A civilizaci n romana
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 38

A CIVILIZACIÓN ROMANA PowerPoint PPT Presentation


  • 138 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

A CIVILIZACIÓN ROMANA. 1º situación. A civilización romana desenvolveuse arredor do Mar Mediterráneo (Mare Nostrum). Os romanos dominaron territorios situados nos tres continentes que baña este mar: Europa, África e Asia.

Download Presentation

A CIVILIZACIÓN ROMANA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


A civilizaci n romana

A CIVILIZACIÓN ROMANA


1 situaci n

1º situación

  • A civilización romana desenvolveuse arredor do Mar Mediterráneo (Mare Nostrum).

  • Os romanos dominaron territorios situados nos tres continentes que baña este mar: Europa, África e Asia.


A civilizaci n romana

  • A cidade de Roma, situada na península itálica foi o berce desta civilización.

  • O Tíber, que era navegable resultou fundamental para o desenvolvemento da cidade. Comunicaba Roma tanto coa costa coma co interior da península.


2 a creaci n de roma

2ª.-A CREACIÓN DE ROMA

  • Segundo a lenda, Roma foi fundada no 753 a.C por Rómulo e Remo.

  • Nesta época vivían en Italia numerosos pobos. Entre eles destacaban os etruscos e os latinos.


A civilizaci n romana

  • Os latinos fundaron varios poboados nunha zona coñecida como os Sete Outeiros, e da súa unión xurdiu a cidade de Roma.


3 etapas da historia

3ª.-ETAPAS DA HISTORIA


3 1 a monarqu a

3.1.- A MONARQUÍA

  • Gobernaba un rei elixido polos representantes das familias máis importantes da cidade: os patricios.

  • O rei exercía o seu cargo de por vida e era o encargado de:

    • Dirixir os ritos relixiosos.

    • Mandar o exército.

    • Exercer xustiza.


A civilizaci n romana

  • O Senado: era unha asemblea formada polos cabezas de cada unha das familias máis importantes e axudaban ao rei nas labores de goberno.


3 2 a rep blica

3.2.-A REPÚBLICA

  • No ano 509 a.C. introdúcese en Roma unha nova forma de goberno: A República.

  • Durante a República había tres institucións principais:

    • Comicios: eran asembleas nas que se reunían os cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.


A civilizaci n romana

  • As Maxistraturas:

    • Eran os distintos cargos de goberno.

    • Eran elixidos por un ano.

    • Os maxistrados supremos eran dous cónsules, que tiñan o máximo poder civil e militar

  • O Senado:

    • Era a institución máis importante.

    • Establecía as leis, dirixía a política exterior e dáballe as normas de actuación aos maxistrados.


  • A civilizaci n romana

    • Durante a época republicana Roma creou un gran imperio:

      • Estendeu o seu poder pola península itálica.

      • Enfrontáronse os cartaxineses na famosas Guerras Púnicas.Venceron os romanos e a vitoria converteunos en donos do Mediterráneo occidental:

        • Sicilia

        • Córsega

        • Sardeña

        • Norte de África

        • Península Ibérica.


    A civilizaci n romana

    • Na última etapa da República conquistaron:

      • Macedonia

      • Grecia

      • Exipto


    A civilizaci n romana

    • No S.I a.C. Comezou un período de corrupción, loitas e enfrontamentos internos na República.

    • Os militares foron aumentando o seu poder e para deter a desorde formáronse triunviratos:


    A civilizaci n romana

    • PRIMEIRO TRIUNVIRATO:

      • Formárono Xulio César, Craso e Pompeio.

      • O entendemento entre eles rompeu axiña, e Xulio César foi proclamado ditador perpetuo e asumiu todos os poderes.

      • No ano 44a.C foi asasinado. @


    A civilizaci n romana

    • SEGUNDO TRIUNVIRATO:

      • Estivo formado por Marco Antonio, Octavio e Lépido.

      • Tras unha serie de guerras, Octavio fíxose co poder e no ano 27 a.C. O senado concedeulle os máximos poderes.


    3 4 o imperio

    3.4.-O IMPERIO

    • No ano 27 a.C. Iniciase unha nova etapa na historia de Roma: O Imperio.

    • Octavio Augusto foi o primeiro emperador de Roma e acumulaba todos os poderes:

      • Presidía o Senado.

      • Era o xefe do exército.

      • Dirixía a política exterior.

      • Ditaba as leis.

      • Decidía os tributos.

  • Nos séculos I e II d.C. O mundo romano alcanzou o seu máximo esplendor.


  • 3 4 a ca da do imperio romano

    3.4.- A CAÍDA DO IMPERIO ROMANO

    • A principios do S.III o mundo romano entrou en crise.

      • Producíronse revoltas sociais: tanto de militares como de campesiños.

      • Os emperadores foron perdendo poder.

