uns anos antes o Parlamento galego aprobara por unanimidade unha importante lei para a normalización da nosa lingua. Cal? En que ano se aprobou?

  • 3. A que autor se lle dedicaron as letras galegas ese ano?

    E no teu concello,

  • 4. Quen era o alcalde daquela?


Biograf a dirixida a trav s da s a obra l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  • 1915: Nace en Tui,no número 11 da Rúa Elduayen (hoxe Paseo da Corredoira). É o terceiro dos seis fillos varóns que tiveron o médico pontevedrés Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, nada en Matanzas (Cuba) e filla de cubana e levantino.

    Xa o seu pai proviña dunha familia de intelectuais progresistas. Nesta web poderás atopar os nomes dalgúns dos seus familiares máis destacados na causa galeguista e no cultivo das nosas letras. Quen eran e son?


Biograf a dirixida a trav s da s a obra15 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

  • Vive nunha casa moi grande, propiedade do pai, que tiña alí a consulta médica, cunha horta onde cantaban os paxaros nas mañás do verán. Alí estuda o bacharelato. Xa de ben neno escribía poemas coma estes seguintes.

    Fachada actual da casa natal en Tui.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra16 l.jpg

QUEIXAS

Soíña nesta terra eu sempre vivo,

soíña nesta vida eu sempre estou,

de min nadie se lembra nesta mundo,

de min nadie no mundo se lembrou.

Non teño pai nin mai, nin teño fillos,

non sei o que é quererse nin que é amor,

non teño nesta terra compañía,

nin topo neste mundo compasión.

Eu soia para sempre xa me encontro,

eu soia para sempre xa estarei,

a min nadie me quere nesta vida,

e a nadie nesta vida eu quererei.

Tui, 24 de decembro de 1927

A CAMPANA DA MIÑA IGRESIA

Campana da miña igresia,

non sei que che pasará

que cando tocas a morto

poste a chorar.

Tocas nos días de festa,

tocas para ir a rezar

co teu son sempre contento

cal non o hai.

Pero si tocas a morto

poste a chorar.

Eu ben sei por que ti choras

tanto hoxe coma mañán.

Choras por aquelas almas

que se van.

Ademais ti ben o sabes

Que todos somos irmáns,

e por eso cando tocas

A morto , poste a chorar.

Tui, 22 de xuño de 1928

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra17 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Durante a súa infancia o poeta pasa cos irmáns e a nai as tempadas de verán nunha casa na parroquia de Baión, en Vilanova de Arousa. Isto lembra nalgún dos seus poemas.

Foto de Baión


Biograf a dirixida a trav s da s a obra18 l.jpg

BAIÓN

Torno a ti, meu Baión, terra louvada,

terra do meu corazón, amante miña,

onde os meus pais me diron ista anguria

de estar morrendo arreo pola terra.

Cando xa non coidei que máis t evise,

torno para adormentarme no teu colo,

para me quencer na morna terra túa

por onde van as veas do meu soño.

Aquil andar decote pola vida

sin ter os pés no mundo, coma os ventos

que nascían nas frgas de Sovilas

e iñan bater no lombo de lantaño.

Aquil tremulecer de follateiras,

Por onde asubiaban os paxaros

As cantigas que tiñan deprendido

De nós, os seis irmáns de ollos acesos.

E logo aquil miragre, sempre novo,

De atopar nos camiños donicelas

E lagartos arnaus, postos na terra

Para ledicia dos nenos, acotío!

Todo torna de sócato arestora,

Cando xa non coidei que máis volvese

o pálpito segredo dunha anguria

Que é estar morrendo arreo pola terra.

Terra dunha nenés que tiña cores

E adobíos de festa polo vranhe,

cando á mañán andaban antres os millos

as pegas rabilongas e os coellos.

E osm ouros estorniños no tellado,

coas súa frauta de panidos meles,

escorrentaban a perguiza nosa:

Espertade, rapaces,espertade!

