1 / 21

Curros Enríquez

Curros Enríquez. Unha proposta didáctica. Armando Requeixo. Vida. Vida. Infancia e mocidade Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova , vila do sur de Ourense próxima á capital. Veu ao mundo o 15 de setembro de 1851 e foi o cuarto fillo de Xosé María Curros Vázquez e Petra Enríquez.

cooper
Download Presentation

Curros Enríquez

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Curros Enríquez Unha proposta didáctica Armando Requeixo

  2. Vida Vida

  3. Infancia e mocidade Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova, vila do sur de Ourense próxima á capital. Veu ao mundo o 15 de setembro de 1851 e foi o cuarto fillo de Xosé María Curros Vázquez e Petra Enríquez. Seu pai, que era notario de profesión, foi unha persoa autoritaria e violenta de quen acabaron por fuxir todos os seus fillos. Súa nai, pola contra, era unha persoa moi humana e agarimosa. O cariño e lembranza que o escritor lles profesaría serían, xusto por iso, diametralmente opostos. Os seus primeiros estudos cursounos na súa vila natal, pero sendo aínda un rapaciño comezaría xa a traballar na notaría de seu pai como axudante. O seu proxenitor era moi estrito e intransixente e os continuos reproches que dedicaba ao seu fillo acabaron por atormentalo de tal maneira que, cando tiña só quince anos, marchou da casa para irse a Ourense e, dende alí, a Madrid, onde foi vivir cun irmán maior. En Madrid un paisano seu, Modesto Fernández González, vai converterse no seu conselleiro e protector. Este alto funcionario de Facenda, xornalista e mecenas de artistas e escritores, vai animalo a que conclúa os seus estudos de bacharelato primeiro e a que se matricule na Universidade para facer Dereito despois. Vista xeral da Praza Maior de Celanova Estes anos vividos por Curros Enríquez en Madrid sendo adolescente van ser moi importantes na conformación da súa personalidade, pois alí adquirirá a súa formación política, intelectual e literaria. Aínda estando lonxe da Terra, non esqueceu nunca a Galicia. Proba disto é que en 1869, contando tan só con dezasete anos, escribiu a súa primeira poesía en galego, titulada “Cántiga”, composición de amores románticos que chegou a ser moi popular e que logo foi musicada por Chané -quen tamén puxo música a outros poemas seus- e Xoán Montes.

  4. Nese mesmo ano redactou tamén un longo poema narrativo en castelán que non publicou ata cinco anos despois: El Maestre de Santiago. Esta obra, foi, nalgunha medida, un antecedente dun célebre poema do autor que escribiría algún tempo despois: “A Virxe do Cristal”. durante sete meses, ao cabo dos cales regresaría para a casa dos pais en Celanova, onde os seus constantes enfrontamentos con seu pai farían que pronto volvese marchar outravolta para Madrid. Un ano máis tarde –e malia á vontade contraria de seu pai– decide casar con Modesta Vázquez Rodríguez, natural de Puebla de Sanabria, en Zamora, e filla dun reputado xuíz daquel lugar. Entre Madrid e Ourense Perfectamente instalado xa na capital do Estado, Curros vai centrar no xornalismo a súa actividade fundamental. Dende os seus artigos dedicarase a espallar a ideoloxía persoal e social que sempre defendeu: o progresismo, o republicanismo, o federalismo, o laicismo anticlerical (que non o ateísmo) e, a cada paso máis, o seu galeguismo xenuíno. A partir de 1873 –ano en que nacería o seu primeiro fillo o tamén escritor Adelardo Curros Vázquez–, o poeta estreitou o seu vínculo con Galicia e coa nosa lingua, pasando a converterse nun dos seus máis rexos defensores. Por este tempo, ademais, Curros comezaba xa a ser un dos poetas galegos máis respectados e admirados, o que explica que o tamén poeta ourensán Valentín Lamas Carvajal quixese contar con el como colaborador no xornal El Heraldo Gallego, que era Vista xeral de Madrid no século XIX co Manzanares en primeiro termo En 1870, tendo dezanove anos, Curros xa colaboraba asiduamente na prensa madrileña da época. Xustamente por mor dun artigo de tema político publicado entón parece que se viu obrigado a marchar a Londres para evitar represalias sobre a súa persoa. Alí parece que Curros permanecería

