Roma e o seu legado
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 44

Roma e o seu legado PowerPoint PPT Presentation


  • 79 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

Roma e o seu legado. Sinopse hist ó ri ca. 1. Introduci ón. A milenaria historia de Roma explica a profunda pegada que deixou esta civilizaci ó n que fixo exclamar a Saint-Just mil cincocentos a nos despois de desaparecer: O mundo est á vac í o despois dos romanos'.

Download Presentation

Roma e o seu legado

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


Roma e o seu legado

Roma e o seu legado

Sinopse histórica


1 introduci n

1. Introdución

  • A milenaria historia de Roma explica a profunda pegada que deixou esta civilización que fixo exclamar a Saint-Just mil cincocentos anos despoisde desaparecer: O mundo está vacío despoisdos romanos'.


Roma e o seu legado

Esquema de Historia de Roma

-753Fundación de Roma.

-754/-509Periodo da monarquía, con lexendarios reis latinos e sabinos (Rómulo, Numa Pompilio, Tulio Hostilio, Anco Marcio), e etruscos (Tarquino Prisco, Servio Tulio e Tarquino o Soberbo).

-509Comezo da República

-494Rebelión dos plebeios que se retiran ao monte Aventino para esixiren a igualdade de dereitos cos patricios.

-450 apr.Recoñecemento da igualdade civil coa elaboración dun código de leis escrito, a Lei das XII Táboas.

-300 Recoñecemento da igualdade de dereitos políticos e relixiosos entre patricios e plebeios. (Libre acceso ao Senado, ásmaxistraturas e colexios sacerdotais).

Ss.-V/-III Roma apodérase de toda a península italiana tras vencer volscos, samnitas, etruscos, galos e gregos.

-264/-146 Guerras púnicas entre Roma e Cartago.Tras estas Roma domina todo o Mediterráneo central e occidental (Hispania).

-147Conquista de Grecia.

-133/-121 Movemento reformador dos hirmáns Graco que fracasa pola oposición da aristocracia.

-82/-71Rebelión dos pobos Itálicos que reivindican a cidadanía romana. Dictadura de Sila tras vencer a Mario nunha guerra civil.Levantamento dos escravos dirixido por Espartaco.

-49/-44Primer Triunvirato: Pompeio, Craso, César. Cesar conquista as Galias.Guerra civil entre Pompeio e César. César convértese en dictador. Asasinato de César no ano -44

-42/-30Segundo triunvirato: Léido, Antonio e Octavio. Victoria de Octavio sobre Antonio en Actium. Octavio conquista Exipto.

-27/14 Comezo do Imperio. Estabelecemento do Principado. Octavio goberna co título de Augusto. Fin das guerras civís.

14/193Goberno das dinastías Xulio Claudia, dos Flavios e dos Antoninos. Periodo de case dous séculos de paz, a Pax Romana só alterada por algunhas campañas exteriores. Con Traxano (98-117) o Imperio alcanza a súa máxima extensión tras a conquista da Dacia (Rumanía).

193/284Periodo da anarquía militar: sucédense un gran número de emperadores elexidos polo exército. Presión dos pobos fronteirizos (xermanos, partos...) e crise económica. Migración desde as cidades para o campo.

284/305Reinado de Diocleciano; a Tetrarquía. Comeza o Dominado: o Imperio convértese en monarquía absoluta, mesmo se diviniza o emperador. Persecución de cristiáns

306/337Reinado de Constantino. Apoxeo do absolutismo monárqquico. Concesión de libertade de culto aos cristiáns (Edicto de Milán, 313).

379/395Reinado de Teodosio. No 391 converte o cristianismo na relixión oficial do Imperio.División do Imperio entre os seus filos (395): Occidente para Honorio e Oriente para Arcadio

476Caída do Imperio Romano de Occidente. O Imperio de Oriente mantívose até 1453.


Texto eneas recibe a orden de abandonar troia

Texto: Eneas recibe a orden de abandonar Troia.