Agora ben me lembro distas cousas,

terra do meu Baión, terra amantiña,

onde durme a nenés dun home canso

que non pode chorar porque xa é tarde…

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra19 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Neste poema autobiográfico publicado en Canle segredo (1976) o autor, xa home adulto, lembra con nostalxia os fermosos tempos da infancia.

a) Estabelécense dous eixos temporais no poema. Sinálaos.

b) Pan é o símbolo do bucolismo. Este poema está ambientado nun espazo bucólico. Que elementos da natureza se converten na fotografía da infancia do poeta?

c) No poema recóllense elementos dialectais, algúns propios da zona de Vilanova de Arousa, outros non; e mais popularismos. Sinálaos.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra20 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

1932: Publica o poemario Abril en castelán. Funda con Xoán Vidal a revista Cristal, onde publica o seu primeiro texto en galego “O merlo poeta”, incluído máis tarde en Poemas de ti e de min (1949). Podes lelo aquí.

Nestes anos o poeta trasládase a vivir a Pontevedra para cursar estudos de Maxisterio. Vive co seu tío Xerardo Álvarez Limeses, sogro de Alexandre Bóveda. Será este último unha das persoas influentes que animen a Xosé María a ingresar no ano 1933 nas Mocidades Galeguistas. As ideas galeguistas e progresistas estaban agromando no estudante universitario que xa manifestaba o seu espírito de fraternidade democrática e de amor ao pobo traballador en poemas coma este dedicado aos mariñeiros da Moureira, antigo barrio pontevedrés, que escribiu con 18 anos:


Biograf a dirixida a trav s da s a obra21 l.jpg

INMENSIDÁ

Levaime convosco, homes da Moureira

levaime convosco onde o vento queira:

tanto se me dá mar amigo ou fosco.

Irmáns mariñeiros, levaime convosco

na proa arriscada da vosa gamela,

poñeime na fronte a esquencida estrela

que por esquencida roubácheis ao ceu,

e contai coa renda diste espirito meu.

Dareivos, en troques, a lene poesía

do serán, do abrente, da noite e do día,

do río e a estrela, do monte e do val,

do roibo meniño e o merlo lanzal.

Toda a poesía heivos de dicir

que vos presentides na alma bulir,

coma o peixe bule nas molladas redes:

poesía sinxela, que non comprendedes,

feitos, coma estades,

na inmensa poesía das inmensidades.

Mais, irmáns, levaime onde o vento queira

e daime o meigallo que vivís na xeira

cando peiteáde-la testa do mar

coas redes, que o leixan para namoricar.

Dádeme a poesía que sabedes vós,

a poesía anterga dos vosos avós.

Irmáns mariñeiros, pouco se vos dá

que na miña alma haxa imensidá!

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra22 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

a) Neste saúdo entusiasta aos mariñeiros, ofrécelles a súa poesía a cambio de cousas intanxíbeis que lle poden dar os mariñeiros. Que lles pide?

b) Sinala os elementos da paisaxe mariña e do traballo do mar que atopes no poema, ás veces en forma de preciosas comparacións e metáforas.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra23 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

En 1934, fai prácticas na escola de Tui, que aproba en 1935, ano no que toma posesión na escola de nenos da Guarda. En 1936 é trasladado á súa parroquia natal de Pazos de Reis (Tui). Finalmente gañará a praza de mestre para Coia (Vigo) en 1937.

Neste mesmo ano publica o libro de relatos Os ruíns na editora de Ánxel Casal, quen nesa altura é fusilado polas tropas franquistas. Tamén seu pai é fusilado o 30 de outubro por participar nas loitas da resistencia republicana en Tui.

Por causa da súa pertenza ao Partido Galeguista, o propio Xosé María foi inhabilitado e suspendido de emprego e soldo e desterrado a unha escola zamorana en Coreses. Alí escribe, en 1941, este angustiado fermoso poema neotrobadorista. Sinala os trazos que che lembran á poesía medieval:


Slide24 l.jpg

Que lonxe vivo,

ai madre!

Que lonxe estou.

Unha anduriña,

madre,

que non tornou.

Virán os tempos,

madre?

Virá San Xohán?

Eu xa cavilo,

ai madre!

Que non virán.

Mais se viñeren,

madre,

irei daquela

matar a sede,

ai madre,

da nosa arela.

Irei daquela,

madre,

coma anduriña

que en vello niño,

ai madre,

tardeiro aniña.

Ai, madriña!

