1 / 1

Mércores 6 marzo 2013, 19h00 Conferencia de MERCEDES ROZAS

Mércores 6 marzo 2013, 19h00 Conferencia de MERCEDES ROZAS. A muller e a arte da resistencia.

audi
Download Presentation

Mércores 6 marzo 2013, 19h00 Conferencia de MERCEDES ROZAS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Mércores 6 marzo 2013, 19h00Conferencia de MERCEDES ROZAS A muller e a arte da resistencia Para contribuír á conmemoración do Día da Muller, o Museo do Pobo Galego vén organizando desde o ano 2011 unha conferencia a cargo dunha profesional das ciencias sociais. Nesta ocasión, mércores 6 de marzo, ás 19 horas, será a patroa Mercedes Rozas Caeiro quen pronunciará a conferencia. Durante séculos muller e arte consideráronse categorías excluíntes. Aínda que os motivos de exclusión foron cambiando ao longo do tempo, moitos dos parámetros mantivéronse inamovibles, apostados en arcaicos e dominantes signos de tradición patriarcal, así como en visións intencionadas que asociaron feminidade, sensibilidade ou delicadeza con debilidade, e que son as mesmas que, en cambio, afiliaron sen rubor sempre a xenialidade só a artistas varóns. No mundo da arte, como en calquera outro ámbito, a muller nunca o tivo doado. Grazas á historiografía moderna hoxe sabemos de creadoras que no seu día nin sequera puideron asinar as súas obras, mantendo con empeño, nun contexto social e familiar adverso, unha arte da resistencia. Mentres coñecemos a súa traxectoria profesional e persoal, as súas creacións recuperan por dereito propio o seu lugar na historia da arte. Lolita Díaz Baliño Mercedes Rozas Caeiro é licenciada en Xeografía e Historia pola USC, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea. Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Desde os anos ointenta desempeña o seu traballo entre o ámbito do comisariado expositivo e a crítica de arte, colaborando con distintas institucións e en diferentes medios de comunicación e revistas especializadas. Actualmente é crítica de arte do xornal La Voz de Galicia. San Domingos de Bonaval ▪ 15703 Santiago de Compostela  981 583 620  info@museodopobo.com

More Related