  • Fuxe, fillo dunha deusa, fuxe e líbrate desas lapas. O enemigo ocupa a cidade. Troia derrúbase desde o seu alto cume(....).Troia confíache os seus objectos sagrados e as súas penas; tómaos como compañeiros do teu destino e busca para eles novas murallas, que fundarásdespuois de percorrer o mar.(VIRXILIO. Eneida, II)


2 as orixes

2. AS ORIXES

  • As orixes de Roma: a lenda da fundación

  • O reinado de Rómulo (-753/ -715)


2 1 as or ixes de roma a lenda da fundaci n

2.1. As orixes de Roma: a lenda da fundación

  • A Italia prerromana era un mosaico de pobos , que foran chegando desde finais do primeiro milenio e entre os que se achaban os latinos.Na primeira metade do s. -VIII algunhas tribos latinas sentíronse ameazadas e decidiron refuxiarse nos outeiros próximos ao Tíber, asociándose nunha federación que será o xermolo da futura Roma.A tradición romana atribúe a fundación da cidade no ano -753, aos xemelgos Rómulo e Remo , fillos da vestal Rea Silva e de Marte, e descendentes do heroi troiano Eneas.


2 2 o reinado de r mu lo 753 715

2.2O reinado de Rómulo (-753/-715)

  • Segundo a lenda Rómulo fundou Roma, foi o seu primeiro rei e realizou importantes innovacións . Rómulo desapareceu misteriosamente; segundo algunhas versións asasinado polos senadores que no admitían o seu excesivo poder. Posteriormente foi deificado baixo o nome de Quirinus, fillo de Marte, aínda que o seu culto nunca foi moi popular.


3 a monarqu a

3. A MONARQUÍA

  • Os reis sabinos

  • Os monarcas etruscos

    • Os etruscos en Roma


3 1 os reis sabinos

3.1 Os reis sabinos

  • Reinado de Numa Pompilio (714-672 a.C.)

  • Reinado de Tulio Hostilio (672-640 a.C.)

  • Reinado de Anco Marcio (640-616 a.C)


Reinado de numa pompilio 714 672 a c

Reinado de Numa Pompilio (714-672 a.C.)

  • Segundo a tradición, o Senado elixíu como sucesor de Rómulo o sabino Numa, home sabio e piadoso. A Numa se le atribúeselle a organización da primitiva relixión romana: regulación do culto, dos ritos adivinatorios e das funcións dos sacerdotes e colexios sacerdotais (pontifex, flámines, feciales).


Reinado de tulio hostilio 672 640 a c

Reinado de Tulio Hostilio (672-640 a.C.).

  • Ao pacífico Numa sucedeuno o belicoso Tulio Hostilio que extendeu o dominio de Roma sobre os montes Albanos tras conquistar Alba Longa. Segundo a tradición Tulio morreu aniquilado por un raio.


Reinado de anco marcio 640 616 a c

Reinado de Anco Marcio (640-616 a.C)

  • Anco Marcio extendeu o dominio de Roma até o mar, fundando na desembocadura do Tíber o porto de Ostia. Taménbaixo o seu reinado construeuse o pons Sublicius, a primeira ponte sobre o Tíber. Tras a morte de Anco Marcio chegou a Roma unha dinastía de orixe etrusca.


3 2 os monarcas etruscos

3.2 Os monarcas etruscos

  • Tarquino Prisco, el Antiguo (616-578)

  • Reinado de Servio Tulio (578-534 aC)

  • Reinado de Tarquino el Soberbio (534-509)


Tarquino prisco o antigo 616 578

Tarquino Prisco, o Antigo (-616/-578)

  • A lenda presenta Tarquino como un rei de orixe etrusca. Anco Marcio confioulle a tutela dos seus hijos e á súa morte o pobo elexíuno rei.

  • Tarquino batallou vitoriosamente coas tribus limítrofes, convertindo Roma nunha urbse introduciu en Roma os deuses e os costumes e símbolos etruscos de poder militar (fasces) e político (sela curul, toga laticlavia).


Reinado de servio tulio 578 534

Reinado de Servio Tulio (-578/-534)

  • Servio Tulio, fillo dunha esclava da Corte foi educado como un príncipe. Casado con unha filla de Tarquino, foi proclamado rei tras a súa morte. Servio Tulio elaborou a primeira Constitución política de Roma que limitou o poder da aristocracia. Ademais engrandeceu a cidade e mellorou a súa seguridade amurallando o recinto. Morreu asasinado por un grupo de patricios, entre os que se achaba a súa propia filla e o seu xenro, o futuro Tarquino o Soberbo.


Reinado de tarquino o soberbo 534 509

Reinado de Tarquino o Soberbo (-534/-509)

  • LucioTarquino subiu ao poder como Tarquino II e gobernou de forma tiránica, aínda que durante o seu reinado se ergueron numerosas obras públicas entre as que salienta o templo dedicado aXúpiter denominado Capitolio.