Coreses, 20-VI-41

Poemas de ti e de min (1949)


Biograf a dirixida a trav s da s a obra25 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Mais axiña se había librar deste desterro, porque en 1942 élle concedida unha excedencia voluntaria alegando unha doenza falsa que seu irmán Darío, médico coma o pai, certificou. Nese ano trasládase a Vigo, onde se mudara toda a familia para fuxir da persecución fascista que aínda os asediaba en Tui. En Nigrán instalaron unha telleira familiar que durou até 1945, cando por mor dun accidente, se arruinaron.

Xosé María consegue entón un traballo administrativo na Confraría de Pescadores de Vigo, no Berbés, o que lle permite sosterse economicamente e poderse dedicar asemade á investigación literaria e histórica. O contacto cos mariñeiros inspirará o seu Romance do pescador peleriño, que publica en 1954,co que gaña o Premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires, e do que podes escoitar aquí un fragmento musicado por Suso Vaamonde.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra26 l.jpg

En 1946 casa con María Luísa Cáccamo Frieben, nai dos seus 6 fillos e que reside aínda hoxe na rúa Gran Vía de Vigo. Este amor puido ser o que inspirou poemas neotrobadoristas coma este.

Nao

Velaí vén pola ribeira

a barca dos namorados.

Ai, amor!

como camiña lixeira.

Nin trai remos nin trai velas,

a barca dos namorados

ai, amor!

que a gobernan as estrelas.

Abule, que veleí vén

a barca dos namorados,

ai, amor!

para nos levar tamén.

Sabarís, 1951

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra27 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

En 1945 publícase a novela en castelán En el pueblo hai caras nuevas, novela policíaca ambientada en Francia que gozaría de varias reedicións na época e que mesmo foi empregada, en edición anotada en francés, no país galo como manual para o ensino do español. Esta novela foi traducida por Alfonso Álvarez Cáccamo, fillo do poeta, ao galego como Na vila hai caras novas.

Coa versión en castelán o autor resultou finalista da primeira edición do prestixioso Premio Nadal no ano 1944. Mais, cal foi a novela gañadora nesa edición? Procura información aquí.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra28 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

En 1947 estréanse dúas obras de teatro escritas en colaboración co seu irmán Emilio:El zapato de Cristal, estreada no Teatro García Barbón, e Los pazos altivos, estreada no Teatro Jovellanos. Aquí tes fotos destes dous teatros. En que cidades os podemos atopar?


Biograf a dirixida a trav s da s a obra29 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

1948: Dedícase ao comercio do libro antigo e abre a Librería Monterrey xunto cun amigo bibliófilo e inspector de Ensino Primario. Cal é o seu nome? Procúrao aquí.

En maio dese mesmo ano nace a súa primeira filla María Luísa, que é coñecida por un curioso alcume e á que lle dedica o poemario infantil Roseira do teu mencer (1950). Queres saber cal é ese alcume? Pois le o seguinte poema e coñece a María Luísa con dous aniños da man de seus pais.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra30 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Ao ver que non tiñas nome

maxinamos que serías

ventureiriña do monte.

Froleciña ventureira

que- ao millor- nasceu co orballo

nunha luzada de estrelas.

Como andabamos a rir

-ventureiriña do monte!-

chamámoste “Colorín”.

Roseira do teu mencer (1950)


Biograf a dirixida a trav s da s a obra31 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

1949: Publícase Poemas de ti de min. Aquí enriba podes ver a portada… ou as portadas. Como é que pode haber un libro co mesmo título asinado por dous escritores diferentes? E quen é ese da foto, é realmente Xosé María? En que colección se publicou o libro? A ver se atopas as respostas aquí.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra32 l.jpg

FOGUETE

Rube o foguete ás alturas

facendo sega de estrelas.

dourado outono de gachos!

colleita de luces secas!

Como pedradas os tira

o labrego fogueteiro,

escachando con estrondo

o vidro do outo ceo

Beira do río, os tellados

empúrranse a coller canas,

e con medo de rapaces

engorripan as espaldas.

No queipo do val caeran

xa serodios, os luceiros,

como os acios de albariño

nas vendimas de setembro.

