1 / 32

EFICIENCIA ENERXÉTICA NA EDIFICACIÓN Emérito Freire Sambade Inega

EFICIENCIA ENERXÉTICA NA EDIFICACIÓN Emérito Freire Sambade Inega. Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013. 1. ANTECEDENTES.

Download Presentation

EFICIENCIA ENERXÉTICA NA EDIFICACIÓN Emérito Freire Sambade Inega

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. EFICIENCIA ENERXÉTICA NA EDIFICACIÓNEmérito Freire SambadeInega Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

  2. 1. ANTECEDENTES • A enerxía é un ben necesario e de enorme importancia para o desenvolvemento económico e social dos pobos. A maior parte das actividades humanas están ligadas ao uso da enerxía. • O noso modelo social está baseado nunha utilización intensiva da enerxía. Moitas veces non reflexionamos sobre os custos enerxéticos, ambientais, nin sobre o esgotamento das fontes enerxéticas. • Os seus usos, tanto globais como locais teñen incidencias ambientais de gran significado. • O actual concepto de DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, no primeiro mundo, perfilouse vencellado ás inquedanzas ambientais motivadas polos efectos dun desenvolvemento industrial e comercial incontrolado. • A enerxía incide na calidade de vida e na competitividade das industrias. • Dos 7.000 millóns de persoas que habitamos a Terra: • 2.000 millóns non acceden á electricidade. • 1.200 millóns non dispoñen de auga potable. • 1.000 millóns utilizan as ¾ partes da enerxía que se consume no mundo.

  3. 2. COBERTURA DA DEMANDA MUNDIAL DE ENERXÍA • O 92% das fontes enerxéticas son NON renovables => TENDENCIA ESCASEZ PROGRESIVA. • Concentración xeográfica en zoas moi conflitivas (Golfo Pérsico, ex repúblicas soviéticas,..) • Consumo de combustibles fósiles fonte de contaminación. • No período 2006-2011 o consumo mundial de enerxía incrementouse nun 11,1%. *Mtep: Enerxía equivalente á producida na combustión dun millón de toneladas de petróleo cun poder calorífico de 10.000kcal/kg. Fonte: BP Statistical Review of World Energy

  4. 2.1 DISTRIBUCIÓN DA DEMANDA MUNDIAL DE ENERXÍA (2011) Fonte: BP Statistical Review of World Energy *Mtep: Enerxía equivalente á producida na combustión dun millón de toneladas de petróleo cun poder calorífico de 10.000kcal/kg. - Salientar o forte peso do consumo da UE-27 (13,8%) a nivel mundial, soamente superado por Estados Unidos e China.

  5. 3. A DEPENDENCIA ENERXÉTICA NA EU-27 No 2010 a UE-27 cubre con produción interna o 47,2% do consumo de enerxía primaria. Zona de elevado consumo enerxético e forte dependencia do exterior. UNIDAD :Mtep Fonte: La Energía en España 2011 5

  6. 4. DEPENDENCIA ENERXÉTICA DE ESPAÑA • España presenta unha forte dependencia enerxética do exterior. • Importa mais das ¾ partes da enerxía primaria que consume e o petróleo representa a metade da demanda enerxética. UNIDAD: ktep Fonte: La Energía en España 2011

  7. 5. CONSUMO EN ESPAÑA DE ENERXÍA FINAL *ktep: Enerxía equivalente á producida na combustión de 1000 toneladas de petróleo cun poder calorífico de 10.000kcal/kg. Fonte: La Energía en España 2011

  8. 5.1. EVOLUCION DO CONSUMO DE ENERXÍA FINAL EN ESPAÑA (ktep) Durante o período 1990-2007 a demanda de enerxía final incrementouse nun 70,0%, e comezou a diminuír no ano 2008 como consecuencia da ralentización da economía e as políticas de aforro.

  9. 5.2. EVOLUCIÓN DO CONSUMO DE ENERXÍA ELÉCTRICA ESPAÑA Durante o período 1990-2008 a demanda de enerxía eléctrica incrementouse nun 113,6%, .

