Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 55

Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos PowerPoint PPT Presentation


  • 63 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos. ÍNDICE DE CONTIDOS. 1. MEMORIA E ORZAMENTO PARA ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA PROXECTO PRODUTIVOS 2. PLAN ECONÓMICO E FINANCEIRO 3. CASO PRÁCTICO. BLOQUE 1.

Download Presentation

Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos


Ndice de contidos

ÍNDICE DE CONTIDOS

1.MEMORIA E ORZAMENTO PARA ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA PROXECTO PRODUTIVOS

2. PLAN ECONÓMICO E FINANCEIRO

3. CASO PRÁCTICO


Bloque 1

BLOQUE 1

1.MEMORIA E ORZAMENTO PARA ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA PROXECTO PRODUTIVOS


1 1 presentaci n xeral e experiencia dos promotores do proxecto

1.1. Presentación xeral e experiencia dos promotores do proxecto

  • Como mínimo deberá indicarse:

    - Información de carácter xeral de cada un dos promotores (NIF, pobación, código postal, enderezo, teléfono…)

    - Empresa de nova creación (<6 meses)

    - Colectivo o que pertenzan os promotores (xente do sector pesca-mar, xente nova, mulleres, colectivos en risco de exclusión social).

    - Información sobre a formación dos promotores

    - Información profesional

    - Experiencia empresarial

    - Traxectoria da empresa (se esta xa esta constítuida)

A MAIORÍA DOS PROXECTOS PRESENTADOS PRESENTAN ESTA INFORMACIÓN INCOMPLETA

COMO MÍNIMO DEBERÍAMOS CONTAR CO CURRICULUM DOS PROMOTORES (EN CASO DE EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN) OU DA TRAXECTORÍA DA EMPRESA (EN CASO DE SER UNHA SOCIEDADE)


1 2 obxectivos do proxecto

1.2 Obxectivos do proxecto

Os obxectivos xerais estarán referidos ao crecemento esperado, á facturación susceptible de acadar , a creación do propio posto de traballo, a creación dunha nova liña de negocio, autoemprego …ect

OBXECTIVOS XERAIS NON É UNHA DESCRICIÓN DO PRODUTO OU SERVIZO QUE VAI A OFERTAR A EMPRESA COMO SE PRESENTA NA MAIORÍA DOS PROXECTOS


1 3 breve descrici n do proxeto

1.3 Breve descrición do proxeto

Trátase de facer un breve resumo da evolución do proxecto dende que se orixinou a idea ata que esta se concretou na presente memoria, resaltando o tempo que se necesitou para madurar a idea ata alcanzar o grao de desenvolvemento actual . Para iso, pode axudarnos responder as seguintes cuestións:

  • ¿Como se orixinou a idea?

  • Tempo transcorrido dende a súa orixe e accións que se levaron a cabo

  • ¿Como se integrou os diferentes membros do equipo?

  • Principais problemas xurdidos

  • Contactos e investigación que se realizaron

  • POLO TANTO NON É UNHA DESCRICIÓN DO PRODUTO/SERVIZO


1 4 aspectos innovadores do proxecto

1.4 Aspectos innovadores do proxecto

Neste apartado se debe reflectir os elementos innovadores do proxecto empresarial así como as diferenzas que estes supoñen fronte á competencia.

Neste sentido, cabe lembrar que un proxecto é innovador cando incorpora algún elemento novo ou mellorado, diferente ao resto dos competidores, dentro do ámbito territorial no que se vaia competir.

SE O PROXECTO NON É INNOVADOR NON É NECESARIO CUMPRIMENTAR ESTE APARTADO


1 5 xustificaci n da viabilidade do proxecto a cinco anos

1.5 Xustificación da viabilidade do proxecto a cinco anos

Será necesario remarcar os aspectos que consideremos esenciais para xustificar a viabilidade do noso proxecto a cinco anos, destacando:

  • Puntos fortes

  • Aspectos máis atractivos deste

  • Argumentación da súa coherencia interna

  • Identificación e posibles solucións dos riscos que poden xurdir

NON CONSISTE EN POR E COMENTAR ÚNICAMENTE OS RESULTADOS ECONÓMICOS NOS 5 PRIMEIROS ANO DE ACTIVIDADE, PARA ESTO XA ESTA A CONTA DE RESULTADOS


1 6 breve descrici n da contorna

1.6 Breve descrición da contorna

Neste apartado temos que concretar as variables sociais, económicas, medioambientais, culturais do proxecto etc. dende unha perspectiva centrada sempre no sector pesqueiro.