Aló, no lonxe da ría,

o aldeán vento mareiro,

botando escumas de foula,

arremeda o fogueteiro

Amado Carballo

Proel

FOGUETES

Foguetes na noite azur

frolecida de lembranzas;

foguetes riba dos campos,

foguetes riba das augas…

(Os estouridos da festa

a ecoar dentro da ialma!)

Quen fora esguío foguete

que na noitiña estoupara,

dempois de rubir ao ceu

e non degorar máis nada.

A cana na terra: o corpo.

O fume no ar: a ialma

X.M. Álvarez Blázquez

Poemas de ti e de min

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra33 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Estes son dous poemas imaxinistas. O imaxinismo é unha corrente poética de comezos do século XIX que se caracteriza, entre outras cousas, pola creación de imaxes novidosas a aprtir de elementos cotiás ou da paisaxe que por veces aparece humanizada.

a) Nestes poemas retrátanse os foguetes estourando no ceo. Sinala os elementos comúns nos dous.

b) No poema de Álvarez Blázquez o eu poético identifícase cos foguetes nunhas fermosas metáforas. Sinálaas.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra34 l.jpg

ROMANCE DO AFIADOR

Velaí vén o afiador

asubía que asubía;

co seu carro de unha roda

é coma a besta xuncida.

Trai unha caixa de ferros

e unha pedra onde il afía:

unha pedra condanada

que bota raios e chispas.

Vén para acá, afiador;

afía a navalla miña.

Teño na festa da Virxe

de facer trinta feridas.

- Xa fican poucas navallas,

rapaz, para maliaxe miña;

róubaas a Garda Cevil

aos mozos na romarías.

xa rematou a tormenta

de trebóns, raios e chispas.

a testa do afiador

foi a Terra onde caíran.

-Afiador, peleriño

de corredoiras e vilas:

cando non ten que afiar

que fai?

Afío cantigas.

Álvarez Blázquez: Poemas de ti e de min

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra35 l.jpg

REYERTA

En la mitad del barranco,

las navajas de Albacete,

bellas de sangre contraria,

relucen como los peces (…)

Juan Antonio el de Montilla

rueda muerto la pendiente,

su cuerpo lleno de lirios

y una granada en las sienes.

Ahora monta cruz de fuego,

carretera de la muerte.

El juez con la Guardia Civil

por los olivares viene (…)

Señores guardia civiles:

aquí pasó lo de siempre.

Han muerto cuatro romanos

y cinco cartagineses.

García Lorca: Romancero gitano

ROMANCE DE LA PENA NEGRA

Las piquetas de los gallos

cavan buscando la aurora,

cuando por el monte oscuro

baja Soledad Montoya.

Cobre amarillo, su carne,

huele a caballo y a sombra.

Yunques ahumados sus pechos,

gimen canciones redondas.

Soledad, ¿por quién preguntas

sin compaña y a estas horas?

Pregunte por quien pregunte,

dime: ¿a ti que se te importa?

Vengo a buscar lo que busco

Mi alegría y mi persona.

García Lorca: Romancero gitano

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra36 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

a) O “Romance do afiador” é un poeta de clara influencia lorquiana. Lendo os fragmentos dos poemas de Lorca podes observar certas similitudes na ambientación e na escolla de campos léxicos nos poemas dos dous autores: as navallas, os metais, as mortes violentas, a Garda Civil, o lume e os seus elementos. Localiza as semellanzas.

b) Igualmente comparten o tipo de estrofa. Cal é? Que rima presenta?

c) Hai tamén semellanzas no modo de presentar a personaxe que aparece chegando de algures. Como se expresa no poema do afiador e no Romance de la pena negra.

d) Nos tres poemas introdúcese tamén voces dialogando. Como se explicita en cada un deles? Localiza os fragmentos dialogados.

e) É moi propio da poesía de Lorca inspirarse en coplas populares. Nestes non vemos ningunha, mais si no poema de Álvarez Blázquez. Cal é?