  5. daquela un dos principais voceiros dos dereitos históricos e culturais de Galicia. Neste mesmo sentido de defensa e promoción da realidade cultural galega, cofunda xunto a outros persoeiros galegos en Madrid a sociedade Galicia Literaria, co obxecto de promover un foro de debate e de difusión da nosa literatura e dos ideais republicanos federalistas nos que militaban a maioría dos membros desta sociedade: Francisco Añón, Victorino Novo, Teodosio Vesteiro Torres… O carácter combativo e de dura dialéctica que Curros gastaba nos seus artigos periodísticos vaille reportar problemas de despedimentos e, polo tanto, estreiteces económicas para a súa familia. Namentres padecía esta delicada situación volve aparecer na súa vida un amigo de vello, Modesto Fernández González, que o convence para que se presente ao Certame Poético de Ourense que instituíu para galardoar aquel poeta que mellor cantase en tres composicións unha tradición, un tipo enxebre e mais un costume galegos. Como o premio estaba ben dotado economicamente, Curros anímase a concursar e escribe os textos “A Virxe do Cristal” (tradición), “O gaiteiro” (tipo enxebre) e “Unha voda en Einibó” (costume), cos que gaña o premio en 1877. Estes poemas ben pronto se fixeron moi coñecidos O gaiteiro, tipo popular poetizado por Curros aínda lle reportarían maior notoriedade e popularidade a Curros, e, sobre todo, abriríanlle a porta á súa contratación como empregado na Delegación de Facenda de Ourense, a onde marcha vivir coa súa familia. Os anos da grande poesía 1880 é un ano decisivo na vida do escritor Curros Enríquez, por unha banda morre súa nai, feito que sumirá ao poeta nunha profunda tristura. Por outra, publícase o seu primeiro libro de poemas en galego, Aires da miña terra, que é tamén unha das obras clave do Rexurdimento galego e un dos textos máis importantes da literatura galega de todos os tempos.

  6. O libro non vai pasar desapercibido e o bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo Rodríguez, comunícalle ao Gobernador Civil que certos poemas supoñen unha aldraxe para varios dogmas da relixión católica. Seis días despois o bispo publica un edicto condenatorio do libro, que foi lido nesa data no ofertorio da misa de todas as igrexas da diocese. Como consecuencia da denuncia do bispado, o xuíz Manuel Mella Montenegro procesa a Curros, pero, aínda que nun primeiro momento o escritor é condenado a dous anos e catro meses de prisión e unha multa de 250 pesetas da época, un posterior recurso fará que Curros sexa absolto. Contrariamente ao que desexa o bispo, a súa denuncia vai resultar dun efecto publicitario extraordinario e en pouco tempo esgótase a primeira edición, polo que o poemario en 1886 xa ía na terceira edición e acabou por facerse tan tan coñecido que os paisanos tiñan aprendidos versos del de memoria. Iso si, todo este problema coa publicación do seu primeiro libro de versos en galego vai complicarlle a súa vida laboral ao ser expulsado do seu posto de funcionario de Facenda en Ourense, polo que terá que solicitar de novo a axuda do seu protector Manuel Fernández González quen lle conseguirá un emprego no Concello de Madrid, cidade á que regresa en 1883 volvendo tamén a colaborar na prensa daquela cidade, onde mesmo chegou a ser redactor xefe en 1887 da cabeceira El Pais. En 1888 aparece a segunda das grandes obras poéticas galegas de Curros, O divino sainete, sátira maxistral contra a igrexa católica que centra nos ataques ao seu poder temporal e a súa vergoñenta riqueza a súa razón de ser. A estas alturas, o celanovés é xa o escritor galego vivo máis popular, máis incluso que a propia Rosalía de Castro, a quen tanto admirou e a quen dedicou un fermoso e inmorredoiro poema precisamente titulado “A Rosalía”. Froito desta popularidade sería o feito de que a súa celebridade Primeira edición de Aires da miña terra de 1880