  • A tradición conta que o malestar dos romanos, máis que nada dospatricios, estoupou nunha revolta tras a violación da nobre Lucrecia . Por fin Tarquino fuxiu e a monarquía foi abolida.


Os etruscos e roma

Os etruscos e Roma

  • Causas da conquista: A conquista de Roma inscríbese dentro do proceso de expansión etrusca e explícase por:

    • Acharse nun punto estratéxico fácil de defender na principal ruta comercial (ámbar, metais, cereais)entre o norte e o sul de Italia.

    • Posuír unhas ricas salinas.

    • Ofrecer boas comunicaciónss a travésdo río Tíber.


Os etruscos e roma1

Os etruscos e Roma

  • Aportacións dos etruscos a Roma

    • Conversión de Roma nunha urbs mediante a integración das diferentes aldeas e unha ambiciosa política de obras públicas de tipo militar (murallas), relixioso (Capitolio), civil (Circo Máximo) e sanitario (Cloaca Máxima).

    • Reforma do exército coa incorporación da plebe e a súa organización en centurias de infantería e cabaleiría, base das posteriores lexións.

    • Introdución de elementos da súa relixiosidade (personificación dos deuses).

    • Innovacións de tipo cultural de orixe grego (alfabeto, escritura), ou propias (realismo escultórico).


Os etruscos e roma2

Os etruscos e Roma

  • Causas da expulsión dos etruscos

    • Contexto de decadencia desta civilización

    • Forte oposición dos patricios pola perda dos seus privilexios políticos.

    • Malestar da poboación co goberno tiránico de Tarquino o Soberbo.


Texto a reforma de servio tulio

TEXTO: A REFORMA DE SERVIO TULIO

  • Así pois [Servio Tulio] instituiu o censo, unha cosa utilísimaima para un goberno que habería de ser tan grande, polo que as cargas da guerra e da paz non se distribuirían de xeito individual, como antes, senón en proporción ás riquezas; entón distribuiu o pobo en clases e centurias e neste orde polo censo, algo axeitado tanto á paz como á guerra guerra.(TITO LIVIO. Historia de Roma, I)


4 a rep blica olig rquica 509 300

4. A REPÚBLICA OLIGÁRQUICA (-509/-300)

  • La expulsión dos etruscos trouxo consigo a creación dunha república oligárquica controlada polos patricios. 


  • Pero os plebeios formaban un grupo cada vez máisnumeroso e próspero que esixía a igualdade de dereitos. No ano -494 rebelaronse retirándose ao monte Aventino.

  • A ameaza de fundaren unha nova cidade e a necesidade de apoios financieiros e militares na súa política de expansión por Italia obrigou os patricios a un progresivo recoñecemento da igualdade de dereitos dos plebeios que se completou no ano -300.


4 1 a igualaci n de dereitos entre plebeios e patricios

4.1 A IGUALACIÓN DE DEREITOS ENTRE PLEBEIOS E PATRICIOS

  • A igualdade civil

    • Creación dun Código de leis escrito (Lei das Doce Táboas, -452) que impedía a manipulación da lei por parte dos patricios.

    • Autorización dos matrimonios mixtos entre patricios e plebeios (Lei Canuleia, -445).

  • A igualdade política

    • Acceso a todas as maxistraturas e ao Senado.

    • Creación dunha nova maxistratura (Tribunos da plebe, -493), encargada de defender os dereitos dos plebeios.

  • A igualdade relixiosa

    • Acceso aos colexios sacerdotais. Incluso ao cargo de Pontifex Maximus (-300).


5 a expansi n de roma 509 133

5. A EXPANSIÓN DE ROMA (-509/-133)

  • A CONQUISTA DE ITALIA

  • A CONQUISTA DO MEDITERRÁNEO

  • AS GUERRAS CON CARTAGO, AS “GUERRAS PÚNICAS”


5 1 a conquista de italia

5.1 A CONQUISTA DE ITALIA

  • Os romanos explicaron o inicio da sñua expansión pola necesidade de protexerse dos ataques dos pobos viciños.

  • Os avances foron lentos e con algunhas derrotas que chegaron a aameazar a supervivencia da propria Roma.

  • O control de Italia non se completou até o -265 coa ocupación das colonias gregas da Magna Grecia.