Biograf a dirixida a trav s da s a obra37 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

En 1949 tamén é nomeado Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo, que marcou o inicio da súa carreira pública de arqueólogo. Álvarez Blázquez esculca, descobre e salva en diferentes espazos, localizados fundamentalmente no sur da provincia de Pontevedra, aras, estelas e outros obxectos de valor do pasado remoto galego, que son albergadas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.Procura aquí o nome dalgunha obra súa sobre arqueoloxía.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra38 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

1950: Funda a editorial Monterrey, cuxo selo tes á dereita, e nela publica algunhas das súas propias obras de poesía. Cales? Aquí tes información.

Esta editora ten tres coleccións principais nas que se publican obras de importantes autores para as nosas letras. Nomea tres das coleccións. Pódelas atopar aquí.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra39 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Na década de 50 leva a cabo un importantísimo labor investigador e ven a luz varios estudos literarios, sobre todo sobre poesía galega. Indica o nome desas obras que podes atopar aquí.

Para alén disto, participa activamente das diversas empresas intelectuais do galeguismo e publica numerosos artigos en diferentes cabeceiras da prensa escrita. Indica algunhas logo de ler esta esta páxina.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra40 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Xa sabes cales foron as obras publicadas polo autor na súa propia editora. Unha delas é Roseira do teu mencer, poemario infantil dedicado ao nacemento da súa filla Colorín. Le algún deses tenros poemas, que son como xogos infantís.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra41 l.jpg

A

Era un airiño soave

que se ergueu pola mañán

e viña de non se sabe.

Era un recendo de rosas

de roseira de ningures,

que se meteu pola porta.

Era unha cantiga leda

que nascía non sei onde

e petaba na fiestra.

Era unha gracia sotil

que baixaba das estrelas...

Eras ti!

B

O sol polas eiras, o orballo no prado,

a gracia de Dios nos ares prendida

e ti pequeniña.

Nos ares prendida, na iauga da fonte,

nas follas do souto, nas herbas frolidas,

e ti pequeniña.

Nas herbas frolidas a gracia de Dios,

a voz dos paxaros nos ares prendida,

e ti pequeniña!

C: O año pitaño

D: Arco da vella, vaite de aí

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra42 l.jpg

E

Vinde todos ollar a miña nena:

vai co escriño de millo prás galiñas,

e as condanadas, véndoa tan pequena,

encírrana con bulras e rapiñas.

O galo mandarín chégalle ao peito

-ollos de vidro, crista de sandía

e na fachenda do pescozo ergueito

cruces e bandas de outa fidalguía-.

A galiña pedrés que nunca pon

é a que máis cacarexa; o malandrín

do pito novo faise o valentón

e todos andan tras meu “Colorín”…

Ela non pode máis e berra: Non!

tira co escriño e vén chorando a min.

F

A ver, mamá,

A túa neniña, que cociñará?

Cunha presa de murrunchos,

unha folla de loureiro

e un brazadiño de funchos,

que comidiña fará?

Ela di

que vai facer uns melindres

para min e para ti!

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra43 l.jpg

G

Durme neniña,

durme, meu ben;

túa nai ten sono,

teu pai tamén.

Non penses máis no cabalo

Que andaba a fuxir do dono;

mira ises cen cabaliños

que acarrexan o teu sono!

O meu arrolo

que nadie o escoite.

Dúrmete, nena,

que xa é de noite.

Aquil cabaliño ledo

está tamén a durmir;

non o chames, que non pode,

meu ben, anque queira, vir.

Dúrmete logo,

meu año manso;

túa nai sospira,

teu pai vai canso.

O cabalo no che escoita

e nin olla como acenas,

pois mañán ten de ir á vila

levar un carro de nenas.

Durme, neniña, co meu arrolo

que xa me estafa,

terte no colo.

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra44 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

ANÁLISE DOS POEMAS A-F

a) O poema A é a expresión da ledicia do pai polo nacemento da súa filla primoxénita mediante unha gradación que transcorre desde a maior incerteza á certeza absoluta. Con que metáforas se vai modulando este sentimento?

b) Este poema é moi sensorial. Para ir graduando a alegría vai expresando varias sensacións percibidas por diferentes sentidos. Indícaas.

c) No poema B atopamos a presenza do refrán ao estilo neotrobadoresco. Ademais, recolle no cuarto e sétimo verso o final dos versos segundo e quinto anteriores. A que recurso estilístico da poesía medieval che lembra isto?