  7. faga que a súa obra traspase fronteiras, sendo os seus textos traducidos ao castelán e catalán. Amais, recibe premios, é coroado poeta polo Centro Galego de Madrid (1893) e a súa obra dá nome a sociedades da emigración (así La Tierra Gallega da Habana, fundada en 1885, da que o escritor foi presidente honorario). A aventura cubana e o adeus En 1893 escribe a súa obra máis ambiciosa e lograda en castelán, o Estudio biográfico-político de Eduardo Chao, pero pronto a súa vida persoal e laboral vaino arrastrar a unha situación límite: o seu matrimonio, con alifafes dende había tempo, comeza a naufragar e o seu traballo no xornal El País pasa por serios problemas. En consecuencia, Curros decide dar un novo xiro á súa vida e en 1894 embarca para a emigración americana, elixindo como destino A Habana. Xa chegado á capital insular funda e dirixe a revista La Tierra Gallega, que acaba desaparecendo dous anos despois por no poder saldar o pagamento das fortes multas que lle impoñen por sancións derivadas de denuncias feitas contra textos vertidos na publicación. Inmediatamente despois de pechar La Tierra Gallega Curros pasa colaborar na redacción do Diario de la Marina, un ben importante periódico de Cuba, e acaba por romper en 1896 os lazos coa colonia emigrada organizada ao redor do Centro Galego, pois non comprende a mesquindade nin os desprezables intereses polos que se moven os pequenos caciques que dirixen aquela institución. En 1904 Curros viaxa a Galicia por derradeira vez. A súa Terra vaille tributar unha homenaxe nacional coroándoo poeta na cidade da Coruña o 21 de outubro dese ano e erixíndolle unha estatua conmemorativa. En Galicia pasaría sete meses, logo dos cales retorna a Cuba. Monumento a Curros dos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña

  8. Con cincuenta e tres anos, o poeta séntese vello e acabado: a reuma préndeo grandemente nos seus movementos, a asma afógao e a familia e a súa profesión de xornalista tráeno moitas veces de cabeza. O 7 de marzo de 1908, na Clínica Covadonga do Centro Asturiano da Habana morre o poeta. O seu cadáver é reclamado rapidamente pola Real Academia Galega e o día 31 do mesmo mes os seus restos chegan á Coruña. O dous de abril é soterrado nesa cidade no medio dun multitudinario recoñecemento dos asistentes ao seu sepelio no cemiterio de San Amaro, onde se reuniron ao redor de 40 000 persoas. Morría un dos máis excelsos poetas de Galicia, pero ficaban na memoria das xentes os seus versos xa para sempre inmorredoiros. Unha das últimas fotos de Curros, na Habana Nese calamitoso estado aínda vai tirar forzas de fraqueza para, unido ao litógrafo ferrolán José Fontenla Leal, crear en 1905 a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, que presidirá. Asistentes ao enterro de Curros, pola Rúa Rego da Auga da Coruña

  9. Obra

  10. Aínda que Curros tamén escribiu unha interesante obra en castelán que comprendería a lenda en verso El Maestre de Santiago (1874), a novela Paniagua y compañía. Agencia de sangre (1878) e mais o ensaio Eduardo Chao. Estudio biográfico político (1893), sen dúbida pasou á posteridade pola publicación dos seus dous libros galegos: Aires da miña terra (1880) e O divino sainete (1888). Aires da miña terra Os estudosos da obra de Curros Enríquez coinciden en sinalar esta obra como un texto onde predomina a poesía civil. Efectivamente, moitos dos versos deste libro responden a esa convicción íntima que o poeta tiña de que o escritor se debe aos problemas das xentes do seu tempo e que debe intervir nos asuntos públicos co testemuño da súa palabra. Ora ben, non toda a poesía de Aires da miña terra responde exclusivamente a este principio, pois o libro tamén contén algúns outros poemas de carácter costumista e mesmo textos de natureza intimista. Os poemas de xorne cívico ou social, que son a maioría, coinciden en ser moitas veces unha alegación vehemente e fervorosa en favor do progreso e a liberdade, ideas centrais do pensamento do autor. Curros entendía que o progreso debía ser o norte polo que se guiase o ser humano e, en consecuencia, todo o que pexase este avance (os impostos abusivos, a censura de calquera tipo, a superstición popular, o fanatismo relixioso...) tiñan que ser superados nun marco social que para el era o ideal: a república federalista e liberal. • Primeira edición de Paniagua y compañía, publicada en 1878

