1 / 50

O ENTROIDO

ETIMOLOXÍA: o nome de entroido procede do latín “introitus” que significa entrada, polo que ou ben facía referencia á entrada do ano novo, ou ben da primavera. O ENTROIDO. ORIXE: Autores como Vicente Risco asígnanlle unha orixe prehistórica polos rituais e prácticas primitivos.

hedwig
Download Presentation

O ENTROIDO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ETIMOLOXÍA: o nome de entroido procede do latín “introitus” que significa entrada, polo que ou ben facía referencia á entrada do ano novo, ou ben da primavera. O ENTROIDO

  2. ORIXE: Autores como Vicente Risco asígnanlle unha orixe prehistórica polos rituais e prácticas primitivos. O ENTROIDO

  3. Outros asígnanlle unha orixe celta polos debuxos das máscaras antigas. O ENTROIDO

  4. Algúns din que proceden das festas celebradas a Saturno na antiga Roma e das festas en honor a Baco (deus do viño e das enchentas). O ENTROIDO

  5. Na tradición cristiá é a “entrada á coresma”, tempo onde non se vai poder comer carne. O ENTROIDO

  6. A palabra Carnaval procede de "carnelevarium", que significaba “quitar la carne” . O ENTROIDO

  7. De aí que sexa o momento de comer a encher antes desta etapa de coresma. O ENTROIDO

  8. Coresma:corenta días antes da Semana Santa O ENTROIDO

  9. Os máis tradicionais son os da provincia de Ourense. O ENTROIDO

  10. E os tres máis coñecidos son os de... O ENTROIDO Xinzo de Limia Laza Verín

  11. E outros como... O ENTROIDO Castro Caldelas Maceda Allariz Vilariño de Conso Viana do Bolo Sarreaus Bande

  12. A figura máis antiga e máis profunda do entroido é o peliqueiro de Laza. O ENTROIDO PELIQUEIROS

  13. Adoitan percorrer as rúas e as aldeas, facendo estruendo coas chocas (campás), e recibindo agasallos, normalmente filloas (freixós ou bolas na sartén). O ENTROIDO

  14. Tamén reparten vergallazos cun pau á xente que se mete con eles ou lles impiden o paso. Son intocables e anónimos. O ENTROIDO

  15. O TRAXE O ENTROIDO

  16. O nome de peliqueiros vén dado pola pel, “pelica”, que lles cubre a cabeza detrás da máscara O ENTROIDO

  17. Outros personaxes tradicionais do entroido son os CIGARRÓNS de Verín. O ENTROIDO CIGARRÓNS

  18. As PANTALLAS sonde Xinzo de Limia. O ENTROIDO

  19. Levan unha capa e cintos con campaíñas e botas. Levan vexigas inchadas (de porco ou de vaca) que golpean para facer un ruído de medo. O ENTROIDO

  20. Adoitan percorrer as rúas do pobo dando brincos e botando berros roncos para meter medo. Cando bailan coas mulleres, cambian de voz. O ENTROIDO

  21. Aos coñecidos que collan sen disfraz, lévanos a unha taberna para que lles paguen unha ronda. O ENTROIDO

  22. OSO DE SALCEDO: personaxe do entroido propio da parroquia de Salcedo. O ENTROIDO

  23. O disfraz está feito con peles de animais buscando a semellanza cun oso que vai asustando á xente. Está acompañado por uns "criados”. O ENTROIDO

  24. Estes criados perseguen á xente e cando collen un, lévanllo ao oso para que o emporque con borralla (cinza). O ENTROIDO

  25. O ENTROIDO Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña Outra celebración típica é a baixada da MORENA, que é un disfraz de vaca con careta de madeira.