Hai que recordar que as axudas do FEP están destinadas á mellora da calidade de vida das zonas de pesca, eixe sobre o que pivota toda a estratexia de diversificación das actividades do sector.


1 7 contribuci n do proxecto ao desenvolvemento do sector pesca mar e do territorio

1.7 Contribución do proxecto ao desenvolvemento do sector pesca mar e do territorio

  • Neste apartado deberase indicar como o proxecto ten en conta e contribúe á diversificación económica do sector pesca-mar, ben a través do aproveitamento dos seus recursos, ou ben integrando na cadea de aprovisionamento empresas deste sector.

  • Un exemplo deste caso pode ser o aproveitamento das empresas do sector pesca-mar no desenvolvemento turístico do territorio. Outro exemplo pode ser o desenvolvemento dun proxecto de comercialización de produtos do mar, ou novos aproveitamentos de produtos do mar, ou a creación dunha empresa de deportes náuticos.


2 1 localizaci n prevista e criterios de elecci n

2.1 Localización prevista e criterios de elección

  • Indicar cantos centros de traballo se prevén crear

  • As localidades onde se situarán (incluíndo a dirección do emprazamento)

  • Ámbito de actuación da empresa (local, comarcal, rexional, nacional ou internacional)

  • Razóns que levan a elección do emprazamento


2 2 descrici n de terreos edificios e instalaci ns

2.2 Descrición de terreos, edificios e instalacións

  • Avaliación das necesidades reais de infraestruturas (terreos, locais e oficinas, instalacións

  • Razóns pola que este investimento é necesario


3 1 descrici n e definici n do proceso de prestaci n do produto servizo

3.1 Descrición e definición do proceso de prestación do produto/servizo

  • Descrición do produto e servizo

    • ¿Que problema/s soluciona o seu produto ou servizo?

    • ¿A que necesidade do cliente responde?

    • ¿A que tipo de produto ou servizo responde?

    • ¿Que se está ofrecendo exactamente?

    • ¿Que é o innovador do produto ou servizo?

    • ¿Que problema(s) soluciona o seu produto o servizo?

    • ¿A que necesidade do cliente responde?

    • ¿A que tipo de produto ou servizo responde?

    • ¿Que se está ofrecendo exactamente?


3 1 descrici n e definici n do proceso de prestaci n do produto servizo1

3.1 Descrición e definición do proceso de prestación do produto/servizo

  • Definición do proceso de produción

    • Actividades requiridas para producir o ben ou prestar o servizo

    • Secuencia de actividades no proceso produtivo

    • Tempos requiridos para levar a cabo a actividade


3 2 consideraci ns t cnicas sobre el proceso de produci n ou prestaci n do servizo

3.2 Consideracións técnicas sobre el proceso de produción ou prestación do servizo

  • Determinar que o nivel de tecnoloxía é adecuado para o proxecto.

  • Definir alternativas de tecnoloxía demostrando que segundo os recursos do proxecto se fixo a mellor elección.

  • Capacidade de innovar do sistema de produción

  • Velocidade con que se suceden as innovacións tecnolóxicas no ámbito empresarial onde se vai desenvolver a nosa actividade

  • Facilidade de adquirir a tecnoloxía

  • Aspectos técnicos especiais


3 3 principais provedores sistema de aprovisionamento subcontrataci ns e consideraci n lox sticas

3.3 Principais provedores, sistema de aprovisionamento, subcontratacións e consideración loxísticas

Identificar os provedores cos que se vai traballar, indicando:

  • Situación

  • Tipo de materia prima

  • Canle de subministracións

  • Prezos

  • Forma de pagamento

  • Acordos de exclusividade

  • Cota de mercado

  • Como traballan

  • Puntos fortes e febles

  • Como os valora o mercado

  • Razóns de elección sobre outros provedores


3 3 principais provedores sistema de aprovisionamento subcontrataci ns e consideraci n lox sticas1

3.3 Principais provedores, sistema de aprovisionamento, subcontratacións e consideración loxísticas

  • Sistema de aprovisionamento

    • Volumes de pedido

    • Prazo de entrega

    • Forma de pago

    • Facilidades de compra e.