  11. Critica, así, dende o seu laicismo anticlericalista tanto certa institucionalización eclesiástica opulenta e hipócrita do seu tempo coma a penosa situación do campesiñado aburado polos foros e tributos, tantas veces culpables dunha forzada emigración. Mais, como se dixo, tamén hai nesta obra poemas costumistas, como os tres cos que gañara o Certame Poético de Ourense en 1877 e que, por desexo expreso do autor, figuraron xa dende a súa primeira edición en Aires da miña terra. En efecto, “Unha voda en Einibó”, “O gaiteiro” e “A Virxe do Cristal” son os máximos expoñentes dunha poesía que se alimenta do substrato popular para recrealo. En “Unha voda en Einibó” e mais “O gaiteiro” descríbense un casamento tradicional galego e mais unha figura moi común nas nosas festas e romarías, a do gaiteiro. Pola contra, “A Virxe do Cristal”, o máis elaborado dos tres, relata en verso unha lenda da zona de Celanova que o autor aprendeu de cativo de boca de súa nai, unha fermosa historia tráxica que Curros Enríquez soubo adornar dun patetismo tardorromántico moi suxestivo. Finalmente, algunhas outras poesías exploran no territorio dos sentimentos e a emotividade do escritor e adoitan responder a unha necesidade deste por expresar a mágoa ou grande alegría provocadas por acontecementos da súa propia vida • Reiterpretación fotográfica do poema "Unha voda en Einibó" levada a cabo polo alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Celanova no 2006 Así, en “Ben chegado” celebra o nacemento do seu primeiro fillo, Adelardo; en “¡Ai!”, pola contra, chora a perda con só dous anos de idade do seu segundo fillo, Leopoldo; e en “Na morte da miña nai” realiza unha longa elexía dedicada á súa proxenitora, falecida en 1880. A este grupo de poemas que mergullan na intimidade máis desconsolada do poeta cabería aínda sumar outros, algúns dos cales foron engadíndose en sucesiva sedicións do poemario. Así, poño por caso, os titulados “Tempro deserto”, “Sola” e, sobre todo, “A Rosalía”, a evocadora composición que o celanovés dedicou en 1891 á Cantora do Sar, que fenecera seis anos antes en Padrón.

  12. O divino sainete Dende o seu propio título, O divino sainete resulta ser unha obra moi singular, entre outras cousas porque está concibida como unha parodia manifesta dunha das máis grandes obras da literatura universal de todos os tempos, A divina comedia de Dante Alighieri, obra que imita na súa estrutura e, adaptándoa, tamén na súa métrica. Resumidamente, o “argumento” deste longo poema en verso sería o seguinte: Curros atopa en Madrid, nunha noite neboenta, ao grande poeta do Prerrexurdimento Francisco Añón, que preside a Santa Compaña. Ambos deciden peregrinar a Roma para ver o papa León XIII e gañar o xubileu, facendo a súa viaxe nun tren de sete vagóns que representan outros tantos pecados capitais e nos que van subidos personaxes do seu tempo aos que Curros tiña cousas que afearlles: o bispo e o xuíz que quixeran condenalo pola publicación de Aires da miña terra, relixiosas e relixiosos que nun cumprían cos preceptos da igrexa católica, escritores que se tiñan envexa os uns dos outros etc. Unha vez en Roma, o papa León XIII invita a xantar a Curros e, durante a comida, este recoméndalle que faga unha vida austera e que deixe de lado as moitas riquezas do clero para poñelas ao servizo dos pobres e necesitados. O Papa parece aceptar as críticas, pero Curros e Añón vólvense dubidando, descridos, de que finalmente poña en práctica estas recomendacións. Do tratado dedúcese claramente que a obra contén catro tipos diferentes de sátira: anticlerical (ataca os mandatarios eclesiásticos por non rexerse segundo os principios de humildade que proclaman), literaria (o autor laméntase do maltrato que os escritores sofren sendo esquecidos pola sociedade), de costumes (pois apunta o nefando de moitos vicios humanos) e social (insistindo principalmente na mala situación que atravesaban os labregos do seu tempo por culpa dos abusos de clase). • Cuberta orixinal da primeira edición do poemario O divino sainete (1888)