  10. 5.3. CONSUMO DE ENERXIA FINAL POR SECTORES ESPAÑA (2010) Fonte: La Energía en España 2011

  11. 5.4. EVOLUCIÓN PREZOS DA ENERXÍA EN ESPAÑA

  12. España ten unha forte dependencia enerxética do exterior: • Importa máis do 75% da enerxía primaria que consume. • O petróleo supón máis do 50% das importacións. España en 2012 acadou un déficit comercial de máis de 30.000 M€ Si se avalía independentemente a balanza de produción enerxética, o déficit é negativo nuns 40.000 M€ (importacións de petróleo, gas e carbón) Desagregada a balanza comercial por sectores dedúcese que a enerxía é o sector que máis contribúe ao déficit comercial e que si se excluíse do seu análise tería un lixeiro superavit comercial Necesidade de reducir as emisións de CO2. A finais de 2009 superaban nun 15% o obxectivo fixado pola UE para 2012. 6. COMENTARIOS AO ESCENARIO ENERXÉTICO ACTUAL A UE ten unha dependencia enerxética do 50%, senón se toman medidas, no 2030 chegará ao 70% Aforro enerxético DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE SOLUCIÓNS Enerxías renovables Diversificar as fontes de enerxía

  13. Directiva 2006/32/CE sobre eficiencia do uso final da enerxía: • Fixou un obxectivo mínimo orientativo de aforro enerxético do 9% en 2016. • Estableceu a obrigatoriedade de que os Estados Membros teñan que presentar á Comisión un Plan de Acción coas actuacións a desenvolver para acadar os obxectivos. • Directiva 2009/28/CE (coñecida como 20/20/20): • Reducir as emisións de GEI nun 20% • Mellorar un 20% a eficiencia enerxética • Acadar o 20% do consumo de ER (incrementando da taxa de biocombustibles ata o 10%) no ano 2020 • Directiva 2010/31/CE: • Edificios de consumo de enerxía case nulo, a partir de 2020 (2018 para edificios públicos . 8. NORMATIVA DE REFERENCIA A NIVEL DA UE • Directiva 2002/91/CE: • Obriga a regular un procedemento para o cálculo da eficiencia enerxética, tanto en edificios novos como existentes • Regula a obriga de inspeccións periódicas a instalacións térmicas por eficiencia enerxética, non por seguridade • Directiva 2012/27/UE: • Relativa á eficiencia enerxética

  14. Plan de Enerxías Renovables 2011-2020 (PER 2011-2020): • Reducir as emisións de GEI nun 20% • Propón acadar con renovables o 20,8% en enerxía final no ano 2020, sobrepasando o obxectivo da Directiva • Lei 2/2011 de Economía Sostible: • Traspón á lexislación española, entre outros os obxectivos das Directivas 2009/28/CE e 2006/32/CE 8. NORMATIVA DE REFERENCIA A NIVEL DO ESTADO • Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética 2011-2020: • Que traspón á lexislación española, entre outros os obxectivos da Directiva 2006/32/CE • Real Decreto 314/2006 (aproba o Código Técnico da Edificación): • Traspón parcialmente á lexislación española os obxectivos da Directiva 2002/91/CE • Incorpora un documento HE con requisitos mínimos de eficiencia enerxética • Real Decreto 235/2013(DERROGA O RD 47/2007) • Aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios • Real Decreto 238/2013: • Modifica artigos e Instrucións Técnicas do RITE

  15. Decreto 42/2009: • Pendente de adaptación á normativa do RD 235/2013 • Regula a CEE de nova construción en Galicia • Crea o rexistro de certificados de eficiencia enerxética • Establece a obriga de rexistrar tanto o proxecto como o edificio terminado • Nomea á CEI como órgano competente para a CEE • Obriga a que en Galicia todos os edificios novos da Administración teñen que ter como mínimo clase C • Regula vía Orde a posibilidade de control externo (que unha ECCE-EE comprobe os certificados) obrigatorio 9. NORMATIVA DE REFERENCIA A NIVEL GALICIA • Orde do 3 de setembro de 2009: • Desenvolve o procedemento, a organización e o funcionamento do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios en Galicia Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se aproba o modelo de solicitude para a inscrición dos certificados de EE dos edificios existentes no Rexistro de Certificados de EE de Edificios de Galicia

  16. 10. AFORRO ENERXÉTICO • Dentro das políticas enerxéticas deseñadas polos países industrializados, particularmente naqueles como o noso que non dispoñen de recursos enerxéticos abundantes, o uso racional da enerxía pasa a ser un dos obxectivos prioritarios. • O aforro enerxético responde no só a un motivo de escaseza de recursos, senón tamén a necesidade de preservar o medio natural. • Vimos dunha época de prezos da enerxía relativamente baixos que non estimularon políticas de aforro e eficiencia enerxética. • Porén, na actualidade a enerxía incrementou notablemente o seu custe. • Os cidadáns deben dispoñer da información que lles permita racionalizar as súas actuacións. • Calquera medida dirixida a mellorar a eficiencia enerxética e a reducir o consumo influirá positivamente na rateo “consumo de enerxía/PIB” e contribuirá ao desenvolvemento sostible e á mellora da competitividade.