5 2 1 a conquista do mediterr neo occidental

5.2.1 A CONQUISTA DO MEDITERRÁNEO OCCIDENTAL

  • A conquista do Sul da Italia por Roma ameazaba a hexemonía de Cartago no Mediterráneo, desencadeando pouco despois as “Guerras Púnicas” (-246/-146).

  • A derrota de Cartago, favorecida pola vitoria de Escipión sobre Aníbal, permitiu a Roma ocupar todo o Mediterráneo central e occidental incluíndo o suleste da Galia, norte de Áfeica, Sicilia, Córcega e o zona mediterránea de Iberia (-133)


5 2 2 a conquista do mediterr neo oriental

5.2.2 A CONQUISTA DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL

  • Rematada a conquista do Mediterráneo Occidental, a expansión polo Mediterráneo Oriental u nicamente se pode explicar por ambicións imperialistas.

  • Os reinos helenísticos foron conquistados progresivamente:

    • primeiro Macedonia e Grecia (-147),

    • despois Siria e Asia Menor (-129)

    • e por fin Exipto por Octavio (-30)

  • Así, a fins do século -I o mediterráneo veu a ser un lago romano, até o extremos de chamáreno “Mare Nostrum”.


5 3 as guerras con cartago as guerras p nicas

5.3 AS GUERRAS CON CARTAGO, AS “GUERRAS PÚNICAS”

  • Desde o s. -IV e como consecuencia da descomposición da civilización grega e do Imperio de Alexandre Magno, Cartago mantiña unha posición hegemónica no Mediterráneo que se viu ameazada coa conquista por Roma do sul de Italia.

  • O dominio da illa de Sicilia foi o desencadeante do conflito que enfrentaría ambas potencias nas tres Guerras Púnicas (-264/-146).


5 3 1 as tres guerras p nicas

5.3.1. As tres “Guerras Púnicas”

  • Na Primeira Guerra Púnica, tras moitos avatares os romanos derrotaron os cartaxineses e obtiveron Sicilia.

  • Durante a Segunda Guerra Púnica (-218/-201) Italia estivo ocupada 10 anos polo xeneral cartaxinésAníbal, incluso Roma viuse asediada e estivo a punto de perecer. Pero  Escipión destruiu o poder de Aníbal en África, na batalla de Zama (-202). Tras a guerra os cartaxineses cederon Hispania e África a Roma.

  • Finalmente, na Terceira Guerra Púnica (-149/-146), Cartago foi arrasada e os seus dominios convertidos en ager publicus de Roma.


6 a crise republicana 133 31

6. A crise republicana (-133/-31)


Roma e o seu legado

  • Os principais beneficiarios da expansión territorial romana foron os ricos comerciantes plebeios e, máis que naada, as grandes familias patricias (optimates) que recibiron imensos latifundios traballados por escravos.


Roma e o seu legado

  • Non obstante, a guerra arruinou os labregos pobres que se viron na obriga de emigrar.

  • Roma convertiuse nunha gran urbe cunha numerosa plebe empobrecida que sobrevivía gracias aos repartos do Estado, a traballos ocasionais ou á súa actividade como clientes.


Baixo este contexto suced ronse as guerras sociais desde o s ii

Baixo este contexto sucedéronse as guerras sociais, desde o s.-II:

  • Intentos de reforma agraria dos irmáns Graco a mediados do s. -II.

  • Levantamento dos pobos itálicos polo dereito completo de cidadanía (-91/-89).

  • Revolta de escravos liderada por Espartaco (-73/-71).


O axitado final da rep blica romana

O axitado final da República romana.

  • A incapacidade das institucións republicanas para garantizar a paz social xunto coas ambicións persoais precipitaron o fin da República entre ditaduras, triunviratos e guerras civís.


Roma e o seu legado

  • Guerra Social entre Mario y Sila (-90/-88).

  • Dictadura de Sila (-82/-80).

  • Asesinato de César (-44).

  • Sucesión de triunviratos:

    • O primeiro triunvirato (-59/-48) entre Pompeio, Craso e César rematou co poder en mans de César logo dunha guerra civil con Pompeio.

    • Asasinato de César (-44).

    • Tras o asasinato formouse o segundo triunvirato (-43/-31) entre Octavio, Lépido e Marco Antonio.

  • O triunfo de Octavio (-31) sobre Marco Antonio logo dunha nova guerra civil, permitiulle a liquidación do réxime republicano e o estabelecemento do Principado co que se iniciou o período imperial.