Biograf a dirixida a trav s da s a obra45 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

ANÁLISE DOS POEMAS A-F

d) O poema C é unha sucesión de versos cun ton popular a modo de refrán infantil. Como se chaman estes versos que riman de dous en dous?

e)Arco da vella/ vaite de aí/ que as nenas bonitas/ non son para ti é unha copla popular que abre este poema que semella unha canción infantil para acompañar os xogos dos nenos. Nel prodúcese unha intensificación repetitiva. Con que recursos se consegue?

f) O poema E é un poema narrativo que conta como unha nena se achega para lles dar millo ás galiñas, mais asústase delas e vai correndo cara o/a pai/nai. Empregando a voz dun narrador protagonista en primeira persoa verte este poema á prosa indicando cales serían os pensamentos e sentimentos da nena medosa nese momento.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra46 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

ANÁLISE DOS POEMAS A-F

g) O poema F é de novo unha brincadeira que os pais poden usar para xogaren cos fillos. Mais esta nena saíu cociñeira. Cos ingredientes que ten, escribe ti un texto instrutivo coa receita dos melindres. Non esquezas que son parte importante da receita unha boa presada de “diminutivos”.

h) O poema G é unha canción de berce para arrolar os meniños para durmilos. Aquí é o cabalo a figura empregada para acompañar a nena nos seus soños. Na cultura popular galega hai unha chea de personaxes que ben son os que traen o sono, como Pedro Chosco, ou ben os que asustan os nenos se pasan a noite en vela, como o Coco, o Sacaúntos, etc. Procura na rede e preguntando aos teus familiares historias destas personaxes. Se tes moita sorte até podes recoller ditos populares coma este: E durme, neniño, que vén o cocón; vai levar o neno, que non dorme, non! Esta web pode serche interesante.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra47 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

En 1953 Álvarez Blázquez dá a coñecer o Cancioneiro de Monfero, libro que contiña só oito cantigas e mais un limiar e a reprodución facsimilar do que sería a presentación do frade Ramón Pazos, responsable no século XVII de copiar as cantigas. A obra teríana atopado “entre uns vellos papeis destinados ao muíño” o propio Álvarez Blázquez e mais o seu socio da editorial Monterrei, Lois Viñas Cortegoso. Mais cal é o curioso desta publicación? A ver que atopas por esta páxina


Biograf a dirixida a trav s da s a obra48 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Agora xa que sabes que o Cancioneiro foi unha brincadeira que Xosé María lles quixo gastar aos intelectuais da época, e non un verdadeiro cancioneiro medieval.

  • Nomea algúns dos trobadores que o autor recompila na obra.

  • Le as seguintes cantigas e di cal delas pertencen aos seguintes xéneros: cantiga de maor, cantiga de amigo e cantiga de escarnio.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra49 l.jpg

RIANDIÑO, IOGRAR

Amigas, quando vier

meu amigo demandar

por mi, que vaia veer

se estarey ante o altar

de Santa Comba, ú m’él viu

o dia que se partíu.

Quando quiser meu amigo

amigas, fillar perfía

por trebellar ora migo,

nembrádelli a romaría

de Santa Comba, ú m’él viu

o dia que se partíu.

Amigas, digades quando

ora vos él preguntar,

veja se estarey chorando

dos olhos ante o altar

de Santa Comba, ú m’él viu

o dia que se partíu.

c) Xoga ti tamén a ser trobador. Tenta refacer esta cantiga co teu propio estilo

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra50 l.jpg

Desque vos vi en cas d’El Rei,

señor, mesquiño quedei,

e agora vivo coitado

como home desconortado

con grande amor que vos ei.

Con grande amor que vos ei

señor, mesquiño quedei

e non me val ja conorte

se non vós, que soys mía morte

desque vos vi en cas d’El Rei.

FERNAND’ESQUÍO

Quen vos deu ese capelo,

don pai, de coór marelo,

feito da pel dun novelo

que non tiía pai nen nai?

Quén volo deu, don Pai

que atán mal vos cai?

Quén vos donou ese abano,

feito de tan negro pano

que non saben doutro ogano

os mouros que o demo trai?

