1 / 24

TEMA 11: ESPAÑA NO FRANQUISMO (I)

TEMA 11: ESPAÑA NO FRANQUISMO (I). 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA. DITADURA MILITAR UNIPERSOAL. PARTICIPACIÓN DA SOCIEDADE NA VIDA PÚBLICA. • Nacionalismo español • Catolicismo • Fascismo. • Movemento Nacional • Sindicato Vertical • Sección Feminina

Download Presentation

TEMA 11: ESPAÑA NO FRANQUISMO (I)

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. TEMA 11: ESPAÑA NO FRANQUISMO (I)

  2. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA DITADURA MILITAR UNIPERSOAL PARTICIPACIÓN DA SOCIEDADE NA VIDA PÚBLICA • Nacionalismo español • Catolicismo • Fascismo • Movemento Nacional • Sindicato Vertical • Sección Feminina • Organización Xuvenil Española • Mando único • Obediencia á autoridade • Unidade da patria • Eliminación da oposición • Tradicionalismo

  3. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA

  4. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA FRANCO, CAUDILLO DE ESPAÑA Salvador da patria en perigo Crítica á falta de liberdades, censura, represión Elixido por Deus • Lentitude na toma de decisións • Católico • Anticomunista • Monárquico Apoio incondicional do EXÉRCITO

  5. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA UN REINO SEN REI Lei de Sucesión, 1947 Xoán de Borbón Xoán Carlos I Príncipe herdeiro, 1969 «Todo quedaba atado e ben atado» Monarquía inspirada nos principios franquistas OU Monarquía tradicional borbónica

  6. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA PRINCIPIOS DO RÉXIME MOVEMENTO NACIONAL UNIDADE DA PATRIA CENTRALISMO Unica formación política permitida • Supresión das Autonomías • Control da administración local • Persecución dos particularismos • Único idioma permitido: Castelán • Nacionalcatolicismo • Sometemento dos individuos á nación • Intervencionismo social

  7. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA NACIONALCATOLICISMO Cruzada Xustificación do réxime Caudillo pola graza de Deus Franco Igrexa Concordato, 1953 MUTUO APOIO • Potenciación do catolicismo • Capacidade de adquisición de bens • Devolución de parte do desamortizado • Ensino • Control do matrimonio, moral CAMBIO na década dos 60 (Lei de liberdade relixiosa, 1967)

  8. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA ÁMBITO LABORAL SINDICALISMO VERTICAL (Organización Sindical do Movemento) Lei de unidade sindical 1940 Foro do Traballo 1938 Mellora da vida dos traballadores Ilegalización dos sindicatos existentes Ámbitos • Campesiñado • Artesanal - Industrial • Marítimo

  9. Lei sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940): “Tres son os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista prevista polo Fuero del Trabajo, reflexo fiel da organización política do Novo Estado, a saber: Unidade, Totalidade e Xerarquía. Haberá, pois, segundo precepto do Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales serán encadrados todos os factores da economía por ramas da produción ou servizos. Artigo primeiro.-A Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única recoñecida con personalidade suficiente polo Estado, quen non admitirá a existencia de ningunha outra con fins análogos ou similares”.

  10. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA LIMITACIÓN DE DEREITOS INDIVIDUAIS Foro dos españois, 1945 DEBERES DEREITOS • Fidelidade á patria • Lealdade a Franco • Obediencia ás Leis Fundamentais • Servizo Militar Obrigatorio • Pago de tributos • Mantemento da unidade espiritual e nacional • Individuais (opinión, residencia, reunión, asociación) • Sociais (educación, seguro social) NON EXERCIDOS na práctica Imposición de férrea CENSURA

  11. Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945): “Art. 1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana, recoñecendo o home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular de deberes e dereitos (...). Art. 2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e obediencia ás leis (...). Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin manifestacións externas que as da relixión católica (..) Art. 10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (..) Art. 12.-Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais do Estado”.

  12. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA A muller na casa. O home é o rei. A muller, os fillos, as axudas, os necesarios complementos para que o home alcance a súa plenitude (…). Desde que o mundo é mundo, o varón ten xa asignada por Deus a primacía, a súa misión de crear, de imperar; a da muller, compartir. O home nace para mandar; se algunha vez a muller manda, é un estado transitorio ou secundario; a misión fundamental asignada a ela e as súa vocación é outra. Por iso a Sección Feminina, desde os seus comezos, viu como algo importantísimo, e como o mellor servizo que prestar á patria, a formación da muller para a casa, como compañeira do home. Pilar PRIMO DE RIVERA. Discurso, 1941 Concepto católico de FAMILIA Unidade social fundamental SECCIÓN FEMININA SUBORDINACIÓN da Muller • Pasividade política • Nula participación pública • Formación como amas de casa • Sometemento a pais e maridos CAMBIO a partir de 1960

  13. 1. BASES E APOIOS Á DITADURA FRANQUISTA ACEPTA como órganos de representación • Familia • Concello • Sindicato REXEITA • Parlamentarismo • Partidos políticos DEMOCRACIA ORGÁNICA Lei de Cortes (1942) Criterios de elección dos concellos • Cabezas de familia • Concelleiros electos • Sindicatos Lei de Referendo (1945) Lei Orgánica do Estado (1967) Criterios de elección dos procuradores • Franco • Por razón de cargo • Sindicatos Barniz democrático Barniz democrático á elección de procuradores «Por Deus, por España e ás ordes de Franco»

  14. Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942): “Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (...), o órgano que se crea significará, á vez que un eficaz instrumento de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha institución máis sistemática do poder (...). Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do Estado. Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a) Os ministros. b) Os conselleiros nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c) O Presidente do Consello do Estado (...). d) Os representantes dos sindicatos Nacionais. e) Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (...). f) Os Reitores das Universidades (...). i) Aquelas persoas que pola súa xerarquía eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servizos a España, designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta”.

