1 / 20

MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO 2007

MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO 2007. MARZO 2007. ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE.

aelan
Download Presentation

MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO 2007

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO 2007 MARZO 2007

  2. ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE Como expoñeremos nesta presentación, o ano 2007 supuxo o asentamento definitivo da rede de transportes integrada polos distintos operadores do transporte urbano (Tralusa, Hnos. Ferrín, Transportes Mosquera e Aucasa). Esta afirmación baseámola nos 7.721.901 viaxeiros transportados que supuxeron un incremento de 144.480 usuarios máis con respecto ao ano 2006, o que supón un incremento dun 1,91 % de subida con respecto ao pasado ano.

  3. ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE A configuración actual da rede é a seguinte: TOTAL LIÑAS URBANAS: 16 • Liña 1: polígono do Tambre – hospital Clínico. • Liña 2: Rocha Vella – sstación de autobuses. • Liña 4: Romaño – Vita Alegre – Cancelas. • Liña 5: polígono de Vite – estación de autobuses –prazaRoxa – Conxo – A Rocha. • Liña 6: San Lázaro – Os Tilos. • Liña 7: San Roque – Aríns(TRANSPORTES MOSQUERA) • Liña 8: Belvís – San Lourenzo – Vidán. • Liña 9: Viso – Fontiñas – rúa da Rosa. • Liña 11: circular Fontiñas. • Liña 12: Os Tilos – hospitais.

  4. ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE • Liña 13: tanatorio Boisaca – polígono do Tambre – Guadalupe – Casas Novas. • Liña 15: campus norte (Vite) – praza de Galicia – campus sur. • Liña C2: estación de autobuses – Fontiñas – hospitais – Vite. • Liña C4: estación de autobuses – Vite – hospitais – Fontiñas. • Liña C5: polígono Costa Vella – Amio – praza de Galicia – Paxonal – Amio – polígono Costa Vella. • Liña C6: polígono Costa Vella – Amio – Paxonal –praza de Galicia – Amio – polígono Costa Vella.

  5. ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE LIÑAS URBANO - PERIFÉRICAS • ESTACIÓN DE AUTOBUSES – FIGUEIRAS. • ESTACIÓN DE AUTOBUSES – ORTOÑO. • RÚA DA SENRA – SON. • PEREGRINA – GRIXOA – PORTA DO CAMIÑO (AUCASA). • SAN ROQUE – SANTA LUCÍA – A PAJUELA. • SAN ROQUE – VILLESTRO (HNOS. FERRÍN). • PRAZA DE GALICIA – SIONLLA. • HÓRREO – BANDO – VILAMAIOR.

  6. MODIFICACIÓNS DA REDE DE TRANSPORTE REALIZADAS NO ANO 2007 • Ampliación da liña 5 ata a nova urbanización do Avío. • Ampliación de horarios da liña 13. • Ampliación de percorrido polo Pgno. de Costa Vella das liña C5 e C6. • Ampliación dos horarios da liña de Ortoño. • Ampliación de percorrido da liña da Peregrina – Grixoa ata o lugar de Miramontes.

  7. A CHEGADA DO TRANSPORTE COMARCAL Na actualidade contamos coas seguintes liñas de transporte comarcal: • Milladoiro – Santiago. • Brión – Bertamiráns – Santiago. • Cacheiras – Santiago. • Sigüeiro – Santiago.

  8. VIAXEIROS TOTAIS DA REDE POR LIÑA

  9. VIAXEIROS TOTAIS DA REDE POR LIÑA

  10. CONSIDERACIÓNS SOBRE AS LIÑAS DA REDE DE TRANSPORTE URBANO • Cabe destacar os seguintes aspectos: • A liña 1 (polígono do Tambre – hospital Clínico) consolídase como a liña de transporte con máis viaxeiros transportados da rede, cun total de 1.280.882 usuarios, o que supón o 16,59% do total da rede. A seguinte liña con máis viaxeiros transportados é a liña 6 (San Lázaro – Os Tilos) con 1.246.601 usuarios que supoñen o 16,14% da rede. En terceiro lugar neste ranking está a liña 5 (Pgno. de Vite – estación autobuses– praza Roxa – Conxo – A Rocha) con 1.218.158 viaxeiros que é o 15,78% da rede. Estas tres liñas aumentaron con respecto ao pasado ano nun total de 61.498 viaxeiros. • Destacar tamén o aumento en 1.890 viaxeiros da liña 11 que inicia deste xeito unha progresiva recuperación dos viaxeiros perdidos en detrimento das liñas circulares C5 e C6.

