1 / 22

DocNet : Aplicación informática para a planificación da docencia.

DocNet : Aplicación informática para a planificación da docencia. Perfil: Profesorado ou Coordinador/a de materia. vic.tce@uvigo.es http://webs.uvigo.es/victce. Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea. PERFIL: PROFESORADO OU COORDINADOR/A DE MATERIA.

adah
Download Presentation

DocNet : Aplicación informática para a planificación da docencia.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. DocNet:Aplicación informática para a planificación da docencia. Perfil: Profesorado ou Coordinador/a de materia vic.tce@uvigo.es http://webs.uvigo.es/victce Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea

  2. PERFIL: PROFESORADO OU COORDINADOR/A DE MATERIA Este documento contén unha breve revisión sobre as funcionalidades do perfil Profesorado ou Coordinador/a de materia da aplicación DocNet, para a elaboración e publicación das guías docentes de titulacións adaptadas ao EEES. No “Manual de uso do perfil Profesorado ou Coordinador/a de materiapara o curso 2010/11”, que se atopa na páxina web da Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea (enlace a Guías Docentes e Adaptación) e na propia aplicación, disporá dunha descrición máis detallada sobre o perfil e as súas funcionalidades. Máis información en adaptacioneees@uvigo.es

  3. PERFIL: PROFESORADO OU COORDINADOR/A DE MATERIA Pantalla de acceso a DocNet a través da Secretaría Virtual Dixitamos os datos de acceso

  4. Pantalla principal Nesta pantalla pódese: • Cambiar o tamaño das fontes da interface. • Seleccionar o idioma da interface de traballo. • Cambiar o perfil de usuario da ferramenta. • Seleccionar o ano académico. • Seleccionar a materia na que se quere traballar durante a sesión • Manual de axuda. • Saír do programa.

  5. Pantalla principal Seleccionar a materia na que queremos traballar durante a sesión facendo clic sobre o nome ou no ícone Seleccionar o perfil “Profesorado” • O profesorado, ao acceder a DocNet, verá a listaxe de materias que ten asignadas para o curso académico 2010/11. Destas materias, nalgúns casos: • Será o coordinador/a, e poderá editar a guía docente facendo clic en • Será o profesor/a xunto a outros, e poderá ver a materia facendo clic sobre • A función Importar permítelle ao coordinador utilizar: • O contido da guía docente do curso anterior dunha materia co mesmo código. • O contido de guías docentes do mesmo curso académico das que tamén sexa coordinador/a.

  6. Visualización da guía docente de materia (diversos formatos) Linguas de publicación da guía docente de materia. A aplicación ofrece a posibilidade de cumprimentar e publicar a guía docente en tres linguas. Non obstante, a tradución da información introducida dunha a outra non é automática, polo que para asegurar unha rápida visualización da guía de titulación nun formato unificado, recoméndase indicar o/os idioma/s en que se desexa publicar a devandita guía (nos que se deben completar todas as guías de materia da titulación). Antes de inserir a información, o profesor debe marcar a lingua seleccionada. Se desexa que a vista pública da guía mostre dúas ou máis versións da guía docente, débense marcar as pestanas correspondentes. Apartados da guía docente de materia Premer sobre eles para acceder á información

  7. Paso 1: Competencias de titulación Neste paso móstranse as competencias da titulación. Sería recomendable ler e analizar as competencias para ter unha visión global de aquilo que o alumnado debe ser quen de conseguir unha vez obtida a titulación. Enviar consulta ao responsable de titulación Competencias de titulación traballadas na materia (en negriña despois de completar o Paso 2) Competencias de titulación non traballadas polas competencias de materia (sen destacar)

  8. Paso 2: Competencias de materia • Neste paso: • Defínense/introdúcense as competencias da materia: • - Asígnaselles unha tipoloxía (saber, saber facer, saber estar). • - Relaciónanse coas competencias da titulación. • Pódense consultar consignas e axudas. • No pé da páxina temos un cadro de texto no que podemos inserir as competencias de materia. Débense introducir unha a unha. • Para gardar información, premer Inserir 3. Despois de inserirmos a competencia de materia, faremos clic no ícone Editar para seleccionar tipoloxía e competencia de titulación relacionada.