  15. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 FLUCTUACIÓN do APOIO de Franco aos Fascismos II Guerra Mundial 1941 1943 1940 1939 Cruzada contra o comunismo Non belixerancia Neutralidade Neutralidade Comunicación persoal División azul Entrevista con Mussolini. Bordighera 12-2-1941 Entrevista con Hitler. Hendaia 23-10-1940

  16. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 ILLAMENTO INTERNACIONAL 1945 - 1953 Expulsión de organismos internacionais Conferencia de Potsdam 1945 Cambio coa Guerra Fría 1947 ONU (Resolucións de 1946) Aliado anticomunista Apoio multitudinario a Franco en España Progresiva reintegración

  17. En decembro de 1946, a Asemblea Xeral da ONU condena o réxime de Franco: “A) Pola súa orixe, natureza, estrutura e comportamento xeral, o réxime de Franco é um réxime fascista, organizado e implantado en grande parte mercede á axuda da Alemaña nazi e da Italia fascista de Mussolini. B) Durante a longa loita das Nacións Unidas contra Hitler e Mussolini, Franco prestou unha axuda moi considerable ás potencias inimigas, malia as continuas protestas dos aliados (...). A Asemblea Xeral, convencida de que o Goberno fascista de Franco en España (...) non representa ao pobo español (...), recomenda que se prohiba ao Goberno de Franco pertencer aos organismos internacionais creados polas Nacións Unidas ou relacionados con elas (...). Así mesmo, a Asemblea recomenda que todos os Estados membros das Nacións Unidas retiren inmediatamente os embaixadores e ministros plenipotenciarios que teñen acreditados en Madrid”.

  18. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 • Confesionalidade católica • Obrigatoriedade do ensino católico • Matrimonio eclesiástico • Leis de acordo co catolicismo Concordato coa Santa Sede 1953 Bienvenido Mister Marshall. 1953 CONCEDE Axuda económica RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL 1953 - 1959 Pacto cos EE UU OBTÉN Bases militares Visita de Eisenhower a Madrid. 1959 • ONU • FMI • Banco Mundial 1955 REINGRESO Independencia de Marrocos 1956 Visita Eisenhower 1959

  19. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 Agricultura Descenso da produción Contrarreforma agraria Instituto Nacional de Colonización Lei de concentración parcelaria AUTARQUÍA ECONÓMICA (1939 - 1950) Diminución das importacións Impulso da produción interior Industria Intervencionismo estatal Restricións investimentos estranxeiros Instituto Nacional de Industria (INI) OBXECTIVO Evitar dependencia exterior

  20. «Fundamentos e directrices dun Plano de saneamento da nosa economía, harmónico coa nosa reconstrución nacional» (1939), por Francisco Franco: O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, doutra maneira, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente vai vigorizar a economía dos países exportadores (...) Imponse á nosa política comercial no exterior: 1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables. 2º. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución. 3º. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos. 4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas”.

  21. O historiador J. L. García Delgado valora así a política autárquica: “O significado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do franquismo ten unha dobre dimensión: por unha banda, supón o remate do proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España durante o último tercio do século XIX e o primeiro do XX; por outra banda, ocasiona o ancheamento da fenda que separa a traxectoria de España respecto á de outros países europeos; unha diferencia que, en ritmos de crecemento e de produto real por habitante, se amplía enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se sitúa nese decenio dos anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia económica e contemporánea, coa cruenta eliminación dos partidos políticos e organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fixación de salarios, con mutilación das liberdades individuais e a perda, nuns casos, e marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable. En suma, o fracaso económico correu entón paralelo á regresión política e social”.

  22. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 Transportes Creación da RENFE AUTARQUÍA ECONÓMICA (1939 - 1950) Control do comercio interior/exterior Redución das importacións Carestía Resultados Reforma Fiscal Contribucións directas Creación da Contribución de Usos e Consumos INEFICACIA Distribución das cartillas de racionamiento (1939 - 1952)

  23. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 INICIOS DE LIBERALIZACIÓN ECONÓMICA (1950 - 1959) Cambios DEMOGRÁFICOS RECUPERACIÓN Primeiras PROTESTAS obreiras • Excedentes agrícolas • Acordos cos EE UU Aumento da natalidade Redución da poboación activa agraria Éxodo rural Fundación da SEAT Barcelona, 1951 Subida do prezo do tranvía Entrada de tecnócratas no Goberno (1957)

  24. 2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959 Exilio republicano. Xaneiro 1939 Chegada do Sinaia a Veracruz. Primeiro buque en levar gran número de refuxiados a México Éxodo de antifranquistas Refuxio republicano en MÉXICO REPRESIÓN Mantemento no exilio do Goberno republicano Campos de concentración nazi en FRANCIA Un Goberno sen país Guerrilla antifranquista Presos republicanos en Mauthausen «Nenos da guerra» practicando ximnasia nunha «casa de nenos españois» na URSS Refuxio republicano na URSS Maquis en Galicia

More Related