  11. CONSIDERACIÓNS SOBRE AS LIÑAS DA REDE DE TRANSPORTE URBANO • Cabe destacar os seguintes aspectos: • As liñas C5 e C6 aumentaron o seu número de viaxeiros en 16.964 como consecuencia das modificacións realizadas no pasado mes de maio que consistiron en dar unha maior cobertura ao Pgno. de Costa Vella. • A liña 13 (tanatorio Boisaca – Pgno. do Tambre – Guadalupe – Casas Novas) aumentou en 22.779 os seus usuarios, como consecuencia do aumento dos servizos. • A liña 15 (campus norte – praza de Galicia – campus sur) segue a consolidarse aumentando en 10.637 os seus usuarios. • Por último destacar dentro das liñas urbano – periféricas o aumento en 9.300 os usuarios da liña de Santa Lucía.

  12. TARIFAS TRANSPORTE URBANO 2008

  13. PERFILES DOS USUARIOS DO TRANSPORTE URBANO • Billete ordinario: destinado a maiores de 18 anos. • Billete escolar: destinado a menores de 18 anos. • Bono ordinario: destinado a maiores de 18 anos. • Bono escolar: destinado a menores de 18 anos. • Todos eles contan con transbordo gratuíto. • Bono mensual: destinado aos usuarios cunha elevada frecuencia de uso do transporte público e que dispoñen ao longo de 30 días de viaxes ilimitadas. • Bono pensionista: destinados aos colectivos de pensionistas e minusválidos.

  14. VIAXEIROS TRANSPORTADOS SEGUNDO O TÍTULO DE VIAXE UTILIZADO

  15. VIAXEIROS TRANSPORTADOS SEGUNDO O TÍTULO DE VIAXE UTILIZADO

  16. CONSIDERACIÓNS SOBRE A UTILIZACIÓN DOS DISTINTOS TÍTULOS DE VIAXE • Cabe destacar os seguintes aspectos: • Baixa a utilización do uso dos billetes ordinario e escolar que pasan dun 35,88% no ano 2006 a un 32,23% en 2007. • Froito das políticas tarifarias aplicadas nos últimos anos, a utilización dos bonos ordinarios e escolares aumentou nun 1,47%. Lembremos que a política de tarifaria dos últimos anos foi de conxelación dos bonos para deste xeito fidelizar aos nosos usuarios. • Destacar por último que os transbordos gratuítos xa empezaron a asentarse na rede de transporte supoñendo xa o 1,21% do total das viaxes realizadas. • Por último, as viaxes gratuítas (bono pensionista) incrementáronse nun 1,12%.

  17. PORCENTAXE DE UTILIZACIÓN DO TRANSPORTE URBANO POR LIÑAS

  18. PORCENTAXE DE UTILIZACIÓN DO TRANSPORTE URBANO POR LIÑAS

  19. ASPECTOS QUE DEBEMOS LEMBRAR Dende a creación de TUSSA sempre se traballou na mellora da información como eixo fundamental para a utilización do transporte público, polo que seguindo esa liña, lembramos os seguintes aspectos: • Tussa conta coa páxina web www.tussa.org na que se informa das distintas posibilidades tanto no que se refire á mobilidade como no que respecta aos horarios das distintas liñas da rede. • Tamén está a disposición dos usuarios o número de teléfono 901 12 00 54 onde se informa a tempo real dos servizos de transporte. • Estamos a traballar na mellora da nosa páxina web para que tamén se poida coñecer a tempo real o paso dos autobuses por cada unha das paradas. • Ao longo desta temporada de inverno xa se repartiron máis de 18.000 folletos informativos, e contamos con 120 marquesiñas con información dos horarios de transporte.

  20. ENDEREZO ELECTRÓNICO • TUSSA lembra que ten a disposición dos usuarios do transporte urbano o seu enderezo electrónico e páxina web nos que recollemos suxestións, queixas e en definitiva todo o que nos sirva para ofrecer un mellor servizo: www.tussa.org tussa@tussa.org

More Related