1 / 1

Martes 13 marzo 2012, 19h30 Conferencia da Dra. Herminia Pernas Oroza

Martes 13 marzo 2012, 19h30 Conferencia da Dra. Herminia Pernas Oroza. Máis aló de visións románticas e feministas: as mulleres como protagonistas da Historia.

chaz
Download Presentation

Martes 13 marzo 2012, 19h30 Conferencia da Dra. Herminia Pernas Oroza

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Martes 13 marzo 2012, 19h30Conferencia da Dra. Herminia Pernas Oroza Máis aló de visións románticas e feministas: as mulleres como protagonistas da Historia Para contribuír á conmemoración do Día da Muller, martes 13 de marzo Herminia Pernas Oroza, socia e colaboradora do Museo, pronunciará unha conferencia na que tenta unha aproximación que vai máis aló do vitimismo ou da visión romántica, para achegarse a unha historia de mulleres feita só con protagonistas. Ata hai pouco máis de vinte e cinco anos as mulleres non foran consideradas case nunca como axentes importantes nos procesos históricos. Ende ben, actualmente estamos en condicións de afirmar que o desenvolvemento da historia das mulleres durante o último cuarto do século XX incrementou notablemente o coñecemento sobre o seu pasado, permitiu revisar certas concepcións simples sobre os roles femininos e, en definitiva, ten levado as mulleres ao primeiro plano do discurso científico para construír sobre unhas bases sólidas unha historia que ata agora, aínda que incumbira a máis da metade da humanidade, non tiña sido escrita. Fóronse queimando etapas e nos traballos realizados sobre mulleres xa non se fala de “vítimas” esquecidas ou silenciadas pola Historia, senón de protagonistas da mesma.  Herminia Pernas Oroza, doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora de ensino medio, é autora de varios libros, entre eles Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século XIX e o promeiro tercio do XX, que lle valeu o premio Xohana Torres de investigación en 2002. O seu título máis recente é, precisamente, o volume dedicado á Historia contemporánea na colección Historia das mulleres en Galicia, que editan a Xunta de Galicia e Nigra Trea. San Domingos de Bonaval ▪ 15703 Santiago de Compostela  981 583 620  info@museodopobo.com

More Related