  • Subcontratacións

    • Sinalaranse cales son e os subcontratistas previstos.

  • Consideracións loxísticas

    Indicarse calquera outro tipo de actividade necesaria para a obtención e administración de materias primas e compoñentes, así como o manexo de produtos terminados, o seu empaque e a súa distribución aos clientes.

    Tamén debemos indicar se a empresa ten previsto colaborar con empresas locais e de que xeito será esa colaboración


3 4 sistema de calidade previsto

3.4 Sistema de calidade previsto

Determinar cales van ser os sistemas de control de calidade que se ten previsto aplicar, dende a solicitude do pedido por parte do cliente ata a súa entrega


3 5 valoraci n do custo de produci n ou de prestaci n do servizo

3.5 Valoración do custo de produción ou de prestación do servizo

Neste apartado deben enumerarse os gastos en materiais ou gastos directos asociados a cada produto ou servizo que prestará a empresa (se o número de produtos/servizos é elevado, estes deben agruparse por familias ou liñas de produtos/servizos). A suma total de custos de produción deben coincidir cos expostos na conta de resultados do apartado custo de fabricación das vendas do anexo do plan económico e financeiro.


Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

4.1 Breve análise da situación do sector de actividade. Tamaño do sector, crecemento, tendencias no sector etc

  • ¿Cal é o tamaño do sector?

  • ¿Cal é o grao de intensidade competitiva?

  • ¿Cales son os factores críticos de éxito do sector?

  • ¿Como estamos situados en relación cos devanditos Factores?

  • Se é fácil abandonar a actividade

  • Se é fácil entrar no sector

  • Se a actividade é estacional

  • ¿Que ocorre dentro do propio sector que pode levarnos a un cambio relevante na nosa capacidade de competir?

SOPORTAR OS DATOS CON ALGÚN TIPO DE FONTE DE CARÁCTER SECUNDARIO


4 2 principais competidores e produtos substitutivos

4.2 Principais competidores e produtos substitutivos

Indicar a seguinte información sobre a competencia:

  • Localización

  • Prezos

  • Canles de distribución utilizadas

  • Formas de comercialización

  • Cota de mercado

  • Tipo de clientes

  • Se todos os competidores entenden o negocio de xeito similar

    Produtos substitutivos

  • Debemos indicar que outros produtos substitutivos existen ou poden existir no mercado ao que se dirixe o noso produto/servizo.


  • Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

    4.3 Vantaxes competitivas e calidades distintivas do produto/servizo. Aspectos diferenzas fronte á competencia

    • O deseño do produto/servizo

    • As características técnicas do produto/servizo

    • O servizo de entrega

    • A documentación técnica

    • O servizo de postvenda

    • A calidade

    • O coñecemento de determinadas tecnoloxías

    • As relacións con determinados axentes do mercado obxectivo

    • O coñecemento dun proceso

    • O acceso a unha canle de distribución


    4 4 clientes potenciais e mercado ao que se dirixe cota de mercado prevista ao longo do tempo

    4.4 Clientes potenciais e mercado ao que se dirixe. Cota de mercado prevista ao longo do tempo

    • ¿A que segmento/s de mercado se vai dirixir o produto/servizo?

    • ¿Cantas persoas constitúen o mercado potencial?

    • ¿Como se poderá ampliar a cantidade de clientes?

    • ¿Quen coñece os produtos/servizos que se van ofertar? ¿A cantas persoas se vai ofertar?

    • ¿Como estimas que será o crecemento na demanda do meu produto/servizo nos vindeiros cinco anos?


    4 5 sistema de distribuci n e comercializaci n previsto

    4.5 Sistema de distribución e comercialización previsto

    • A través de canles propias de distribución (puntos de vendas propios, axentes propios etc.)