  13. Comentario de textos

  14. Curros e os seus ►Como moitos outros poetas, Curros foi sensible á súa circunstancia vital e familiar e deixou reflexo da mesma na súa poesía. Dos seus escribiu en diferentes composicións que a seguir se reproducen propoñéndoche que reflexiones sobre delas a través dunha serie de cuestións. Velaí o titulado “Na morte de miña nai”: Doce malenconía, miña Musa do meu esprito noiva feiticeira ¡déixame que hoxe no teu colo dorma sono de pedra! Nunca, reiciña, nunca com’ agora falla fixéronme os teus bicos mornos: choveu por min chuvia de sangue e traio frío nos ósos. Quéntame ti, que tiritando veño, ti, que do peito curas as feridas, ¡amiga xenerosa dos que sofren, malenconía! Tope miña alma, á sombra dos ciprestes que os tristes ermos das túas illas cobren, o esquecemento que en ningures hacho prós meus doores. Fai que ó rumor dos teus regueiros, brando, se adormezan meus tristes pensamentos. ¡Son un orfo!... Agarímame ó teu colo... Xa outro non teño. ¡Xa autro non teño en que pousa-la frente, polas agurras do pesar sulcada; xa outro non teño que a amargura enxugue das miñas bágoas! Nai, ¡adorada nai! mártir escura, branca pombiña arruladora e tenra, ¡ai! Si souperas cómo me deixabas non te morreras. Dende que te perdín, a terra, o ceo, todo é pra min da mesma cor da morte. O sol non me alumea, nin os campos para min tén frores. Cal sobre os condenados a pauliña, caíu sobre miña alma eterno loito; todo me amarga, hastra o aire que respiro; dáname todo. Do corazón fuxiume esa alegría que é nas frores aroma e vos nos paxaros, i andan por dentro do meu peito os corvos arrevoando. ¡Como recordo aquelas noites craras en que ó fulgor da prateada lúa me arrulaba o sono, dos teus cantos coa doce música! ¡Como recordo aquelas tardes tristes en que os tronos sintindo, rezabamos por que Dios leve ós probes mariñeiros a porto a salvo: Polos necesitados caminantes polos vellos sin pan e sin abrigo, polos nenos sin pai..., abandonados... com’ os teus fillos! ¡Ai! Eu tamén rezar quixera agora por ti, de tanto amor en xusto pago; mais dende que te fuches, miña rula, ¡teño un cansancio!... Malenconía, Musa dos doentes, do meu esprito noiva feiticeira ¡déixame que hoxe no teu colo dorma sono de pedra!