  17. 5.4. GALICIA (2011)

  18. 11. SECTOR EDIFICACIÓN • Na UE os edificios son responsables do 40% do consumo de enerxía e do 36% das emisións de CO2. • En España o sector residencial representa o 18% do consumo total • Son consumos pequenos, pero cun peso específico importante no global do país. • Produtos enerxéticos baratos => mínimos esforzos por optimizar consumos. • No sector doméstico non se realizaron plans de aforro efectivos, polo que a CEE é unha oportunidade que non se debe deixar pasar. • As actuacións en aforro enerxético presentan as seguintes dificultades: • Longa vida de edificios e instalacións • Elevado número e dispersión dos centros de consumo • As actuacións máis efectivas son as que se levan a cabo en fase de proxecto => Unha mala elección condiciona os consumos enerxéticos e o confort dos seus ocupantes, ademais de afectar ás economías domésticas • Finalizado o edificio e unha vez ocupado as decisións de carácter comunitario son difíciles de tomar.

  19. AFORRO ENERXÉTICO NA EDIFICACIÓN • Os técnicos teñen un papel preponderante (profesional e informador): • Edificios confortables • Edificios enerxeticamente eficientes: • Cerramentos e cubertas: • Análise do ciclo de vida • Prestar especial atención ao illamento • Orientación: en Galicia, abertos cara ao Sur e pechados ao Norte • Fiestras con rotura de ponte térmico e transmitancias reducidas • Elementos pasivos: • Efecto galería • Muros parietodinámicos • Sombras • Elementos vexetais e correntes de auga que axudan a regular a temperatura • Ascensores: • Equipamento con máquinas de tracción directa • Motor controlado por variador de frecuencia • Iluminación eficiente con apagado por detector presenza • Xestión de tráfico, ....

  20. AFORRO ENERXÉTICO NA EDIFICACIÓN • Na fase de definición e deseño dos edificios cómpre incidir na XESTIÓN INTEGRAL DE PROXECTOS: • Xustificar a elección da mellor alternativa para calefacción e AQS: • usos, • ubicación xeográfica • infraestruturas enerxéticas dispoñibles • Dispoñibilidade económica • Integración da solar nos edificios • Actividade multidisciplinar: proxectos técnicos e a súa execución deben ser realizados por especialistas • Calidade do equipamento (fiables e tecnoloxías maduras) • Control de execución instalacións • REGULACIÓN • MANTEMENTO

  21. AFORRO ENERXÉTICO NA EDIFICACIÓN • Substituír os sistemas enerxéticos tradicionais por tecnoloxías eficientes: • Iluminación: • Dispositivos de control (detectores presenza, fotocélulas, temporizadores, ...) • Lámpadas eficientes (fluorescentes de última xeneración con balastos electrónicos, LED, baixo consumo,....) • Cores de paredes • Luminarias que orienten ben a luz • Climatización e AQS: • Utilización de combustibles competitivos e respectuosos co medio natural (biomasa, gas, ....) • Sistemas de xeración de alto rendemento (caldeiras de condensación, solar térmica, bombas de calor con elevado COP, ...) • Dispositivos de regulación e control cunha programación racional de temperaturas • Mantemento • Equipamento: • Equipos ofimáticos Energy Star • Etiquetaxe enerxético de electrodomésticos

  22. AFORRO ENERXÉTICO NA EDIFICACIÓN • No sector residencial, os cambios normativos esixen unha maior eficiencia enerxética (Directiva 2002/91/CE e Directiva 2010/31/UE relativa á eficiencia enerxética dos edificios), que favorecerán, non sen complicacións, que tanto usuarios como promotores demanden e valoren cada vez máis edificios eficientes. • Edificio de consumo de energía casi nulo: edificio con un nivel de eficiencia energética muy alto, […]. La cantidad casi nula o muy baja de energíarequerida debería estar cubierta, en muy amplia medida,por energía procedente de fuentes renovables, incluida energía procedente de fuentes renovables producida in situ o en el entorno.