    • A través de empresas de transportes

    • Axentes externos ou comisionistas

    • Franquías

    • Vendedores por xunto

    • Correo directo

    • Centro de chamadas

    • Internet

    • Alianza con empresas que dispoñan de servizos/produtos complementarios

    • Outros distribuidores tecnolóxicos


    4 6 acci ns de publicidade e promoci n

    4.6 Accións de publicidade e promoción

    • Publicidade clásica a través de anuncios en televisión, radio, revistas, publicacións especializadas etc.

    • Mercadotecnia directa a través de correo, teléfono, internet etc.

    • Relacións públicas

    • Exposición e feiras

    • Visitas personalizadas a clientes


    4 7 determinaci n do prezo de venda pol tica de prezos

    4.7 Determinación do prezo de venda. Política de prezos

    • Respecto á política de prezos, deberemos comentar a posición da oferta no mercado.

      • Demanda

      • Custos

      • Beneficios

      • Competencia


    4 8 estimaci n de vendas

    4.8 Estimación de vendas

    Neste apartado haberá que determinar a demanda e os ingresos anuais esperados por produto/servizo ou por grupos/liñas destes. A través do sumatorio do cadro de vendas obteranse os ingresos totais que posteriormente se trasladarán á conta de resultados no apartado de vendas. A suma total das vendas deben coincidir cos expostos na conta de resultados do apartado vendas do anexo do plan económico e financeiro.


    5 1 postos de traballo xerados co proxecto

    5.1 Postos de traballo xerados co proxecto

    • Persoas contratadas do sector pesca/mar

    • Emprego total e indefinido

    • Emprego por conta propia e emprego por conta allea

    • Contratación de persoas desempregadas e/ou de acceso a primeiro emprego

    • Emprego feminino (% de mulleres)

    • Emprego de colectivos en risco de exclusión social

    OS POSTOS DE TRABALLO EXPOSTOS NESTE PUNTO TEÑEN QUE SER COMO MÍNIMO OS DESCRITOS NO COMPROMISO DE CONTRATACIÓN


    5 2 organigrama do proxeto

    5.2 Organigrama do proxeto

    Neste apartado haberá que definir a estrutura, a relación das distintas áreas que compoñen a empresa.


    5 3 implicaci n da xente do mar no desenvolvemento do proxecto

    5.3 Implicación da xente do mar no desenvolvemento do proxecto

    Neste apartado deberase indicar como o proxecto ten en conta a integración laboral da xente do sector pesca-mar, a través da integración dos recursos humanos deste sector noutros sectores de actividade, favorecendo así a diversificación económica do territorio e das persoas que nel viven.


    6 1 determinaci n da f rmula xur dica

    6.1 Determinación da fórmula xurídica

    Haberá que indicar cal vai ser a forma xurídica da futura empresa (empresario individual, comunidade de bens, cooperativa, sociedade limitada etc.), mencionando as razóns polas que se optou por esta forma.


    6 2 autorizaci ns e permisos necesarios para inicio de actividade

    6.2 Autorizacións e permisos necesarios para inicio de actividade

    Deberanse citar todos os trámites necesarios que cómpre realizar para implantar legalmente a empresa como o centro/s de negocio.


    6 3 patentes marcas ou licenzas colaboraci n con entidades de i d i

    6.3 Patentes, marcas ou licenzas. Colaboración con entidades de I+D+i

    • Neste apartado deben incluírse as condicións nas que se presentou ou se presentaría a marca, patente ou contrato de licenza. No caso das patentes, é conveniente realizar unha descrición básica do produto, mecanismos, procesos, materiais etc. Tamén é necesario indicar se está prevista a colaboración con algún centro de I+D+i, ben a nivel de aproveitamento de coñecemento para desenvolver o produto/servizo ou ben como actividade de futuro para desenvolver novos produtos/servizos.


    Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

    6.4 Normativa sectorial que regula o desenvolvemento da actividade e medidas para garantir o cumprimento desta

    Cómpre citar a normativa de caracter sectorial que afecta directamente a actividade da empresa, indicando cales son os seus efectos nesta.


    Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

    7.1 Indicar as principais actividades que se van realizar no marco do programa do Fondo Europeo de Pesca, así como o nivel de investimentos ou recursos en cada fases

    • O cronograma debe ser o máis realista posible.


    8 1 aproveitamento de recursos end xenos e factores produtivos da zona

    8.1 Aproveitamento de recursos endóxenos e factores produtivos da zona

    Indicarase o aproveitamento de recursos específicos do territorio onde se sustenta o GAC, por exemplo, a utilización de materias primas ou recursos turísticos específicos


    Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

    8.2 Impacto do proxecto: impacto sobre o territorio económico, social, nos concellos, medioambiental ou cultural

    Indicarase o impacto do proxecto na vertebración social do territorio, a relación co tecido asociativo, a incidencia en valores culturais ou, en xeral, como contribúe ao desenvolvemento económico, social ou medioambiental do territorio


    8 3 igualdade de oportunidades e inclusi n de colectivos en situaci n de desvantaxe social

    8.3 Igualdade de oportunidades e inclusión de colectivos en situación de desvantaxe social

    Inclusión do promotor ou dos postos de traballo xerados no marco do proxecto en colectivos desfavorecidos, polo que esta circunstancia será valorada positivamente, e segundo as concrecións que o PEZ de cada grupo realice. Tamén se valora positivamente a incidencia na figura do promotor da igualdade de oportunidades, especialmente das mulleres.


    Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

    8.4 Outra información de interese sobre aspectos específicos do plan estratéxico zonal que permitan a valoración do GAC

    • En especial deberá xustificarse o aliñamento do proxecto cos obxectivos do PEZ do territorio no que se implanta o proxecto e, en xeral, calquera información que o promotor considere de interese de acordo co PEZ.


    Bloque 2

    BLOQUE 2

    2. PLAN ECONÓMICO E FINANCEIRO


    1 plan de investimentos

    1. Plan de investimentos

    • Neste apartado detallaranse os investimentos necesarios para o desenvolvemento do proxecto. Incluiranse exclusivamente os investimentos reais vinculados directamente co proxecto.

      EN CASO DE SER UNHA EMPRESA DE NOVA CREACIÓN, OS ELEMENTOS AQUÍ REFLECTIDOS TERÁN QUE COINCIDIR COS DESCRITOS NO PUNTO 2.2 DESCRICIÓN DE TERREOS, EDIFICIOS E INSTALACIÓNS. ADEMAIS, HABERÁ QUE ENGADIR O EQUIPO PRODUTIVO PARA O SEU DESENVOLVEMENTO.


    2 plan de financiamento

    2. Plan de financiamento

    Haberá que determinar as fontes económicas das que se obterán os fondos necesarios para financiar o plan de investimentos.

    Neste apartado haberá que cubrir os seguintes puntos:

    • Fontes de financiamento

    • Financiamento alleo

    • Subvencións


    Xornada para cubrir correctamente a memoria en proxectos produtivos

    2.1 Información sobre as fontes de financiamento que se empregarán para exectuar os investimentos previstos

    HABERÁ QUE INDICAR PARA TODOS OS ANOS OS IMPORTES E PORCENTAXE SOBRE O INVESTIMENTO TOTAL DE CADA PARTIDA DE AUTOFINANCIAMENTO E DE FINANCIAMENTO EXTERNO; A SÚA SUMA DARÁ O RESULTADO TOTAL DE FINANCIAMENTO.

    NON DEBE FIGURAR NESTE APARTADO A SUBVENCIÓN DO PROPIO GAC. O PROMOTOR DEBERÁ TER PREVISTO ALGÚN TIPO DE FONTE ALTERNATIVA EN CASO DE QUE BEN O NON SE CONCEDA A SUBVENIÓN OU BEN NON POLO PORCENTAXE QUE ESTE SOLICITA

    O IMPORTE DO RESULTADO TOTAL DE FINANCIAMENTO TEN QUE SER COMO MÍNIMO O RESULTANTE NA TÁBOA DE INVESTIMENTOS

    EN CASO DE SER MAIOR (ASPECTO +) COMENTAR NO APARTADO COMENTARIOS E CONSIDERACIÓNS SOBRE O PLAN DE FINANCIAMENTO QUE SE TEN PREVISTO FINANCIAR CON ESE EXCEDENTE


    2 2informaci n sobre financiamento externo prestamos

    2.2Información sobre financiamento externo: prestamos

    DEBESE CUBRIR TODOS OS APARTADOS DA TÁBOA. AS CONDICIÓNS ESPECIFICADAS DEBEN SER REALISTAS (ACORDES A REALIDADE DO MERCADO).