      • Polo norte, os xermanos, foron invadindo as fronteiras.

      • Polo leste presionaban os persas.

  • No ano 395 o emperador Teodosio divide o Imperio en dous para facilitar a súa defensa:

    • O imperio romano de occidente (Roma)

    • O imperio romano de oriente (Constantinopla)


  • A civilizaci n romana

    • As dúas partes do Imperio evolucionaron de forma moi diferente:

      • No ano 476 os pobos invasores depuxeron ao último emperador romano de Occidente.

      • En Oriente o imperio mantívose mil anos máis, pero pasou a chamarse Imperio Bizantino.


    4 a sociedade

    4.-A SOCIEDADE.

    • A poboación do Imperio Romano dividíase en dous grandes grupos:

      • Cidadáns:

        • Podían participar en política.

        • Ser sacerdotes.

        • Iniciar causas penais.

        • Ser propietarios.

      • Non cidadáns:

        • Carecían dos dereitos antes mencionados.

        • Podían ser libres ou escravos.

        • Os escravos que recuperaban a súa liberdade convertíanse en libertos.


    A civilizaci n romana

    • As mulleres:

      • Nunca foron consideradas cidadáns.

      • Sempre estaban tuteladas por un home.

      • O papel fundamental da muller era a crianza dos fillos.

      • A pesar destas limitacións, as mulleres podían ter propiedades, rexentar negocios e participar en festas e espectáculos.


    5 a econom a

    5.-A ECONOMÍA

    • Agricultura:

      • Era a actividade básica.

      • Principais cultivos: trigo, vide e oliveira.

    • Artesanía:

      • Desenvolvíase nas cidades.

      • Os obradoiros tiñan unha pequena tenda onde se vendían os produtos.

    • Comercio:

      • Os romanos estableceron un intenso comercio, tanto dentro como fora do imperio.

      • Importaban: sedas, ámbar, peles, escravos...

      • Este importante comercio era posible grazas a :

        • Existencia dunha mesma moeda en todo o imperio.

        • A existencia dunha extensa rede de calzadas (estradas)

        • A existencia de portos.


    6 as cidades

    6.-AS CIDADES

    • As cidades eran os centros principais do imperio.

    • A maioría tiñan planta rectangular con rúas paralelas organizadas arredor de dous eixes principais:

      • Cardo: ía de norte a sur.

      • Decumanos: que ía de leste a oeste.


    A civilizaci n romana

    • No cruzamento de ambos eixes ou cerca del atopábase o foro.

    • Foro: praza centralen que se desenvolvía a vida política, cultural e social.

    • Arredor do foro situábanse os edificios máis importantes: capitolio, curia, basílica...

    • As cidades romanas estaban equipadas con todo tipo de servizos: termas, cloacas, fontes...@


    7 a arquitectura

    7.-A ARQUITECTURA

    • 7.1.-CARACTERÍSTICAS

      • Os romanos eran uns excelentes construtores.

      • As súas obras tiñan sempre un sentido práctico: destinábanse a satisfacer as necesidades da poboación.

      • Tamén adoitaban ser monumentais, e dicir moi grandes.

      • Decoraban os muros con pinturas e cubrían os chans con mosaicos (feitos con pequenas pezas de cores)

      • Van utilizar dous novos materiais:

        • O cemento

        • O formigón


    A civilizaci n romana

    • Tamén van utilizar novos elementos de construción:

      • O arco

      • A cúpula

      • A bóveda

    • Os edificios máis importantes concentrábanse no foro .


    A civilizaci n romana

    • 7.2.-PRINCIPAIS EDIFICIOS

      • Entre os edificios máis importantes destacaban os seguintes:


    A civilizaci n romana

    • A) O templo:

      • Dedicados ás divindades.

      • Onde os sacerdotes realizaban os cultos relixiosos.

      • Seguían o modelo grego, pero levantábanse sobre elevadas plataformas.


    A civilizaci n romana

    • B) A basílica:

      • Intercambios comerciais.

      • Administración de xustiza.


    A civilizaci n romana

    • C) Os anfiteatros:

      • Tiñan planta elíptica.

      • Celebrábanse combates entre gladiadores ou entre gladiadores e feras.@

    COLISEO


    A civilizaci n romana

    • D) Circo:

      • Celebrábanse as carreiras de cuádrigas de cabalos.

    Gradas

    Tribuna

    Spina


    A civilizaci n romana

    • E) Teatro:

      • Servían para as representacións de traxedias e comedias.

      • Partes:

        • Escena

        • Bancadas

        • Orquestra


    A civilizaci n romana

    • F) termas ou baños públicos:

      • Tomar baños con auga quente e fria.

      • Lugar de descanso.

      • Realizar exercicios deportivos.


    A civilizaci n romana

    • G) Acueductos: para o transporte de auga as cidades.


  • Login