7 o alto imperio 31 476

7. O Alto Imperio (-31/476)

  • Características políticas.

  • Expansión territorial.

  • A pax romana.

  • Dinastías e emperadores.


7 1 caracter sticas pol ticas

7.1 Características políticas.

  • O novo sistema político creado por Augusto basouse na autoridade persoal do soberano lexitimada polo mantemento formal das institucións republicanas.

  • Ademais para evitar rifas polo trono, o emperador elexía o seu sucesor, polo xeral un familiar (agás tras o goberno de emperadores tiránicos como Nerón ou Domiciano, que elexiu o exército).

  • Este sistema de goberno explica que se formasen auténticas dinastías como as dos Xulio Claudios, Flavios e Antoninos .


7 2 expansi n territorial segue durante o alto imperio

7.2 Expansión territorial: segue durante o alto imperio.

  • No norte, a fronteira quedou fixada na liña Reno-Danubio, tras as conquistas de Xermania (Augusto) e a Dacia.

  • No sur, posúen o norte de África até o Sahara.

  • No oeste, a fronteira sitúase en Escocia nas Illas Británicas (Claudio e Nerón).

  • No leste, chegan até a Mesopotamia (Traxano).


7 3 a pax romana

7.3 A pax romana.

  • Este período de estabilidade, seguridade e prosperidade é coñecido como a época da pax romana.

  • O Alto Imperio foi tamén un momento de esplendor construtivo (Panteón de Agripa, Coliseo) e de escritores (Virxilio, Horacio, Apuleio, Marcial), filósofos (Séneca), historiadores (Tito Livio, Suetonio e Tácito) ou naturalistas (Plinio).

  • Durante este período as rexións conquistadas asimilaron a lingua e costumes de Roma nun proceso coñecido como romanización.

  • Todos os habitantes do imperio considerábanse membros dunha mesma civilización por riba de localismos.


7 4 dinast as e emperadores do alto imperio

7.4 Dinastías e emperadores do alto imperio


8 o baixo imperio romano 193 476

8. O Baixo Imperio romano (193/476)

  • A crise do século III.

  • O Dominado.

  • O final de Roma.

  • Dinastías e emperadores do Baixo Imperio até a división do imperio.


8 1 a crise do s c iii

8.1 A CRISE DO SÉC. III

  • Ao longo do s. III o imperio entrou nun periodo de anarquía no que se sucederon os emperadores elexidos polo exército.

  • A dificultade para gobernar un territorio tan extenso, a belicosidade dos pobos fronteirizos, a crisis económica e as ambicións persoais dalgúns militares desencadearon un proceso de inestabilidade e decadencia.


8 2 o dominado

8.2 O Dominado

  • A finais do s. III a situación obligou ao emperador Diocleciano a dividir o Imperio en catro zonas con cadanseu emperador colexiado: tetrarquía.

  • Non obstante, a presión dos pobos fronteirizos era imparábel. Polo leste independizáronse os partos, mentres que no norte e no oeste os xermanos invadían e saqueaban algunhas zonas do Imperio.

  • O Imperio convirtiuse nunha monarquía absoluta (Dominado) que chegou mesmo á divinización do emperador.

  • A principios do s. IV a situación seguía a ser tan precaria que o emperador Constantino trasladou a capital desde Roma á antiga Bizancio rebautizada como Constantinopla.

  • A pobreza e inseguridade do Baixo Imperio provocou un desmantelamento da civilización romana na rexión occidental que pasou de urbana, comercial e pagana, a rural, autosuficiente e cristiana.


8 3 o final de roma

8.3 O final de Roma

  • No ano 395, o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus 2 fillos polo temor a que os problemas da parte norte e occidental se extendesen por todo o Imperio. Teodosio deixou ao seu primoxénito Arcadio Oriente, e ao seu fillo máis novo Honorio, Occidente.

  • A parte occidental foise desintegrando en numerosas nacións gobernadas por pobos xermanos. Finalmente, no ano 476 Odoacro conquistou Roma poñendo fin ao Imperio.

  • Mentres tanto o Imperio romano de Oriente seguía a ser unha zona rica, poboada e estábel que sobreviviu co nome de Imperio Bizantino durante case mil años máis, aínda que o seu período de máximo esplendor foi no s. VI baixo o emperador Xustiniano.


8 4 dinast as e emperadores do baixo imperio

8.4 Dinastías e emperadores do baixo imperio.


  • Login