A narrativa dos anos 60
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 9

a Narrativa dos anos 60 PowerPoint PPT Presentation


  • 147 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

a Narrativa dos anos 60. Nova Narrativa Galega. A narrativa dos anos 60. De 1960 a 1975 distinguimos tres pólas na narrativa: ETAPA DE MADUREZ : Publican agora obras de madurez: Cunqueiro ( Escola de menciñeiros ), Blanco Amor ( Xente ao lonxe ) e Fole ( Contos da néboa ).

Download Presentation

a Narrativa dos anos 60

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


A narrativa dos anos 60

a Narrativa dos anos 60

Nova Narrativa Galega


A narrativa dos anos 601

A narrativa dos anos 60

De 1960 a 1975 distinguimos tres pólas na narrativa:

  • ETAPA DE MADUREZ:

    • Publican agora obras de madurez:

      • Cunqueiro (Escola de menciñeiros),

      • Blanco Amor (Xente ao lonxe) e

      • Fole (Contos da néboa).

  • CONSOLIDACIÓN DA NARRATIVA REALISTA:

    • Reflicte a vida da época: como unha crónica novelada do que pasaba en Galicia e na emigración.

    • Neira Vilas

  • A NOVA NARRATIVA GALEGA


A nova narrativa galega

A Nova Narrativa Galega

  • Aparece nos anos 60.

  • Busca romper co ruralismo e as técnicas narrativas tradicionais.

  • Publican na colección Illa Nova (ed. Galaxia)

  • Son novelas e relatos que dan un novo aire á nosa narrativa.

  • Iníciase con Nasce un árborede Gonzalo R. Mourullo e remata con Adiós María (1971) de Xohana Torres.


Os autores

Os autores

  • Gonzalo R. Mourullo:

    • foi o máis destacado nun primeiro momento.

    • Nasce un árboree Memorias de Tains.

  • María Xosé Queizán, Méndez Ferrín, Carlos Casares,Xohana Torres

  • Camilo G. Suárez Llanos (Camilo Gonsar):

    • Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día(1962), Cara a TimesSquare(1980), A desfeita (1983), A noite da aurora(2003)

  • Xohán Casal: O camiño de abaixo (1970)


Puntos xeracionais com ns

Puntos xeracionais comúns:

  • Non viviron directamente a guerra civil.

  • Teñen formación universitaria.

  • Coñecen os movementos literarios europeos.

  • Influenciados por Kafka, Faulkner, James Joyce e o nouveau roman francés.

  • Compromiso coa lingua galega.


Caracter sticas da n n g

Características da N.N.G.

  • Abordan novos temas:

    • Problemas existenciais (expresan o absurdo da existencia).

    • Mestura do real e o onírico, incorporando o mundo do subconsciente: traumas, pesadelos, soños (Freud).

    • Personaxes anónimos, marxinais, violentos, desequilibrados.

    • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.

    • Foxen da localización concreta do espazo.


A narrativa dos anos 60

  • Introducen cambios formais:

    • Pluralidade de voces narradoras.

    • Ruptura da linealidade temporal, alternando planos temporais.

    • Ollada obxectalista (descrición fría de persoas e obxectos, como se fose unha cámara de cine).

    • Emprego de espazos sen referente inmediato coa realidade.

    • Predomina o monólogo interior ou fluír da consciencia (reflectir o pensamento).


Textos

TExtos


Cara a times square camilo gonsar

Cara a TimesSquare, Camilo Gonsar

Os tolos gozan hoxe de boa prensa; son publicamente admirados case como homes que chegaron a un estado superior, desde o que poden ver ata onde a vista dos cordos non alcanza, e tamén son publicamente compadecidos como víctimas inocentes da crueldade da nosa organización social. Eu non nego nada de isto; o que si nego é que, en xeral, as historias feitas ou protagonizadas por tolos me gusten, porque nada teño que ver, nin tan sequera como amateur, coa cura ou a investigación da loucura, nin, a verdade sexa dita, me inspiran os tolos ningunha simpatía especial.     Certo que hai outros tolos, como D. Quixote ou o capitán Ahab, xustamente elevados á categoría de símbolos permanentes da humanidade; pero eran falsos tolos, ou eran tolos sólo segundo a opinión de xentes ou de mentes vulgares.     Total, o que lle quero dicir é que a historia que lle vou contar nada ten que ver co mundo da loucura. En outro caso, non se me tería ocorrido sometela á súa consideración.     Pero xa é tempo de ir sen máis aos feitos:     Eu pasara aquela tarde bebendo whisky ( ou whiskey) en diferentes bares do GreenwichVillage cun vello inmigrante amigo meu.     Os dous eramos do mesmo País -un deses pequenos e desgraciados países que levan séculos desangrándose, vertendo ríos de emigrantes nos portos americanos.     O GreenwichVillage, de ordinario, relacionámolo con mozos rebeldes, bohemios, artistas, turistas e demais, e non con vellos inmigrantes. Pero dábase o caso de que o meu compañeiro fora propietario anos atrás dun restaurant ou algo así neste barrio e era, polo tanto, un experto nel, un coñecedor de tódolos seus secretos e da súa vida subterránea.


  • Login