  15. Comentario Le o texto con atención, procura no dicionario as palabras que non comprendas e logo tenta responder as seguintes cuestións: 1. ¿Que visión cres que dá Curros de súa nai, positiva ou negativa? Razoa a túa resposta servíndote dos versos do poema. 2. ¿Pensas que contrasta a actitude de Curros ante súa nai respecto do trato que tiña con seu pai? ¿Por que? ¿Dedúcese algo disto nos versos da composición? ►O que segue é un poema de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) que se refire ao seu paisano Curros Enríquez. Títulase “Curros, neno” e pertence ao seu libro O soño sulagado (1955): O vento era segrel na Pedramoa e na Coutada envolta en rechouchíos ían mociñas ledas con pandeiros nun remexer de risas e donaires. En Celanova había un neno triste con cárceres durmindo longas noites i amargos sons de bronces nos abrentes de torres sulagadas baixo a néboa. Era un neniño nado para lóstrego, doído de soidá, lévedas mágoas dun derradeiro amor que nin xiquera fora casulo ou ar de volvoreta. • Celso Emilio Ferrreiro En Celanova había un neno triste cun fondo río de orfandá no peito. Dime, señor, ¿qué voces temerosas se pousaron no teito dos seus soños, cativo Prometeo sin consolo decote a pedra de volcán atado? ¿Qué escuridá sin nome, abutre cego, mordeu a súa alma, pomba sin fel voando sobre a lama en busca de quentura e de surrisas? Pono, señor, a túa man dereita, pois era un neno triste e non xugaba, nin tiña outra ledicia que o balbordo dunhas campás ao alborexar o día.

  16. Comentario Le o texto con atención, procura no dicionario as palabras que non comprendas e logo tenta responder as seguintes cuestións: 1. ¿Como cres que é visto neste poema o pai de Curros Enríquez? 2. ¿Pensas que é comprensible a mala relación que tivo o poeta con sei pai? 3. ¿Coidas que está xustificada a fuxida da súa casa, sendo rapaz, de Curros Enríquez? ►Este poema, titulado “¡Ai!”, foi escrito con motivo do pasamento do segundo fillo de Curros Enríquez, Leopoldo, que morrera con só dous anos en 1879: ¿Como foi?... –Eu topábame fóra cando as negras vixigas lle deron polo aramio súa nai avisoume i eu vinme correndo. ¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos revolveu cara a min os seus ollos. Non me viu... e chorou... ¡ai! xa os tiña ceguiños de todo. Non me acordo que tempo me estiven sobre o berce de dor debruzado; sólo sei que me erguín co meu neno sin vida nos brazos... Bolboreta de aliñas douradas que te pousas no berce baleiro pois por el me perguntas, xa sabes que foi do meu neno. Comentario Le o texto con atención, procura no dicionario as palabras que non comprendas e logo tenta responder as seguintes cuestións: 1. ¿De que cres que puido morrerlle este fillo a Curros? ¿Como soubo Curros da súa morte e, a partir do que sabes da súa biografía, onde cres que estaba o poeta cando soubo da noticia? 2. Esta composición, igual que a titulada “Na morte de miña nai”, son elexías. Procura no dicionario o significado deste termo e xustifica se se axusta ou non ao descrito en ambos poemas.

  17. Poesía de denuncia anticlerical Como xa se explicou ao tratar a vida e obra de Curros Enríquez, en moitas das súas composicións aparece unha crítica manifesta á igrexa católica como institución do seu tempo. A seguir reprodúcense uns fragmentos dun dos poemas de Aires da miña terra polos que o escritor foi denunciado polo bispo de Ourense e logo xulgado. O seu título é “Mirando ao chau”: Dios non atopando cousa en que entreterse, farto de estar solo cavilando sempre en forxar cadeas, traballos e pestes; a razón buscando i a causa en que pende que tan poucas almas polas portas lle entren, do seu paradiso deixando os verxeles, saleu de a paseo certa mañá quente do reuma e da gota por esparexerse. Como é xa velliño i o coitado vese tocante á saúde moi pouco valente, cansouse ós dous pasos; mais com’alí a rentes topase asento, sentouse i alegre por cima das nubes asomando a frente i a terra buscando cos ollos celestes, -¡Caráspeta! dixo falando entre dente: Si dou co ese mundo que o demo me leve. Debeu de atopalo, se o conto non mente, porque el de alí a pouco quedou com’ a neve, cos ollos cravados que espantan e feren, nun vulto que iñoro s’ é de home ou de verme. Mirouno dispacio e viu que era un ventre coas sedas vestido máis ricas de Oriente. Nun solio sentado que envidian os reises i en capa revolto de tépedas peles, ceibando saudabres arrotos de enchente, da terra, súa escrava, recolle os presentes; e si hai algún louco que, pobre ou rebelde, diñeiro non teña i a darllo se negue, o ventre que, mudo, falar sabe ás veces, con sólo que diga: “¡Pauliña no herexe!” • Cristo de Salvador Dalí