Quén volo deu, don Pai

que atán mal vos cai?

Quén volo deu ese calçon

de bragal, come pendón,

e mays o verde cordón

que a tal calça non lli vai?

Quén volo deu, don Pai

que atán mal vos cai?

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra51 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Por Canle segredo Álvarez Blázquez recibe o Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Bos Aires en 1954; porén, este poemario non se publica até o ano 1976 na colección "Pico Sagro" da editorial Castrelos.

Cales son as tres seccións en que se estrutura a obra? Procura aquí.


Biograf a dirixida a trav s da s a obra52 l.jpg

AQUIL NENO QUE EU FUN

Non me doi iste anceio, ista procura

de bens, que con soñalos

abonda. Non me fire

a anguria do vivir que non se atopa,

nin o noxo da xente que me luxa

co soio seu ollar da can doente.

Non me inquedan as dores,

nin as tebras da noite, que resoa

con chamadas do Alén que eu soio escoito.

Nada xa me conmove.

O que me fire e doi, o que me inqueda

é aquil neno que eu fun, sempre perdido.

Cal é o sentimento que predomina no eu lírico?

Con que substantivos nomearías aquelas cousas que el non quere?

Con que recurso estilístico incide na repetición no poema?

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra53 l.jpg

A COMETA

Botar unha cometa

era guindar os soños

todos pola fiestra.

Era poñer a ialma

por enriba das ponlas

máis ergueitas da fraga.

Era andar cos miñatos

nun outor vóo suspenso

sobor da paz dos campos.

Era ter –cousa meiga!-

o corazón atado

cun longo fío á terra.

Este poema é a definición dun xogo infantil e o que significaba, a ilusión que lle causaba a un neno. Nomea ti outros xogos infantís.

Escolle un deles e tenta poetizalo lembrando que sentías cando xogabas a el.

Escribe un artigo de opinión sobre os divertimentos cos que se entreteñen hoxe en día os rapaces (play station, consola, videoxogos, etc.) e compárao cos xogos máis tradicionais. Cales cres que alimentan máis a imaxinación?

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra54 l.jpg

ISE NENO DA RÚA

Non é certo que os nenos teñan fame.

Non pode ser.

Ben o sabedes todos

os que andades no mundo atafegados

á percura do pan dos vosos fillos.

Ises outros que vedes pola rúa

pedindo esmola,

non teñen fame, non, porque daquela

vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches

ou nos tranvías, a berrar de cousas

estranas –viva, beba, baba, buba!-

sin reparar naquil esfarrapado

Que con moura mauciña está petando

nunha porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade

o que algún caviloso di dos nenos

que andan así, petando pola vida.

- Non , home, non!- lle dixen a un de aqueles.

A xente pasa leda… Fora boa

que andivesen a rirse dos seus crimes!

Este poema lembra á poesía de Celso Emilio Ferreiro. Pode considerarse un poema social? Por que?

Hai ironía no poema? En que o detectas?

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA


Biograf a dirixida a trav s da s a obra55 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

Chegamos ao final desta unidade didáctica. Espero que aprenderas algo máis sobre Xosé María Álvárez Blázquez!

Escribe agora o nome de todos os seus poemarios e ordénaos cronoloxicamente.

Aquí che deixo como remate este fermoso poema…


Biograf a dirixida a trav s da s a obra56 l.jpg

BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA

TI

Chamas ao vento

na labarada dos teus cabelos.

Auga apreixada

na mol lentura da túa ollada.

Rubias de aurora

no sangue quente da túa boca.

Pombas no niño

no recunchego do teu corpiño.

Rulas leviáns

no vo lizgairo das túas mans.


Bibliograf a l.jpg

BIBLIOGRAFÍA

http://gl.wikipedia.org/

http://www.17demaio.org/alvarezblazquez/?lg=gal

http://bovedaenpontevedra.acordando.com/enpontevedra_0.html

http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2008

http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia.php?idioma=1&id=52

http://www.xunta.es/presidentes

http://www.youtube.com

http://www.galiciaencantada.com/

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12100

Agradecementos aos CEIP Mestre Martínez Alonso e CEIP Mestres Goldar polos fermosos videopoemas da obra do autor.


  • Login