    ESTE APARTADO PODERÁ ESTAR EN BRANCO ÚNICAMENTE NOS CASOS NO QUE O PROXECTO SEXA FINANCIADO INTEGRAMENTE POLO PROMOTOR/ES DO PROXECTO.

    EN CASO DE SOLICITAR UN PRÉSTAMO SUBVENCIONADO (ICO, IGAPE), DEBERÁ INDICARSE NO APARTADO TIPO DE PRÉSTAMO. TENDO QUE SER AS CONDICIÓNS ESPECIFICADAS ACORDES O TIPO DE PRÉSTAMO SUBVENCIONADO.

    EN CASO DE TER UN COMPROMISO FIRMADO COA ENTIDADE OU APROBACIÓN DO PRÉSTAMO SUBVENCIONADO POR PARTE DO ORGANISMO CORRESPONDENTE DEBERÁ INDICARSE NO APARTADO COMENTARIOS E CONSIDERACIÓNS SOBRE O PLAN DE FINANCIAMENTO. ACHEGANDO COPIA DO MESMO.


    2 3 subvenci ns

    2.3 Subvencións

    • A INFORMACIÓN AQUÍ APORTADA DEBE SER COMPLETA


    3 custes fixos

    3. Custes fixos

    A INFORMACIÓN APARTADA NESTA TÁBOA DEBE SER ACORDE CO RESTO DA INFORMACIÓN APORTADA NO RESTO DA MEMORIA DO PROXECTO. Así os datos en publicidade deberán reflectir o custe económico do descrito no apartado 4.6 Accións de promoción e publicidade (publicidade), 5.1 Postos xerados co proxecto (gastos de persoal), 7 Cronograma temporal para a posta en marcha, 1. Investimentos (amortizacións), 2 Plan de financiamento ( gastos financeiros)

    A INFORMACIÓN DEBE SER O MAIS REALISTA POSIBLE. En caso de que por algunha razón esta son corresponda con prezos de mercado deberá indicarse no apartado COMENTARIOS E CONSIDERACIÓNS SOBRE A TÁBOA DE CUSTES FIXOS

    OS CUSTES REFLECTIDOS SON SEN IVE

    DEBERÁ TERSE EN CONTA O EFECTO INFLACIÓN O LONGO DOS 5 ANOS

    EN CASO DE QUE A EMPRESA ESTE EN FUNCIONAMENTO DEBEN IMPUTARSE OS CUSTES DE PERSOAL VINCULADOS DIRECTAMENTE O PROXECTO

    A INFORMACIÓN EXPOSTA NA TÁBOA DEBE SER COMPLETA


    4 conta de resultados provisional

    4. CONTA DE RESULTADOS PROVISIONAL

    A INFORMACIÓN APORTADA DEBE SER COMPLETA

    DEBE GARDAR RELACIÓN CO RESTO APARTADO DO PLAN ECONÓMICO E FINANCEIRO E DOS INGRESOS E CUSTES DE FABRICACIÓN DESCRITOS DO ANEXO DA MEMORIA

    EN CASO DE QUE O PROXECTO PRESENTE PERDAS NALGÚNS DOS 5 PRIMEIROS ANOS DEBERÁN INDICARSE COMO SE VAN A FINANCIAR NO APARTADOCOMENTARIOS E CONSIDERACIÓNS GLOBAIS SOBRE A CONTA DE RESULTADOS


    4 conta de resultados provisional1

    4. CONTA DE RESULTADOS PROVISIONAL

    DEFINICIÓNS:

    • Vendas: vendas de produtos que se corresponden coa actividade principal.

    • Custos de fabricación das vendas: compra de materias primas ou mercancía para a súa posterior venda.

