html5-img
1 / 7

A fonte de San Xermán de Doade

A fonte de San Xermán de Doade. Iago Piñeiro Fraga Paloma Ferreiro Jorge Julia Rodríguez Rodríguez. Xa hai moitos anos foron segar a Castela uns homes de Amandi e de Doade, Sober (Lugo).

chakra
Download Presentation

A fonte de San Xermán de Doade

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A fonte de San Xermán de Doade Iago Piñeiro Fraga Paloma Ferreiro Jorge Julia Rodríguez Rodríguez

  2. Xa hai moitos anos foron segar a Castela uns homes de Amandi e de Doade, Sober (Lugo)

  3. E un día, collendo auga nunha fonte do Guadarrama, presentóuselles unha muller moi fermosa que lles preguntou de onde eran e, en canto lle contestaron, dixo:—¡Fonte de San Xermán, cano de ouro!

  4. E despois pediulles o favor de levar unha torta á fonte de San Xermán de Doade, que en canto chegasen de volta que fosen á fonte e que dixesen:—¡Fonte de San Xermán, cano de ouro!

  5. E que se lles había de aparecer unha muller para recoller a torta.Cando regresaron para a casa os segadores esqueceron ir á fonte de San Xermán e ós tres días escoitaron unha voz que lles dixo:—¡Ai, o que perdestes! ¡Fonte de San Xermán, fonte de ouro!

  6. Quen falaba era a muller encantada na fonte de San Xermán. Se lle entregaran a torta quedaría libre do encantamento e faríaos ricos.Como non cumpriron, a moza seguiu co seu encanto e os segadores sen cartos nin riquezas.

  7. Esta fonte, hai quen lle di de San Xermunde, nace entre dous seixos e cóntase que tamén houbo nela un mouro moi rico encantado; se houbese quen soubese as palabras para desencantalo, faríase rico. Pero como non houbo quen o desencantase, o mouro morreu.

More Related