1 / 32

ESPAZOS NATURAIS Río Eo

ESPAZOS NATURAIS Río Eo. Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada.

nibaw
Download Presentation

ESPAZOS NATURAIS Río Eo

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ESPAZOS NATURAIS Río Eo

  2. Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada. É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos: a costa rochosa de mar aberto fora da ría de Ribadeo, a ría, o esteiro e o río Eo cos seus afluentes. É unha zona de gran interese para o descanso das aves invernantes. LIC, ZEPVN: “RÍO EO” EXTENSIÓN: 781,13 ha CONCELLOS: Ribadeo Meira, A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Trabada, Riotorto. ZEPA “RIBADEO” DATA: 12-1-1990 SUPERFICIE: 614 ha CONCELLOS: Ribadeo, Trabada Humidal RAMSAR: “RÍA DO EO” (563,44 ha) VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, esteiro, río, aves acuáticas...

  3. O río Eo nace en Fonteo (Baleira) e percorre 79 km, compartidos en parte con Asturias, ata desembocar na ría de Ribadeo onde forma un amplo esteiro. Os seus afluentes pola dereita son o Rodil,o Bidueiro e o Turia, e pola esquerda o Martín, o Lúa, o Xudán, o Riotorto, o Carreirachá e o Trabada. Conserva unha boa e variada flora e fauna acuática e de ribeira con bosques mixtos de amieiras, salgueiros, freixos, carballos... É dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Tamén hai lampreas e cangrexos de río.

  4. O Eo en Montefurado (Ribeira de Piquín)

  5. O Eo Ribeira de Piquín

  6. O Eo no couto de Salmeán (A Pontenova)

  7. O Eo na Pontenova

  8. Área recreativa A Choza, na ría de Abres (Trabada)

  9. O Eo en Trabada

  10. Esteiro do Eo

  11. Esteiro do Eo

  12. O río Rodil nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo.

  13. Antes de xuntarse o Eo e o Rodil circulan paralelos en sentido contrario separados por un lombo rochoso que foi perforado para facer pasar a auga do Rodil e mover este muíño situado á beira do Eo.

  14. O río Turia nace en Asturias e xúntase co Eo na Pontenova

  15. Herba salgueira e carrizos no esteiro do Eo

  16. Carrizos e salgueiros

  17. Amieira (Alnus glutinosa), unha árbore totalmente dependente da auga.

  18. Herba porqueira (Eupatorium cannabinum)

  19. (Filipendula ulmaria), florece en beirais e lugares húmidos.

  20. Ra patilonga (Rana tiberica). Vive nas beiras dos rios limpos e con corrente.

  21. A Ría de Ribadeo ten forma alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de anchura media) e está limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar no que abondan as sebas, os xuncos, os carrizos e as canaveiras. Boca da ría de Ribadeo

  22. Esteiro do Eo. Os esteiros son lugares onde bule a vida, onde existe unha gran variedade de plantas e animais especialistas en soportar os cambios que se producen varias veces ao día.

  23. Cantís do oeste da ría de Ribadeo

  24. Pena Furada, na boca da ría de Ribadeo

  25. Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo, no linde do espazo.

  26. A ría de Ribadeo, acolle importantes poboacións de aves acuáticas invernantes. Destaca o número de especies pouco comúns noutras áreas como o pato asubiador (Anas penelope), o pato rabudo (Anas acuta), o mazarico real (Numenius arquata), o mergullón de pescozo negro e o bilurico escuro (Tringa erythropus). Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BidLife). Patos rabudos (Anas acuta),

  27. Bilurico bailón (Actitis hypoleucos). Percorre as beiras do esteiro buscando invertebrados para alimentarse

  28. Exemplar xuvenil de lavanco real (Anas platyrrhynchos). Os alavancos crían entre a vexetación dos tramos lentos dos ríos e nas beiras dos esteiros.

  29. Garza real (Ardea cinerea)

  30. Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta

More Related