    • Marxe bruta: a diferenza entre as vendas e o custo das vendas.

    • Gastos comerciais: son os gastos relacionados coa a comercialización do produto ou servizo: comisións, salario dos vendedores etc.

    • Gastos de distribución: son os gastos relacionados coa distribución e a entrega de produtos / servizos aos clientes.


    4 conta de resultados provisional2

    4. CONTA DE RESULTADOS PROVISIONAL

    OUTROS GASTOS é a suma de:

     Servizos exteriores

     Impostos

     Gastos de persoal

     Amortizacións

     Provisións

    = B.A.I

    BENEFICIO ANTES DE INTERESES E IMPOSTOS (BAII): DIFERENZA ENTRE A MARXE BRUTA – (GASTOS COMERCIAIS + GASTOS DE DISTRIBUCIÓN + OUTROS GASTOS).

    GASTOS RECOLLIDOS NA TÁBOA DE CUSTES FIXOS POLO QUE O IMPORTE REFLECTIDO NO APARTADO “OUTROS GASTOS” DA CONTA DE RESULTADOS TEN QUE SER COMO MÍNIMO O RESULTANTE DO SUMATORIO TOTAL DA TÁBOA DE CUSTES FIXOS.


    Bloque 3

    BLOQUE 3

    CASO PRÁCTICO


    Caso pr ctico

    CASO PRÁCTICO

    A memoria de proxecto “X” presenta os seguintes datos:

    - Investimento: 60.000 €

    - Investimento amortizable: 40.000 €(Amortizables o 100% nos 5 primeiros anos)

    - Durante este período, os ingresos por vendas anuais serán de 80.000 €, estimando un crecemento anual do 5%

    - Inflación estimada : 3%

    - Os custos de servizos exteriores son de 10.000 €

    - Custo de persoal (incluía a seguridade social a cargo da empresa): 15.000 €

    - Pago impostos (lixo, IBI , circulación ect): 500 €

    - Os custos variables: Se estiman nun 45% das vendas

    - Taxa de imposto de Sociedades é dun 20 %

    - A taxa de desconto é dun10 %

    - O emprendedor solicita un préstamo coas seguintes condicións:

    Importe: 20:000 €

    Prazo de amortización: 5 anos

    Tipo de xuro: 9%

    ¿É UN PROXECTO VIABLE?


    Caso pr ctico1

    CASO PRÁCTICO

    • ¿Que información relevante dende o punto de vista financeiro non aporta o emprendedor?

    • ¿Cal e o esquema que debemos seguir para demostrar a viabilidade económico -financeira deste proxecto?


    Caso pr ctico2

    CASO PRÁCTICO

    • O esquema para a resolución do caso será o seguinte:

      1) Cálculo da Conta de Resultados

      2) Cálculo do VAN

      3) Cálculo do TIR


    Definici ns

    DEFINICIÓNS

    • VAN: É un indicador financeiro que mide os fluxos futuros que terá un proxecto, para determinar, si o descontar o investimento inicial, teríamos algunha ganancia. Si o resultado é positivo, o proxecto é viable.

    • Beneficio Neto Actualizado: é o monto resultante do fluxo de caixa total do proxecto, pero convertido a un valor actual a través dunha taxa de desconto.

    • Taxa de desconto: é unha taxa de oportunidade, rendemento o rendibilidade mínima, que se espera gañar, polo tanto, cando o investimento resulta maior que o Beneficio Neto Actualizado (VAN negativo o menor que 0) é porque non se satisfai dita taxa. Cando o Beneficio Neto Actualizado é igual ó investimento (VAN é igual a 0) é porque se cumpriu con dita taxa. E cando o Beneficio Neto Actualizado é maior que o investimento é porque cumpriuse con dita taxa e ademais, xenerouse unha ganancia ou beneficio adicional.

    • TIR: É unha taxa de desconto de un proxecto de investimento que permite que o Beneficio Actual Neto sexa igual o investimento (VAN igual a 0). A TIR é a máxima taxa de desconto que pode ter un proxecto para que sexa rendible, pois unha maior taxa ocasionaría que o Beneficio Actual Neto sexa menor que o investimento (VAN menor que 0)


  • Login