  9. Paso 2: Competencias de materia 3. Finalmente, gardamos os datos introducidos 1. Seleccionamos a tipoloxía 2. Seleccionamos as competencias, específicas e transversais, de titulación ás que contribúe esta competencia de materia

  10. Paso 2: Competencias de materia Empregando as frechas é posible cambiar a orde das competencias da materia. Aviso: Non se seleccionou a tipoloxía e/ou competencia de titulación relacionada.

  11. Paso 3: Contidos da materia Neste paso defínense os temas e subtemas que conformarán os contidos do programa da materia, ordenados de acordo cunha secuencia determinada. Nos cadros de texto inserimos un por un os temas cos subtemas correspondentes

  12. Paso 4: Planificación docente Neste paso lévase a cabo a distribución das horas de dedicación do alumnado en función das metodoloxías e/ou probas propostas. É preciso detallar as metodoloxías docentes e probas que se van empregar. Para cada actividade débese especificar: Acarga horaria asociada a cada metodoloxía. Se se lle recomenda ao alumnado atención personalizada. Se contribúe directamente á avaliación.

  13. Paso 4: Planificación docente • Seleccionar as metodoloxías/probas no despregable e facer clic sobre “Inserir metodoloxía” ou “Inserir proba”. • Para obter información sobre as diferentes metodoloxías ou probas, premer sobre o enlace Metodoloxías ou Probas. • Ao seleccionar unha metodoloxía/proba, débense marcar as opcións que se presentan (se require atención personalizada, se contribúe á avaliación da materia) e introducir a carga horaria. • Facer clic sobre “Inserir”

  14. Paso 4: Planificación docente Este é un exemplo de como se vería a planificación docente unha vez introducidos os datos

  15. Paso 5: Metodoloxía docente Neste paso móstranse as metodoloxías e probas inseridas no Paso 4. Co obxecto de que o alumnado se faga unha idea máis concreta do tipo de actividades que realizará no proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia: • Faremos clic no ícone Editar. • Redactaremos a descrición das diversas metodoloxías e probas seleccionadas no paso anterior. • Faremos clic en Gardar.

  16. Paso 6: Atención personalizada Neste paso móstrase a lista de metodoloxías e probas seleccionadas na Planificación docentenas que se marcou a atención personalizada. 1. No cadro de texto débense describir, de forma xeral, as razóns polas cales se lle recomenda ao alumno/a atención personalizada e a forma na que se levará a cabo. 2. Para finalizar, premer sobreGardar, se desexamos conservar a información introducida.

  17. Paso 7: Avaliación Neste paso móstranse as metodoloxías e probas que marcamos como avaliables no Paso 4. • Facer clic no ícone Editar. • Débense describir as metodoloxías ou probas, unha a unha, indicando os aspectos que se tomarán como referencia para avaliar o traballo do alumno/a e criterios empregados en cada actividade proposta. • Débese especificar a incidencia ou peso que terá sobre a avaliación global da materia.

  18. Paso 7: Avaliación De se considerar oportuno, no cadro de texto pódense incluír Outras observacións con relación á avaliación: pautas de recuperación, indicacións a ter en conta nos distintos períodos de avaliación, etc.

  19. Paso 8: Bibliografía Neste paso é imprescindible indicar as fontes de información básicas que servirán de apoio ao traballo do alumno/a e dar opcións para especificar fontes complementarias. Introduciremos os datos que se piden e faremos clic en inserir Tamén podemos inserir un comentario xeral

  20. Paso 9: Recomendacións Recomendacións ao alumnado, tomando como referencia outras materias vinculadas coas competencias da materia que esteamos a modificar. Introduciremos as materias que é recomendable ter cursado previamente, as que se recomenda cursar simultaneamente e as que continúan o temario Tamén podemos inserir outros comentarios adicionais

  21. Paso 10: Enviar guía docente • O sistema indica de maneira resumida os pasos con alertas activadas para poder solucionalas. • Unha vez enviada a confirmación, observarase que o semáforo cambia de vermello a amarelo, indicando que a guía foi enviada e que entra en proceso de revisión. • Cando se considere que a guía docente está completa e que rematou o proceso de revisión, pódese poñer o semáforo en verde (estado de finalización). Pódese poñer o semáforo en verde desde o paso 10, premendo sobre a cor verde do semáforo ou desde a páxina de entrada, onde se atopan todas as materias.

More Related