  18. O herexe é borrado da lista da xente. Mirando este monstro, Dios dixo entre dentes: -¡Bah, bah!... Si “tu est Petrus” que o demo me leve. (...) Con noxo deixando tantas cativeces, inda noutras cousas parou Dio-las mentes. Viu malos gobernos que falsos i aleves co xugo dos pobos engordan e crecen; cregos que, feroces como cans doentes, cun fusil ó lombo predican ós fieles; ricos que, roubando, as gavetas enchen; médecos das quintas, que dan por encrenques (mediante catro onzas cando non sete) mociños, que ó cabo tocan o pendengue a seus pais perdendo co aforro que perde; home esfameados emporras mulleres, espigados nenos que non saben lere, i en fin, cantas cousas que non deben verse, que Dios arripiado, i as cruces facéndose, coñecida a causa de que o inferno medre, meteuse na groria decindo entre dentes: Si eu fixen tal mundo que o demo me leve. Comentario Le o texto con atención, procura no dicionario as palabras que non comprendas e logo tenta responder as seguintes cuestións: 1. ¿A que personaxe cres que ataca Curros na primeira parte deste poema? ¿Por que o critica? 2. ¿Na segunda parte do poema sinálanse unha serie de lacras sociais do tempo de Curros? ¿Poderías enumeralas? 3. ¿Como cres que é tratada a figura de Deus neste poema? ¿Paréceche irreverente ou, pola contra, moi “humana”? Razoa a túa resposta.

  19. O tardorromantismo: o poema “Cántiga” O seguinte poema foi composto por Curros Enríquez o cinco de xuño de 1869, cando aínda non cumprira dezaoito anos. É o seu primeiro poema importante en lingua galega e pertence a unha etapa na que aínda estaba moi influenciado polas correntes Posrománticas que se vivían no estado español naquel momento. No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sin trégolas os desdés dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: “Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben.” Os seus ecos de malencolía camiñaban nas alas do vento, i o lamento repetía: “Vou morrer e non vén o meu ben”. Lonxe dela de pé sobre a popa dun aleve negreiro vapor, emigrado, camiño de América vai probe, infelís amador. I ó mirar as xentís anduriñas cara á terra que deixa cruzar: “¡Quen pudera dar volta, pensaba, quen pudera convosco voar!...” Mais as aves i o buque fuxían sin ouír seus amargos lamentos; sólo os ventos repetían: “¡Quen pudera convosco voar!” Noites craras, de aromas e lúa, desde entón ¡que tristeza en vós hai prós que viron chorar unha nena, prós que viron un barco marchar!... Dun amor celestial, verdadeiro, quedou sólo, de bágoas a proba, unha cova nun outeiro i on cadavre no fondo do mar. Comentario Le o texto con atención, procura no dicionario as palabras que non comprendas e logo tenta responder as seguintes cuestións: 1. O inicio deste poema, cunha rapaza anguriada porque coida que non volverá ver o seu amado, lembra un famoso xénero de poesía medieval galego-portuguesa, ¿lembras cal? 2. Un dos temas centrais das cancións románticas alemás era o afastamento dos namorados por mor de circunstancias naturais ou vivenciais. ¿Cres que se dá ese caso aquí? Razoa a túa resposta. 3. Outro tópico romántico é o do amor como forza da Natureza que permanece malia todo. ¿Cres que se cumpre neste poema? Sinala por que. • Barco de emigrantes que saía do Porto de Vigo

  20. Caderno de actividades

  21. Xogos reunidos

More Related