  26. XENERAL: personaxe do entroido da comarca do Ulla. O ENTROIDO

  27. Vai montado a cabalo e viste un uniforme militar moi adornado, con moitas medallas. Establecen "combates verbais", chamados atrancos. O ENTROIDO

  28. Os combates “atrancos” son a base de coplas de rima asonante en castrapo. Cada un intenta que sexan máis intelixentes que as do enimigo… O ENTROIDO General, general, non vengha con valentías, generales coma este, los como todos los días. Avanza caballo mío por riba desa muralla y atropalla al enemigho que siempre nos asoballa.

  29. MADAMAS e GALÁNS: personaxes típicos do entroido, especialmente de Cangas e Vilaboa. O ENTROIDO

  30. Mulleres e homes extremadamente adobiados e sofisticados. Traxes cunha base branca adornados con colares de cores e un sombreiro moi rechamante con flores, plumas e abelorios. O ENTROIDO

  31. O BOTEIRO de Vilariño de Conso, disfraz moi vistoso con moitísimo traballo e con moitas cores. O ENTROIDO

  32. En Vigo está a figura do “merdeiro” dende os anos 20 do século XX. Adoitaban ser mariñeiros disfrazados que refregaban ás súas vítimas de peixe apodrecido. Nace do enfrentamento entre mariñeiros e labregos. O ENTROIDO

  33. VOLANTES de Chantada. Teñen un gran colorido onde destaca o vermello e o amarelo, levan un cinto con campaíñas. O ENTROIDO

  34. O Calendario do antroido O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  35. Domingo fareleiro: en varios pobos, sobre todo en Xinzo de Limia, lánzanse fariña (farelos: salvado con fariña). O ENTROIDO Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Domingo de Entroido Domingo de Piñata

  36. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña O domingo cacheleiro faise unha comilona a base de cacheira (cachola ou cachucha).

  37. No xoves de comadres todo o mundo se vistirá de muller e no xoves de compadres todos irán de homes. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  38. Os xoves de compadres e de comadres fanse tamén bonecos para ridiculizar ao sexo contrario. Establécese unha guerra de sexos que remata coa queima dun boneco, que homes ou mulleres tentarán rescatar. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  39. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Formigas Domingo de Piñata Borrallada O domingo corredoiro fanse a batallas de farrapos enlamados e de borralla. En LAZA botan formigas, que enfadan primeiro meténdoas en vinagre.

  40. No domingo oleiro, lánzanse olas de barro algunhas cheas de fariña, caramelos... A quen lle rompa ten que invitar a viño. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido

  41. Domingo de Antroido ou Festa Maior: desfile dos persoaxes, carrozas, disfraces, etc. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  42. O martes de entroido é o último día e téntase revivir o domingo con desfiles, carrozas e comparsas, etc. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  43. Mércores de ceniza remátase cun xuízo onde sempre sairá culpable. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  44. CULPABLE de tanta festa, CULPABLE por tanta troula, CULPABLE de tantas enchentas e de tanto desmadre... O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Domingo de Piñata Martes de Entroido Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  45. E remata ese MÉRCORES DE CINZA coa “procesión de loito” e a “queima do meco”. O ENTROIDO Xoves de Compadres Xoves de Comadres

  46. Nalgúns pobos ou cidades, sobre todo os que están á beira do mar, fan o enterro da sardiña, acompañados dunha comitiva de choronas e plañideiras. En Pontevedra é o enterro de Ravachol (un loro). O ENTROIDO Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Domingo de Entroido Domingo de Piñata Mércores Cinza, queima do meco ou enterro da sardiña

  47. Pero queda tempo para unha última saída e unha última comida É o domingo de Piñata, o final definitivo. O ENTROIDO Domingo Fareleiro ou Borralleiro Xoves de Compadres Domingo Corredoiro ou Cacheleiro Xoves de Comadres Domingo de Entroido Martes de Entroido

  48. Ese día adóitase dedicar principalmente aos máis pequenos. Xogan á piñata. O ENTROIDO Xoves de Compadres

  49. O ENTROIDO FIN

More Related