  23. SISTEMAS ENERXÉTICOS AVANZADOS: • Districtheating: • Caldeiras de biomasa operando próximo ao seu rendemento nominal • Distribución de AQS por redes colectivas illadas • Micro-coxeración: • Produción simultánea de calor e electricidade • Asociada a autoconsumo e nun futuro ao “balance neto” • Fotovoltaica: • Asociada a autoconsumo e nun futuro ao balance neto • Pre-instalación para recarga de vehículos eléctricos: • Asociada a autoconsumo e nun futuro ao balance neto • Sistema de recollida de pluviais: • Para a súa utilización en inodoros

  24. AXUDAS A ENERXÍAS RENOVABLES NA EDIFICACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA E MIXTAS* NON ILLADAS: 300.000 € • Destinatarios: Particulares; empresas e profesionais autónomos, ESEs; fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica. • Potencia máxima da instalación: 50 kW • Contía máxima da axuda: 65%(particulares e pequena empresa),55%(empresa mediana) ou 45%(gran empresa) do investimento subvencionable cos seguintes límites máximos de axuda: • Enerxía solar fotovoltaica: 600 euros/kWp • Instalacións mixtas: 1.000 euros/kW (para a parte da instalación non fotovoltaica) • Máxima axudapor proxecto: 20.000 euros • Non se subvencionan instalaciónsobrigadas polo CTE *eólica e/ouminihidráulica

  25. AXUDAS A ENERXÍAS RENOVABLES NA EDIFICACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA E MIXTAS* ILLADAS: 100.000 € • Destinatarios: Particulares; empresas e profesionais autónomos, ESEs; fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica. • Potencia máxima da instalación: 25 kW • Contía máxima da axuda: 65%(particulares e pequena empresa),55%(empresa mediana) ou 45%(gran empresa) do investimento subvencionable cos seguintes límites máximos de axuda: • Enerxía solar fotovoltaica: 1.500 euros/kWp • Instalacións mixtas: 1.500 euros/kW (para a parte da instalación non fotovoltaica) • Máxima axuda por proxecto: 20.000 euros *eólica e/ou minihidráulica

  26. AXUDAS A ENERXÍAS RENOVABLES NA EDIFICACIÓN SOLAR TÉRMICA: 300.000 € • Destinatarios: Particulares; empresas e profesionaisautónomos, ESEs; fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ouxurídicassenpersonalidadexurídica. • Aplicacións: AQS, AQS + calefacción, climatización piscinas cubertas, refrixeración solar … • Non se subvencionan instalaciónsobrigadas polo CTE. • Contía máxima da axuda: 65% (particulares e pequena empresa), 55% (empresa mediana) ou45% (gran empresa) do investimento subvencionable cosseguintes límites máximos de axuda: • Instalacións con paneis planos: 450 euros/kW • Instalacións con tubos de baleiro: 300 euros/m2 • Máxima axuda por proxecto: 60.000 euros

  27. AXUDAS A ENERXÍAS RENOVABLES NA EDIFICACIÓN CALDEIRAS DE BIOMASA: 1.400.000 € • Destinatarios: os mesmos que os das axudas anteriores. • Contía máxima da axuda: 65% (particulares, pequena empresa), 55% (empresa mediana) ou45% (gran empresa) do investimento subvencionable, cosseguinteslímites máximos de axuda: • Máxima axudapor proxecto:

  28. Caldeiras de biomasa Exemplo de instalación tipo en vivenda unifamiliar

  29. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA Exemplo de instalación en vivenda unifamiliar • Ratio de investimento: 1.500 - 2.500 €/kWp • Ratio de produción estimada en Galicia: 1.100 – 1.300 kWh/kWp ano • Interesar más autoconsumila que a súa venda • En xeral, a potencia da instalación está ligada cos consumos eléctricos da vivenda. • Actualmente, namaioría das instalacións, o dimensionamentovai asociado á potencia punta demandada. • En función das necesidades enerxéticas e das características da instalación, varía moito o período de retorno do investimento. • Estase á espera de nova normativa (por exemplo, balance neto) que favoreza a rendibilidadedeste tipo de instalacións.

  30. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA Exemplo de instalación en vivenda unifamiliar: xeración AQS

  31. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA Exemplo de instalación en vivenda unifamiliar: xeración AQS e apoio á calefacción por chan radiante

  32. CONCLUSIÓNS • A mellora da eficiencia enerxética dos edificios é unha forma efectiva de loitar contra o cambio climático e de equilibrar a nosa balanza comercial, ao tempo que favorece a creación de oportunidades de emprego, especialmente no sector da construción A ENERXÍA MÁIS BARATA E LIMPA É A QUE NON SE CONSUME

More Related